o miolo

o túnel do viño das rías baixas

Vexo no Viticólogo dos Bagos que ademais do gusto polo bo comer e o mellor beber, coincidimos no ollo fotográfico.

IMG_0139

Pasei, xunto con Pepe e a nivel particular, unha mañá deliciosa no Túnel do Viño da DO Rías Baixas, evento organizado co gallo da LIX Festa do Albariño de Cambados.

IMG_0002  IMG_0035

En esencia trátase de dez mesas e, en cada unha delas, arredor de dez botellas de viños da DO Rías Baixas, cada unha coa súa ficha correspondente (adega, produción, elaboración, notas de cata, etc. En total creo lembrar que as cifras finais eran de 64 adegas e 94 viños diferentes. 
A entrada (15€) dá dereito ao teu cataviños en propiedade e a todas as probas para as que o corpo che dea.
Por alí, arredor das mesas, o sábado cando fomos nós catro catadores profesionais que che axudan en todo canto precises.

IMG_0014     IMG_0021     IMG_0062

Todo perfecto. Un proxecto moi loable.
Se hei de poñer un pero á experiencia (eramos varios os presentes que coincidimos) está na rigorosa orde alfabética por adegas; quizá non fose a máis axeitada.
Tal vez por subzonas, ou por xeito de elaboración, ou mesmo utilizando un criterio xeográfico.

IMG_0047 IMG_0063 IMG_0031 IMG_0041

No sei nin canto nin que perfil de público convocou o túnel.
Penso que puidemos ser un feixe os visitantes coma nós, coma Pepe e coma min, simples afeccionados pero cun aquel de inquietude por saber e aprender, dos que aínda temos moito camiño por diante, pero ansiosos por percorrelo.
Aproveitando os medios dos que dispón o túnel, quizá unha opción para nós era a da cata guiada, cun profesional que nos levase da man polas semellanzas e diferenzas.

IMG_0095     IMG_0108

IMG_0100     IMG_0097

O Túnel daba para moitas fotos.
As mellores (para min e vexo que para o Vitólogo dos bagos) estaban na trastenda, alí onde se almacenaban, nunha orde un tanto desleixada, as botellas baleiras.

IMG_0105