o miolo

foodspotting

Grazas ao Gurú-Paparotas chego a esta fantástica páxina.
foodspotting
Baixo o título Foodspotting: un elegante e divertido servizo para explorar a gastronomía, descúbrenos as esencias desta utilidade válida tanto para navegar desde o PC como, i especialmente, para facelo desde o teléfono móbil (iphone e android).
En esencia, Foodspotting é unha rede social, un lugar para crear o teu perfil e ‘deixar’ os teus pratos favoritos (apenas unha foto, o nome do restaurante, a localización) e compartilos con outros comellóns mentres ti te beneficias das debilidades deles.
A páxina ten apenas un ano de funcionamento e, polo que se ve, apunta boas maneiras e moito pulo.
En Galicia e norte de Portugal xa podemos atopar algo máis dunha ducia e media de participantes. Animádevos!, é realmente sinxelo (o único problema é que está en inglés, pero se eu fun quen calquera pode facelo). Xa sabedes como funcionan estas cousas, cantos máis sexamos máis somos.
Eu empecei hoxe e aquí vos deixo unha pequena aplicación que permite levar a calquera sitio web a presentación das túas recomendacións.

‘Outra’ rede social? Unha máis?
Pois non. Os aspectos diferenciadores son que este novo invento está centrado en compartir as nosas afeccións gastronómicas (comida e bebida), en que non se trata de recomendar restaurantes senón pratos concretos, e, sobre todo, en que aporta a perfecta localización do lugares mencionados.