o miolo

foodspotting

Grazas ao Gurú-Paparotas chego a esta fantástica páxina.
foodspotting
Baixo o título Foodspotting: un elegante e divertido servizo para explorar a gastronomía, descúbrenos as esencias desta utilidade válida tanto para navegar desde o PC como, i especialmente, para facelo desde o teléfono móbil (iphone e android).
En esencia, Foodspotting é unha rede social, un lugar para crear o teu perfil e ‘deixar’ os teus pratos favoritos (apenas unha foto, o nome do restaurante, a localización) e compartilos con outros comellóns mentres ti te beneficias das debilidades deles.
A páxina ten apenas un ano de funcionamento e, polo que se ve, apunta boas maneiras e moito pulo.
En Galicia e norte de Portugal xa podemos atopar algo máis dunha ducia e media de participantes. Animádevos!, é realmente sinxelo (o único problema é que está en inglés, pero se eu fun quen calquera pode facelo). Xa sabedes como funcionan estas cousas, cantos máis sexamos máis somos.
Eu empecei hoxe e aquí vos deixo unha pequena aplicación que permite levar a calquera sitio web a presentación das túas recomendacións.

‘Outra’ rede social? Unha máis?
Pois non. Os aspectos diferenciadores son que este novo invento está centrado en compartir as nosas afeccións gastronómicas (comida e bebida), en que non se trata de recomendar restaurantes senón pratos concretos, e, sobre todo, en que aporta a perfecta localización do lugares mencionados.

discover great wine and design in Porto

Grazas ao sempre recomendable O Porto Cool, infórmome de que O New York Travel Magazine, vén de dedicar a súa sección periódica Un escape de fin de semana en cinco puntos, á cidade de Porto.
oportocol
Baixo o título Descubra o gran viño e o diseño en Porto, elabora unha-mini guía da cidade a partir de cinco apartados: Onde durmir, Onde comer, Que facer, Información privilexiada, e Un día excéntrico.
Yeatman Hotel Porto Hotel Teatro Porto 6only Hotel Porto
Yeatman Hotel, Hotel Teatro, 6Only. (Fotografías das webs dos hoteis)
Where to Stay. Na sección de hoteis recomenda un de gama alta (Yeatman, en Vila Nova de Gaia, máis de dous centos euros), un de gama media (Hotel Teatro, no centro, ao lado de Sao Bento, construído sobre o vello teatro Baquet, cuarto algo máis dos cen euros), e unha terceira oferta dentro deses novos locais ‘casa de invitados’ que están a ter tanto pulo en Port (6Only, zona centro, cerca da praza da Batalha, cuarto dobre a partir de 60 euros).
Restaurante Shis Porto  Restaurante Shis Porto  Restaurante Shis Porto
Imaxes do Restaurante Shis
Where to Eat. Para a comida a proposta chega da man de tres vellos coñecidos, O novo Buhle, o DOP e o Shis. Non vou estenderme. Para máis información, Comer en Porto segundo as guías gastronómicas, ou, tamén, 11 restaurantes en Porto para non perderse durante o 2011.
Casa da Música Porto  Museo de Serralves Porto
What to Do. As visitas recomendadas céntranse no novo Porto, no Porto capital da arquitectura e da súa Escola superior de arquitectura. A xira comeza pola Casa da Música (Rem Koolhaas) (recomenda non perder un ensaio da orquestra ou a posta de sol desde o teito) e acaba en Serralves, na Villa art deco, nos xardíns, no Museo de Arte Contemporánea (Álvaro Siza Vieira). Polo medio, un primeiro retrinco aos viños a través da visita a unha das numerosas tendas de deseño nas que atoperemos os descoñecidos viños de Portugal; no caso concreto deste Magazine a recomendación é para Wine o’Clock, en Matosinhos.
Museo do Vinho do Porto Quinta Vale dos Sapos Tonel
Insider’s Tip. A visita imprescindible, por suposto, a Vila Nova de Gaia, ás Caves, en concreto unha recomendación para a Croft.
Graffitis e Carteis na Rua Bombarda 12  Graffitis e Carteis na Rua Bombarda 2  Graffitis e Carteis na Rua Bombarda 10  Graffitis e Carteis na Rua Bombarda 7
Graffitis e Carteis na rúa Miguel Bombarda de Porto
Oddball Day. O día ‘excéntrico’ comeza remoloneando un pouco na cama e segue, como tampouco podía ser doutro xeito, pola viaxe a través do deseño e do mundo alternativo que xira arredor da rúa Miguel Bombarda.
Logo, un paseo polos xardíns do Palacio de Cristal, e, para pechar esta fugaz visita a Porto, cea de petiscos en 110, e copas en Lobby.

de novo en shis

Indubidablemene, o Restaurante Sihs, de Porto, está de moda.
Na nosa análise de 2010 de Restaurantes de Porto segundo as guías gastronómicas asomaba nun destacado terceiro posto, entre aqueles restaurantes que figuraban en catro das guías consultadas (Revista Wine: 4,5/5; recomendado polo blog O porto Cool; Garfo de Ouro da Guía Boa Cama Boa Mesa do Expresso; posto número 69 entre os cen mellores restaurantes de Portugal segundo a Mesa Marcada.
Restaurante Shis Porto  Restaurante Shis Porto
Hoxe, se cabe, mellora, aínda, a súa posición.
Non hai lista ultimamente na que non apareza. Está, por exemplo, na selección de 11 restaurantes de Porto para 2011 do Expresso. Atopámolo, tamén, entre os tres restaurantes que recomenda o New York Travel Magazine para unha visita de fin de semana ao Porto. Ou nas propostas de O Porto Cool (O Románticool), para unha cea do día dos namorados… E asoma a cabeza na Guía de Restaurantes de Portugal de José Silva.
E isto e algo máis, unicamente, entre as webs nas que eu me movo.
Carta do Restaurante Shis, Porto
O Shis está na zona da Foz (zona especialmente rica en propostas gastronómicas de cualidade, das caras pero tamén da baratas), na praia de Ourigo. Desde a rúa non se ve; hai que acceder a el a través dunhas escaleiras de madeira desde as que xa empezas a intuír as marabillas que che agardan abaixo. Un local moderno, luminoso, claro, aberto ao mar aberto, acolledor, deseñado por Paulo Lobo (quen por certo vén de inaugurar tenda para vender os seus obxectos) ata o mínimo detalle e baixo o guión do menos é máis cunha boa man de requinte.
O local interior non é tan amplo como destacan a súa luminosidade e decoración, pero conta co apoio dunha sushi-barra, dunha terraza semicuberta e doutra (impensable para este día de cans) aberta literalmente sobre o mar.
Restaurante Shis, Porto, Terraza  Restaurante Shis, Porto, Interior e Barra  Restaurante Shis, Porto, Terraza 
A carta, ou máis ben as cartas, pois mesmo fisicamente son dúas e ben diferenciadas, ten unha oferta claramente asiática e outra de raíz portuguesa con aportacións internacionais. Tentadora proposta de sobremesas i espectacular lista de viños preferentemente nacionais pero con digna representación internacional.
Restaurante Shis, Porto, Carta de Sushi e Sashimi  Viño Kopke Rosé de 2009  Viño Kopke Rosé de 2009
Seguindo as recomendacións do Gran-Paparotas (aínda que sen coñecelas), optamos por un menú de dobre percorrido: entrante xaponés compartido (mixto de sushi e sashimi de 22 unidades) e prato principal a gusto do consumidor (tournedó con foie, risotto de sapateira con xelado, folhado de salmón con foie, i eu un bacallao confitado sobre pastel de grelos regado con prebe de queixo da serra). Viño Kopke Rosé de 2009.
Restaurante Shis, Porto, Mix de Sushi e Sashimi Restaurante Shis, Porto, Mix de Sushi e Sashimi Restaurante Shis, Porto, Salsa de Soya para Sushi
Restaurante Shis, Porto, Tournedó con Foie Restaurante Shis, Porto, Folhado de Salmón Restaurante Shis, Porto, Risotto
Todo excelente. Ao meu prato sobráballe un deses patés de oliva aliñada que tanto gostan en Portugal; eu tamén gosto deles, pero non nesta ocasión, resultaba demasiado forte i enturbaba o delicado sabor do bacallao confitado; o queixo da serra, pola contra, íalle ás mil marabillas.
Restaurante Shis, Porto, Bacallao confitado con Grelos
A carta de sobremesas volve a ser a antesala á luxuria desmedida. Aí van as imaxes, que locen moito máis do que eu poida contar.
Restaurante Shis Porto Fondant de Chocolate Restaurante Shis Porto Bolo de Chocolate Restaurante Shis Porto Mousse de Chocolate Restaurante Shis Porto Tiramissu de Te
Para quen goste do estilo (local minimalista, vista do mar, servizo moi atento, comida xaponesa, carta portuguesa-internacional con elaboracións esmeradas e doses abundantes…), estamos ante unha das mellores ofertas gastronómicas do Porto de 2011.
Saímos arredor dos 40 euros por persoa.
Non hai dúbida de que se trata dun local para volver.
Restaurante Shis
Chef: Antonio Vieira
Praia do Ourigo-Esplanada do Castelo
Foz do Douro
4150-623 Porto
Tel. 226 189 593
Fax: 226 170 437
Móbil: 961 356 376
E-E:
info@shisrestaurante.com
Web: Restaurante Shis
GPS: 41º 15’ 00”N 8º 67’ 63”W
Localización en Google Maps
Guía BCBM: Garfo de Ouro
Mesa Marcada: Posto 69 (2010)
Revista Wine: 4,5p/5
O Porto Cool: Recomendado
José Silva: Mencionado
No capítulo anterior (Que valorar nun restaurante. A guía Zagat), veíamos como, dentro da subxectividade de toda valoración, as cousas poden estar máis ou menos claras. Sabemos quen, que e como valora o restaurante.
Por desgraza, a maioría das guías coñecidas están no extremo contrario.
Guia GourmetourGourmetour, por exemplo, deixa claro que para a elaboración da súa guía conta con 67 inspectores que valoran os restaurantes seguindo ‘o seu criterio experto’.
Non se dubida desa experiencia ou do bo criterio dos inspectores. O problema é o de descoñecer como e por que un restaurante recibe 8,50/10 e outro 8,25. Como se chega a establecer unha diferenza de 25 centésimas sobre dez puntos?guia--michelin-
O paradigma desta situación pode ser Michelín.
Arrasa en España, moi por riba das guías nacionais (agás, quizáis e ultimamente a Repsol), e os criterios para outorgar as súas prezadas estrelas son un dos grandes misterios da humanidade.
A guía vén acompañada por unha ficha para a participación dos lectores que aporta algo de luz: pide valorar (cualitativa) o servizo, o marco, a mesa e a relación cualidade-prezo.
Nalgún momento Rafael García Santos escribía en Lo mejor de la gastronomía,lomejor2010 nunha das súas introducións, que ‘non existen as matemáticas gastronómicas’, e que tampouco ‘os seres humanos temos igual padal, cultura, prioridades…’. Estamos ante unha guía que se centra na comida e que apunta como ‘posibles criterios para valorar’, 'a cualidade dos produtos’, ‘a exactitude no punto de cocción’, ‘a harmonía entre os distintos elementos do prato’ ou ‘a plasmación dos sabores’. Algo é algo.
Entre as guías españolas, a máis transparente é a Repsol. Ademais de apuntar que está asesorada pola Academia Española de Gastronomía, deixa máis repsolclaros os criterios que os casos anteriores, diferenciando unha valoración xeral de locais, dos criterios para outorgar os seus soles.
No tocante á valoración xeral, ten unha parte cualitativo-descritiva (referida a ‘servizos’: tipo de cociña, ambiente e decoración) e outra máis valorativa para os produtos i especialidades do restaurante (valoración a base de Insuficiente-Suficiente-Bo-Notable-Sobresaliente para aspectos como a adega, o servizo de viño, o aceite de oliva, as carnes, os peixes e os mariscos, os doces, cafés e infusións, e prezo medio).
Para a concesión dos soles os criterios a empregar son: o estilo de cociña, o emprazamento, o servizo, a adega, o municipio, o nivel gastronómico da zona e a relación cualidade-prezo.
Que valorar dun restaurante. Entrega 1
Que valorar dun restaurante. Entrega 3
En capítulos anteriores -Pedra e Madeira- divagaba sobre como valoramos os restaurantes cando escribimos un post. Acababa, máis ou menos, apuntando que as claves para toda comparación (valorar non é máis que avaliar, comparar), están, primeiro, na selección de aspectos ou elementos a comparar, segundo na ‘regra de medir’ (ou criterios concretos cos que imos valorar, ‘unidades da nosa regra’), e terceiro, o referente, con respecto a quen ou a que imos comparar.
Hoxe toca dar un paso adiante e concretar unha parte do que alí se falaba.
Pantallazo Web Zagat
Trátase de analizar os aspectos nos que fixarse cando visitamos un local.
Se nos fiamos do que hai por aí adiante, vemos que existen sensibles diferenzas pero que non fondo todas son (ou somos) un pouco o mesmo (ou case).
Imaxe do botón de puntuación de Zagat
Como punto de referencia podemos utilizar a Guía Zagat, paradigma das guías gastronómicas en USA. Malia que non nos afecta directamente, o seu modelo si pode resultar enriquecedor para ver de que estamos a falar.
Zagat está elaborada unica i exclusivamente coas valoracións dos restaurantes realizadas polos propios usuarios.
Pantalla de Votación de Zagat
Cando un usuario entra na páxina (Zagat) para valorar un restaurante, atopa que ten que puntualo en tres aspectos moi concretos, espazo, comida e servizo e nunha escala de cero a tres puntos:
0 puntos: ‘fair/poor’, pobre, ‘suficiente’
1 punto: Good (ben)
2 puntos: Very Good (Moi Ben)
3 puntos: Excelent
Pide, ademais, unhas liñas de valoración cualitativa demandando un comentario ‘descritivo, substancial e inxenioso’, e o prezo aproximado que se pagou por persoa contando con bebidas e sobremesas.
Ao final, a propia páxina é a que calcula a valoración global do usuario resultado da media aritmética das tres valoracións parciais. A valoración final do restaurante resulta da media aritmética das puntuacións globais de todas as persoas que o cualificaron na páxina.
Podemos coincidir ou non coa idoneidade dos aspectos a valorar ou con que todos teñan un mesmo peso na valoración global, ou en que resulten insuficientes, ou en todos os peros que queiramos adxudicarlle.
Pero non hai dúbida de que unha puntuación de 2,8 en Zagat coñecemos de onde vén, a que se refire, podemos interpretala, sabemos a que atenernos con ela.
Continuación: Que valorar dun restaurante. Outras Visións.

restaurante el combatiente

Andabamos un pouco ao leilán polo Grove, poñendo en forma o apetito, cando nos dimos de bruzos con Luz e Luis e con Manuel e Loli. O mundo é un pano. A nosa intención era comer en El Combatiente, e alí acabamos os seis xuntos e tamén revoltos. Levaba as referencias da miña compañeira Pilar, unha das miñas mellores proveedoras de novos locais, e a verdade é que non nos defraudou.
Tarxeta do Restaurante El Combatiente O Grove
El Combatiente é un deses restaurantes de sempre (‘desde 1934’), detrás da casa do Concello, para comer o que se come no Grove, peixe e marisco de primeirísima cualidade e con elaboracións ‘sinxelas’, esas preparacións tan difíciles de conseguir e que procuran manter a autenticidade do produto. Eles mesmos, na súa tarxeta de visita, promociónanse como ‘Comida típica de sempre, a cociña da avoa’.
Restaurante El Combatiente O Grove     Restaurante El Combatiente O Grove   Restaurante El Combatiente O Grove
O comedor é pequeno e clásico, non admite máis dunha vintena de persoas; era sábado de febreiro, sobre as dúas e media e xa non había lugar para un alfinete. O local é cen por cen familiar, na cociña e ‘cantando’ os destaques do día, a nai; no servizo, unha filla; e o pai a facer relacións sociais entre as mesas e de cando e vez colaborar retirando os pratos. A oferta non ten segredos: marisco e peixe; hoxe, en especial, as zamburiñas, o bruño da ría, un rubio guisado, un par de robalos ao forno… (rubio e robalos, garantizados, auténticos, de rocha); a patroa, cos que somos e co seu tamaño axeitado, insiste nos robalos e, para reforzar a oferta, tráeos para que lles botemos unha ollada. Non se fale máis.
Comedor do Restaurante El Combatiente O Grove Un par de Robalos do Restaurante El Combatiente de o Grove
Para acompañalos, un Pazo de Señoráns.
Restaurante El Combatiente 12De entradas pedimos as zamburiñas, uns mexillóns en prebe de vieira e un par de anacos de empanada para probar. De ter que decidir, sen dúbida polas zamburiñas, execpcionais; a empanada moi boa, cun leve toque de follado; os mexillóns, a verdade, non están entre as miñas debilidades.
Claro que a festa do día estaba agochada nos robalos. Ante os nosos eloxios, a cociñeira non ten reparos en revelarnos o seus segredos culinarios: peixe de rocha moi fresco, ao forno, unicamente cun chisco de fumé de peixe e un pouco de limón. A receita produce un resultado espectacular. De acompañamento, unhas pataquiñas en rodelas acabadas de fritir.
Robalos frescos do Restaurante El Combatiente O Grove   Robalos ao forno do Restaurante El Combatiente O Grove
As sobremesas pasan un pouco desapercibidas. Torta de queixo ao forno, queixo galego, torta de galleta…
Para rematar, café de pota e unhas pingas nun dispensador moi peculiar, tanto que o meu amigo Manuel e mais eu pasamos a sobremesa tentando concretar a esencia do seu funcionamento.
Dispensador Gotas Augardente Restaurante El Combatiente  Dispensador Gotas Augardente Restaurante El Combatiente
Con todo o anterior, a comida saíunos por 32 euros persoa.
Globalmente é un local ao que si volverei sempre que estea no Grove e queira bo marisco ou bo peixe ao prezo que vedes.
Restaurante El Combatiente
Praza do Corgo 10
36980 O Grove
986 730 741
GPS: 42º49'63"N 8º86'56"W
Localización en Mapas de Google