o miolo

máis alá do cocido de la molinera

pepesolLa Molinera – Lalín. 11 de setembro de 2011. Por Pepe Fernández

O domingo pasado fomos Merce e mais eu dar unha volta polas terras do Deza coa intención de probar o menú de degustación dun novo cociñeiro, aínda que nun restaurante xa case clásico como é La Molinera, na rúa Rosalía de Castro en Lalín.

Restaurante La Molinera Lalín 01

Creo que os dous, cociñeiro e restaurante, serán dun tempo, xa que o restaurante hai pouco que celebrou o seu 25 aniversario e Diego, debe andar agora polos 23–24 anos.

La Molinera fundouno seu pai, Alfonso, ao volver da emigración e logo se converteu nun lugar de visita obrigada para degustar o cocido lalinense. Diego, ademais de medrar entre as potas dos seus pais, é de escola. Estudou en Lamas de Abade, logo traballou con Pepe Solla, e mais na terraza do Casino en Madrid, entre outros. Así é que combina uns cocidos espectaculares cuns menús degustación de cociña contemporánea sempre elaborados con produtos de primeira calidade (produtos da horta ecolóxicos como os de La Finca de los Cuervos, carnes do Deza e peixes directamente da lonxa de Marín), isto dicíanolo Diego a nós con certa humildade como quitándolle mérito ao seu traballo.

molinera2     Restaurante La Molinera Lalín 10

Nós desta volta decantámonos polo menú degustación (é preciso encargalo previamente) e saímos máis que satisfeitos.

Despois de departir un bo anaco co proxenitor, que nos serviu unha botella de mencía Ponte da Boga, apareceu Diego, o cociñeiro, que como xa dixen antes, é insultantemente novo e con cara de bo rapaz, para dicirnos que iamos comezar. Pareceu o anuncio dun festival, e non é para menos.

molinera3

O primeiro que el mesmo nos serviu foron unhas ameixas cunha alga que non lembro o nome e cítricos que estaban realmente deliciosas, frescas con sabor a mar potenciado coa alga, para abrir boca.

molinera4

Continuamos cun xurelo con codium e sésamo onde Diego comeza a demostrar que non só chega cun bo produto, senón que se pode mellorar cunha excelente técnica na cocción. Exquisito.

molinera7

Logo veu un prato que.., eu creo que non estivo á altura aínda que o merecía: polbo con pataca e allada en pó con crema de nabiza.

molinera9

Para nós un dos mellores foi o touciño sorpresa, como lle chamou o cociñeiro. Trátase dunha cunca que contiña pan relado, touciño e xema de ovo cocida a baixa temperatura, todo cuberto cunha crema que resultou realmente saboroso.

molinera 10

O prato de peixe consistiu nun anaco de bonito de Burela con brotes de cabaciña e outros vexetais con salsa teriyaki. Outro prato onde combinan á perfección a nosa cociña coa oriental, moi presente nos pratos de Diego.

molinera 11

Como remate presentounos unhas carrilleiras de tenreira de Lalín con mostaza de millo e puré de patacas que eran unha auténtica gozada. Perfectas de cocción, un bocado manteigoso que se desfacía na boca.

molinera 12   molinera 13

Quedaban as sobremesas que non desmereceron o nivel do resto do menú. Primeiro un dixestivo a base de escuma da paixón e frambuesa con cítricos e unha torta de chocolate, amorodo e oporto. Sensacional.

O prezo do menú actualmente é de 40 €, co viño, auga e cafés pagamos 100€.
A pouco que o acompañe a sorte, augúrolle un gran futuro a este novo cociñeiro que seguirá alternando os cocidos tradicionais con esta nova cociña da que xa demostra unha técnica excelente.
Prometemos volver para seguir a evolución, aínda que non sei se sería bo ir catando algún cocido antes.

Restaurante La Molinera
Diego López

Rúa Rosalía de Castro, 15
36500 Lalín
Teléfono: 986 781 172
GPS: 42° 39' 36.34"N  8° 06' 48"W
Localización en Mapas de Google

Entrega 1: Durmir no Porto
Entrega 2: Dormir no Porto. Os hoteis máis cool
Entrega 3: Durmir no Porto. Durmir a prezo razoable

Porto-Panormica-dende-Gaia2_thumb30

Apartamentos turísticos sempre existiron.
No seu concepto clásico eran apartamentos en zona de praia, maltratados, equipados baixo mínimos, decorados cun gusto pésimo… ou mellor dito, sen ningún gusto.

ribeira  camas

Desde hai uns poucos meses proliferan en Porto diferentes ofertas de apartamentos turísticos que esnaquizan moldes.
Segundo unha das principais empresas dedicada a esta actividade (Oporto Tourist Apartments) a idea é sinxela: trátase de engadir espazo, servizos privados, liberdade de movementos, privacidade… á limpieza, confort e decoración dos mellores hoteis. Dalgún xeito, as vantaxes da propia casa…

oportotouristapartaments3  oportotouristapartaments  oportotouristapartaments2

Moitos dos apartamentos están en edificios clásicos rehabilitados con esmero para a súa utilización como hotel-apartamento. Hai oferta na maioría dos barrios quentes da cidade (Ribeira, Cedofeita, Antas, Trindade…). Apartamentos que van desde máis ou menos os 20 metros cadrados ata máis dos douscentos. A maioría esixen unha estancia mínima de dúas noites, pero hai algún que pide como mínimo a semana.
Practicamente todos os apartamentos contan con cociña e todo o equipamento necesario para a estancia (incluído en moitos casos wi-fi, terraza, posibilidade de animais, etc.). Para estancias curtas, a limpeza é antes e despois. No caso dunha semana ou máis, hai un día semanal de limpeza.
Unha das principais diferenzas está entre apartamentos que ofrecen propietarios particulares e os apartamentos de empresas que se dedican especificamente a esta actividade. Estes, normalmente, son moito máis coidados desde o punto de vista estético e dos servizos.
Convén consultar a fondo as características e condicións.

oportotouristapartaments1

Despois do meu modesto estudo, a oferta máis recomendable me parece a de Oporto Tourist Apartments. Conta con tres edificios: O Sao Domingos (Largo de S. Domingos, Nº 86, a praciña onde está o Palacio das Artes, a escasos metros de Ferreira Borges e a Bolsa), o Gustave Eiffel (Av. Gustavo Eiffel 208, na Ribeira, a poucos metros da ponte D. Luis) e o Comércio do Porto (R. do Comércio do Porto 71, detrás do Palacio da Bolsa).

comercio_do_porto  comercio_do_porto2

Os prezos varían segundo as variables típicas: localización, superficie, número de hóspedes, servizos, etc.
Podemos atopar un apartamento de 60m2 (seis persoas: 4+2) en Cordoaria por 370€ a semana (Cordoaria-Apartments / Oporto City Flats) e posibilidade dun so día por arredor de 60€, ou o ático ‘Clérigos’ para cuatro personas (40m2) no S. Domingos por 100€ noite (Clérigos Apartament / Oporto Tourist Apartments)

donamaria3  donamaria1  donamaria8

Cityflats é unha páxina que ofrece reservas na maioría dos apartamentos, nos da propia empresa, nos de OTA e en particulares. Dá moita información, imaxes e prezos para diferentes situacións (tempada, máis ou menos días, etc.).

durmir no porto. durmir a prezo razoable

Entrega 1: Durmir no Porto
Entrega 2: Durmir no Porto. Os hoteis máis cool

Porto Panorámica dende Gaia2

A un prezo teoricamente razoable, en Portugal, están as pensións, albergarías, residenciais e outros modelos que, ou son de confianza, ou hai que andarse con moito tento. A maioría, ben pola calidade ben polo prezo quedan excluídas deste grupo.

0011-porto11

En teoría, os modelos de orixe inglés, tan de moda no Porto (‘guest house’ ou ‘bed&breakfast’) deberían ser de baixo prezo, pero non é así (nos hoteis máis cool, Guest House Douro, 130€ noite). Son locais de deseño, moi coidados, de alto standing, con todo tipo de servizos… e todo iso, claro, hai que pagalo.

guest_house_douro

Por último están os chamados hoteis low cost, cunha filosofía semellante ao billete de avión de baixo custo; perfectos para o que debe ser un hotel (durmir) pero non lle pidas moito máis. En Porto está o Star inn (incluído entre os máis cool), puro deseño, pragmatismo, paradigma da funcionalidade, por 50€ cuarto dobre.

0001-porto1  

Portugal conta cunha selecta e coidada rede de Albergues-Pousada da Juventude. Moitos están en locais históricos e, sexan estes ou os de nova construción, na maioría dos casos os proxectos foron encargados a arquitectos de prestixio en Portugal.
O Albergue de Porto está na Rua Paulo da Gama, 551 (Lordelo do Ouro, baixando cara á Foz, polo río, xa preto dos xardín do Passeio Alegre), 351 226 177 257, 351 217 232 101), E-Electrónico.

0002-porto2   0009-porto9

A Pousada da Juventude de Porto conta con  148 camas en cuartos para dúas ou catro persoas, con ou sen baño. O prezo vai entre os 14-16€ persoa/noite nos cuartos múltiples, e os 38-42€ cuarto dobre con baño. É obrigatorio o Carné Xove ou o Carné de Alberguista (en calquera caso internacionais).
Existe unha organización Hostelling International con referencias da maioría das pousadas e albergues da xuventude. Hostelling International equipara pousada, albergue (da xuventude) con hostal.

0003-porto3

Modelo Hostel: aínda que moitas veces resulta inevitable a asimilación, non confundir co español ‘hostal’, cando menos na filosofía.
Hostel: ‘xeito de viaxar xoven’, a prezo asequible, tipo albergue ou pousada da xuventude, con cinco características que o distingue: bemvida, limpeza, seguridade, privacidade e comodidade. En Porto, e en moitos dos casos, a maioría absolutamente recomendables, habería que engadir que son locais de deseño moi esmerado.
Así, os hosteis non están limitados á xente máis nova; sabendo de que se trata, todos podemos ir. A maioría contan con algún cuarto dobre con baño privado.
Na segunda entrega de Durmir no Porto (Os hoteis máis cool) atopamos tres establecementos deste tipo: o Gallery Hostel (prezos entre os 20 e os 25€ persoa-noite), o Magnólia Hostel, (cuarto dobre con almorzo desde 44€), e o Rivoli Cinema Hostel (40€), que unen o deseño ao prezo asequible.

Porto Poets Hostel Web
Rúa dos Caldeireiros, 261 (os cuartos comúns)
Travessa do Ferraz, 13 (os cuartos privados)
Céntrico, na zona de Clérigos. 
Teléfono: +351(22)3324209
Fax: +351(22)3324209
Prezos: Entre 17-19€ persoa/noite en cuarto colectivo (4-6-8 persoas); en privado, a partir de 45€ noite por cuarto dobre.
Boa Comunicación, a 2 minutos de Sao Bento (tren e metro)

poetshostel     poetshostel2

Porto Excentric Design Hostel   Web
Estrada Exterior Da Circunvalação, 13310
Practicamente no cruce da Circunvalación coa IC1 A28 –estrada vella de Viana–
Teléfono: +351 224 069 200
Prezos: Cuartos dobres con baño compartido por 23-26€ persoa noite con almorzo. Cuartos de 4-6 persoas, a partir de 20€
Lugar estratéxico para zona comercial, aeroporto, centro e Matosinhos.

porto_excentric2     porto_excentric

Porto Spot Hostel
Rua Goncalo Cristovao nº12
Santo Ildefonso, arriba de todo da Rúa de Santa Catarina
Teléfonos: +351 22 408 52 05 f. +351 22 408 59 41
bookings@portospothostel.pt 
Prezo a partir de 18€ persoa noite. Cuartos de 3, 4 e 8 persoas.
Moi céntrico. A 5 minutos de metro.

portospotshostel2     portospotshostel

Arts House Hostel  Web
Rua Barão Forrester 942
Ao final da rúa Cedofeita, moi cerca de Boavista
Teléfono +351 918 678 512 
45€ cuarto dobre con baño. Cuartos para 4 persoas a partir de 17€ persoa/noite. Con pequeno almoço incluído.
A 5 minutos de parada de metro.

art_house     art_house2

Wine Hostel Web
Campo dos Mártires da Pátria, 52
Na zona de Clérigos.
Teléfono: 222 013 167
Fax: 222 013 469
40-50€ cuarto dobre con baño e almorzo; Cuartos para 4, 6 e persoas desde 18 euros co almorzo.
Boa comunicación a pé e transporte público

wine_hostel2     wine_hostel

Dixo’s Porto Hostel Web
Rua Mouzinho da Silveira n 72
No centro turístico, fronte á bolsa e ao vello mercado Ferreira Borges. 
Teléfono: 351 222 444 278  351 933 716 573
Fax: +351 938 568 675 
Prezos: Cuarto dobre (sen baño privado): desde 25€. Cuartos de 6/12: desde 17€ persoa noite, almorzo incluído.
Boa comunicación.

dixo2     dixos-oporto-hostel

Oporto Invictus Hostel Web
Rúa das Oliveiras, nº 73
Centro. Zona Aliados
Teléfono: +351 222 024 371   +351 936 196 658 
Prezos: Cuarto dobre con baño e almorzo: a partir de 42€ cuarto. Cuartos compartidos a partir de 16€ persoa/noite.

0005-l_51589-5-oporto-invictus-hostel     0009-l_51589-11-oporto-invictus-hostel

Oporto Sky Hostel
Rua da Lapa, 33
Lapa. Preto da Praza da República. Principio da rúa da Boavista. 
Telf / Fax: +351 222 017 069
Web
Prezos a partir de 16€ persoa/noite

images2     images

Porto Downtown Hostel Web
Praça Guilherme Gomes Fernandes, nº66, 1º andar
Centro, ao lado dos Clérigos.
Teléfono: +351 222 018 094 
Prezos: dobre con baño compartido a partir de 20€ persoa noite almorzo incluído; cuartos de 4, 6, 10 camas desde 18€ persoa.
A 2 minutos de Sao Bento e Metro.

Existen diferentes páxinas de reserva de establecementos do modelo hostel. Algunha das máis operativas:

Hostels.com
HostelWord.com
Hostels Club

Proxima entrega: Durmir no Porto nos novos apartamentos turísticos

a parada das bestas

Estaba no punto de mira desde hai bastante tempo, e tivo que ser agora, na última etapa do Camiño, que coñecemos esta Parada das Bestas da que tiñamos refencias mesmo desde a súa xénese.

Restaurante Parada das Bestas 348

Porque María, xunto con Suso, almas mater da Parada das Bestas, é irmá de Ana, e Ana e mais o seu home, Pablo, foron bos compañeiros nosos (dos dous, en diferentes momentos) no cole de Vincios.

Restaurante Parada das Bestas 349     Restaurante Parada das Bestas 350

Sobre a base dunha antiga casa de labranza do século XVIII, con todos os seus anexos, pallar, tendal do forno, hórreo, tulla…, María e Suso levantaron unha sobresaínte casa rural na que, ademais, dan marabillosamente de comer.

Restaurante Parada das Bestas 353     Restaurante Parada das Bestas 355

Todo, interiores e exteriores, respectan ao máximo o contorno rural no que está a casa. Así, o comedor, é todo pedra e madeira, desde a cheminea, nun curruncho, ata as madeiras do entramado do teito visto.
Clásico, tradicional, rural… que non trapalleiro, que en cada detalle podes sentir o meco e o coidado que conduciu a ese detalle concreto e non outro. Comedor moi luminoso, confortable, de medidas equilibradas, arredor de dez mesas para non máis de 40-50 comensais.

Restaurante Parada das Bestas 358     Restaurante Parada das Bestas 012

Carta baseada en produtos de primeira cualidade elaborados respectando as normas e receitas da cociña tradicional pero, en moitos casos, con sorprendentes toques creativos. O resultado é excepcional.

Restaurante Parada das Bestas 005

Entrantes –Saquiños de cabaciña e maionesa de millo ou Tosta de pemento asado, berenxena, trigueiros, vinagreta de tomate e queixo de Arzúa– orixinais e divertidos adoptando un certo grado de risco.
Pratos nunha liña máis tradicional, sen outra sorpresa que non sexa o propio resultado final –entrecosto, solombo, capón estilo peregrino, paletilla de año asada ou bacoriño ao forno–.

Restaurante Parada das Bestas 015     Restaurante Parada das Bestas 014

Empezamos coa delicadeza da cociñeira, un bocado a base de capas de pemento alternadas con, creo lembrar, bacallau.

Restaurante Parada das Bestas 017     Restaurante Parada das Bestas 018

Para as entradas, Carmen pide unha que, polo que leo, estase a converter en bandeira da casa: o Follado de verduras con queixo de Ulloa. Despois de probalo confírmase coma un prato realmente especial. Suave e moi saboroso.
Pola miña conta arrisco ao máximo e pido o Touciño confitado, gambas e toque cítrico. Para evitar sorpresas –seica houbo algún problemiña– son avisado de que se trata exactamente do que anuncia a sona: un taco de touciño.
Excepcional. Un deses bocados que enche a boca e deixa pegada por moito tempo. Conxunción perfecta de corte e mar. A visita paga a pena só por este prato.

Restaurante Parada das Bestas 021     Restaurante Parada das Bestas 023

Carmen, Bonito do Norte con tomate confitado e trigueiros, e eu Bacallau con crema suave de allo e grelos. Os dous boísimos pero, sen desprezar, quedo co meu, unha reinterpretación do bacallau con allada que, coa cualidade excepcional do bacallau e o acompañamento dos grelos, resulta perfecto.

Restaurante Parada das Bestas 024

De sobremesa, unhas Peras bébedas con xelado que manteñen o nivel da comida, unha mestura de sabores, texturas e temperaturas que sitúa o listón altísimo.
Despois de tanto día seguido de papatoria unha tras outra, Carmen non ten demasiado bo corpo e renuncia á sobremesa.
Ademais, esta circunstancia sérvenos de desculpa para volver a esta Parada das Bestas os dous en plena forma.

Restaurante Parada das Bestas 016 Restaurante Parada das Bestas 019 Restaurante Parada das Bestas 020 Restaurante Parada das Bestas 022

Xa que estamos en carretera conformámonos con beber auga. Pagamos 60€ que, globalmente (local, atención, produto, elaboración…), nos parece un prezo moi axustado.
Sen paixón subxectiva, e sen ningún tipo de dúbidas, un local ao que regresar.

A Parada das Bestas
María Varela
 
Santa María de Pidre 27
27207 Palas de Rei
Teléfono: 982 183 614  /  689 119 521
Fax: 982 163 926
E-Electrónico
Web
GPS: 42º49’46.50”N  07º55’21”W
Localización en Mapas de Google

PD: Xa que no seu momento mencionaba o paso de Gwyneth Paltrow por Casa Pintos, en Cambados, e como xa logo de regreso en Hollywood daba a receita dos Berberechos ao albariño, xusto é dicir que A Parada das Bestas foi unha das bases para a grabación dedicada a Galicia do programa On de Road Again con Gwyneth de condutora. En YouTube podemos ver como colabora con María Varela na preparación dun capón.