o miolo

de novo en shis

Indubidablemene, o Restaurante Sihs, de Porto, está de moda.
Na nosa análise de 2010 de Restaurantes de Porto segundo as guías gastronómicas asomaba nun destacado terceiro posto, entre aqueles restaurantes que figuraban en catro das guías consultadas (Revista Wine: 4,5/5; recomendado polo blog O porto Cool; Garfo de Ouro da Guía Boa Cama Boa Mesa do Expresso; posto número 69 entre os cen mellores restaurantes de Portugal segundo a Mesa Marcada.
Restaurante Shis Porto  Restaurante Shis Porto
Hoxe, se cabe, mellora, aínda, a súa posición.
Non hai lista ultimamente na que non apareza. Está, por exemplo, na selección de 11 restaurantes de Porto para 2011 do Expresso. Atopámolo, tamén, entre os tres restaurantes que recomenda o New York Travel Magazine para unha visita de fin de semana ao Porto. Ou nas propostas de O Porto Cool (O Románticool), para unha cea do día dos namorados… E asoma a cabeza na Guía de Restaurantes de Portugal de José Silva.
E isto e algo máis, unicamente, entre as webs nas que eu me movo.
Carta do Restaurante Shis, Porto
O Shis está na zona da Foz (zona especialmente rica en propostas gastronómicas de cualidade, das caras pero tamén da baratas), na praia de Ourigo. Desde a rúa non se ve; hai que acceder a el a través dunhas escaleiras de madeira desde as que xa empezas a intuír as marabillas que che agardan abaixo. Un local moderno, luminoso, claro, aberto ao mar aberto, acolledor, deseñado por Paulo Lobo (quen por certo vén de inaugurar tenda para vender os seus obxectos) ata o mínimo detalle e baixo o guión do menos é máis cunha boa man de requinte.
O local interior non é tan amplo como destacan a súa luminosidade e decoración, pero conta co apoio dunha sushi-barra, dunha terraza semicuberta e doutra (impensable para este día de cans) aberta literalmente sobre o mar.
Restaurante Shis, Porto, Terraza  Restaurante Shis, Porto, Interior e Barra  Restaurante Shis, Porto, Terraza 
A carta, ou máis ben as cartas, pois mesmo fisicamente son dúas e ben diferenciadas, ten unha oferta claramente asiática e outra de raíz portuguesa con aportacións internacionais. Tentadora proposta de sobremesas i espectacular lista de viños preferentemente nacionais pero con digna representación internacional.
Restaurante Shis, Porto, Carta de Sushi e Sashimi  Viño Kopke Rosé de 2009  Viño Kopke Rosé de 2009
Seguindo as recomendacións do Gran-Paparotas (aínda que sen coñecelas), optamos por un menú de dobre percorrido: entrante xaponés compartido (mixto de sushi e sashimi de 22 unidades) e prato principal a gusto do consumidor (tournedó con foie, risotto de sapateira con xelado, folhado de salmón con foie, i eu un bacallao confitado sobre pastel de grelos regado con prebe de queixo da serra). Viño Kopke Rosé de 2009.
Restaurante Shis, Porto, Mix de Sushi e Sashimi Restaurante Shis, Porto, Mix de Sushi e Sashimi Restaurante Shis, Porto, Salsa de Soya para Sushi
Restaurante Shis, Porto, Tournedó con Foie Restaurante Shis, Porto, Folhado de Salmón Restaurante Shis, Porto, Risotto
Todo excelente. Ao meu prato sobráballe un deses patés de oliva aliñada que tanto gostan en Portugal; eu tamén gosto deles, pero non nesta ocasión, resultaba demasiado forte i enturbaba o delicado sabor do bacallao confitado; o queixo da serra, pola contra, íalle ás mil marabillas.
Restaurante Shis, Porto, Bacallao confitado con Grelos
A carta de sobremesas volve a ser a antesala á luxuria desmedida. Aí van as imaxes, que locen moito máis do que eu poida contar.
Restaurante Shis Porto Fondant de Chocolate Restaurante Shis Porto Bolo de Chocolate Restaurante Shis Porto Mousse de Chocolate Restaurante Shis Porto Tiramissu de Te
Para quen goste do estilo (local minimalista, vista do mar, servizo moi atento, comida xaponesa, carta portuguesa-internacional con elaboracións esmeradas e doses abundantes…), estamos ante unha das mellores ofertas gastronómicas do Porto de 2011.
Saímos arredor dos 40 euros por persoa.
Non hai dúbida de que se trata dun local para volver.
Restaurante Shis
Chef: Antonio Vieira
Praia do Ourigo-Esplanada do Castelo
Foz do Douro
4150-623 Porto
Tel. 226 189 593
Fax: 226 170 437
Móbil: 961 356 376
E-E:
info@shisrestaurante.com
Web: Restaurante Shis
GPS: 41º 15’ 00”N 8º 67’ 63”W
Localización en Google Maps
Guía BCBM: Garfo de Ouro
Mesa Marcada: Posto 69 (2010)
Revista Wine: 4,5p/5
O Porto Cool: Recomendado
José Silva: Mencionado