o miolo

novo descubrimento no salnés

En Vilanova, nas Sinas, e leva por nome Bar Pomares.

Restaurante Pomares 01

Abstenerse os que buscan luxos, modernismos ou excentricidades varias.
Absolutamente recomendable para unha comida con bo produto de tempada (en especial do mar, pero tamén algunha carne, vemos pasar un cordeiro cunha pinta moi tentadora), cociñada ao xeito tradicional, con moi boa man, en cantidades xenerosas e a prezos acorde cos tempos que corren.

Vilanova-Pomares

A carta é ampla pero mellor fiarse das recomendacións que marca o patrón (cos seus prezos correspondentes: unha ducia de cigaliñas (‘pequenas’, concreta, sobre 400 gr.) por 16 euros.
Selección de viños normal para o local (limitada), pero cun par de apostas seguras.
Tiramos polo albariño da casa; déixase beber con corrección e, sobre todo, acompaña ás mil marabillas o menú que pedimos.

Restaurante Pomares 02     Restaurante Pomares 04

Deixámonos enganar pola ducia de cigalas do xefe; en efecto son pequenas, pero fresquiñas, no seu punto de cocción e sal, saborosísimas.

Restaurante Pomares 06

Como entrada compartimos, tamén, para entreter, unha ración de chocos.
Exquisitos. Non podo dicir outro afago que no momento boto de menos non telos pedido de prato principal. Malia ser unha porción xenérosa, sábennos a pouco.

Restaurante Pomares 08Restaurante Pomares 10

No que si coincidimos os catro é no prato principal, unha deliciosa raia á galega que consegue que nos esquezamos ao instante dos chocos.

Restaurante Pomares 11Restaurante Pomares 13

Boa proposta de sobremesas. Tomamos o flan de café (dous), unha torta de mousse de chocolate e un xelado.

Con auga, cafés e chupitos pagamos 19€ por cabeza.
Moi bo prezo para unha moi boa comida.
Se andades polo Salnés, totalmente recomendable para comer en Vilanova de Arousa.

Café Restaurante Pomares
Avda das Sinas 86
36620 – Vilanova de Arousa
Móbil: 607 321 261
Teléfono: 986 555 536
GPS: 42º34'23.6"N   8º49'43.2"W
Localización en Mapas de Google

comer en porto segundo as guías

Xa pasaron cinco anos desde que fixeramos o primeiro estudo da puntuación que lle dan aos restaurantes de Porto as diferentes guías gastronómicas (Comer en Porto segundo as guías).

guia_repsolguia--michelin-mesamarcadaResultado de imaxes para tripadvisor

Despois de cinco anos os cambios nas referencias son obrigados.
Nesta ocasión teño en conta as puntuacións dunha guía gastronómica de alcance internacional (Michelín), dunha de referencia en España (Repsol) e dunha de difusión en Portugal (Boa cama boa mesa); considero, tamén, as dúas guías de restaurantes en internet con maior difusión en Portugal (NetMenú e Lifecooler); dúas guías turísticas impresas (Guía visual Aguilar DK e Guía de Lonely Planet), a páxina de valoración de restaurantes polos usuarios con maior participación (TripAdvisor); o cada vez máis prestixioso ranquing que realiza anualmente o blog Mesa Marcada dos mellores restaurantes de Portugal); e, xa por fin, a selección de restaurantes que fai a revista impresa TimeOut para a cidade de Porto).

logoplogop logoplogoplogop

En función de variables en cada caso (número de restaurantes que se mencionan, niveis en que se puntúan ou clasifican, cantidade de reseñas por usuarios, etc.), outorgo unha puntuación para cada guía a cada restaurante (por exemplo, para a guía repsol, 8 puntos para os restaurantes que acadan dous soles, 6 para os de un sol e 3 para os mencionados –sendo en total 73 os restaurantes mencionados entre Porto e Norte de Portugal–).

copacubertospost

Os cambios son moi significativos.
Dos 15 restaurantes destacados no Grande Porto en 2011, unicamente se manteñen no cadro de honra catro, e todos eles descendendo de xeito máis ou menos importante.
Así, o Foz Velha pasa do primeiro lugar ao terceiro; o B&B, do segundo ao oitavo posto, que comparte co Portucale –que descende desde o quinto–; o Chanquinhas descende do terceiro ao 11º.
Restaurantes que foron insignia do Porto como o Terra, o Buhle, Shis, Gòshó… dilúense por debaixo do lugar 30.
Unha única e dignísima excepción que confirma a regra: o Cafeína avanza desde o posto 11 a un meritorio sexto lugar.

portugalnorte

Deste xeito, o cadro de honra dos mellores restaurantes de 2015 de Como, logo existo para a cidade de Porto é:

 

2010

Restaurante

Guías

Puntuación

-

The YeatmanThe Yeatman – Vila Nova de Gaia

7

52

-

Pedro Lemos – Porto (Foz)

6

44

Foz Velha – Porto (Foz)

6

39

-

DOP – Porto (Baixa)

6

35

-

O Paparico – Porto (Areosa)

6

34

11º

Cafeína – Porto (Foz)

6

30

-

Palco – Porto (Baixa)

5

28

-

Astória – Porto (Baixa)

5

25

B&B Gourmet – Porto (Boavista)

5

25

Portucale – Porto (Bonfim)

5

25

11º

O Chanquinhas – Leça de Palmeira

5

24

12º

-

Casa Aleixo – Porto (Campanhã)

5

22

13º

-

ToupeirinhoToupeirinho – Matosinhos

4

22

14º

-

Vinum – Vila Nova de Gaia

4

21

15º

-

Casa da Música – Porto (Boavista)

4

20

15º

-

Essência – Porto (Cedofeita)

4

20

15º

-

Oporto – Porto (Foz)

4

20

18º

-

Book – Porto (Baixa)

4

19

18º

-

Casa de Pasto da Palmeira – Porto (Foz)

4

19

18º

-

D’Oliva – Matosinhos

4

19

18º

-

Esplanada Marisqueira Antiga - Matosinhos

4

19

18º

-

Barão de Fladgate – Vila Nova de Gaia

4

19

A continuación asomarían, por orde:
Cometa (Miragaia), Terra (Foz), Rogério do Redondo (Bonfim), Adega de São Nicolau (Ribeira), Clérigos Vinhos e Petiscos (Cedofeita), O Arquinho do Castelo (Leça), A Cozinha do Manel (Bonfim), Mendi (Lordelo), ODE Porto Wine House (Sé), Casa D’Oro (Marginal), O Buraco (Sto Ildefonso), Casa Inês (Campanhã), Casa Agrícola (Massarelos), Frida (Cedofeita), Os Lusíadas (Matosinhos), Casa de Chá da Boa Nova (Leça), Mário Luso (Vila Nova de Gaia), Gôshó (Boavista), Palatium-Pousada do Freixo (Campanhã), Shis (Foz), O Gaveto (Matosinhos), Café Vitória (Vitória), Flor dos Congregados (Bonfim), Casa Branca (Vila Nova de Gaia).