o miolo

guía das guías gastronómicas de porto

Como continuación de Comer en Porto segundo as guías 2016, e coas consideracións que alí realizamos, é o momento de pasar aos resultados da análise de como tratan diferentes guías aos restaurantes de Porto.

Lembro que as guías, por orde de aparición na táboa, son: Repsol (1, 2, 3 soles/Recomendado/Mención), Michelín (Estrela/BigGourmand/Mención), Guía Visual Aguilar Portugal (Mención), Guía Lonely Planet Portugal (Mención), Mesa Marcada (posto no ranking anual de mellores restaurantes de Portugal segundo os propios profesionais), TripAdvisor (lugar entre os 100 restaurantes de Porto mellor valorados polos usuarios en febreiro de 2016), Guía Boa Cama Boa Mesa do Expresso (Garfo de Ouro/Mención), Time Out Porto (franxa de prezo no que está enmarcado: -15€, 15-30€, +30€). (En caso de igualdade na puntuación, ocupan mellor posición os que aparecen en máis guías).

Localidade Punt Restaurante Repsol Michelín Aguilar LonelyP MesaM TripA BCBM Time
1 VN Gaia 53 The Yeatman 2S 1E Si - 10º GOu +30€
2 Foz 45 Pedro Lemos 2S 1E - - 36º GOu +30€
3 Areosa 33 O Paparico R Si - - 54º Si +30€
3 Leça de P 33 Boa Nova 2S Si - - 31º 48º GOu -
5 Baixa 29 Palco 1S Si - - 23º - Si +30€
6 Foz 28 Cafeína 1S Si - - 163º 31º Si +30€
6 Ribeira 28 DOP 1S Si - Si - 42º Si +30€
8 Prelada 27 Essência R - Si - - - Si 15-30
9 Baixa 23 Cantina 32 1S - - - 130º 64º Si 15-30
10 Baixa 22 Camafeu R - Si - - Si -
10 VN Gaia 22 Vinum 1S - - - 60º - Si +30€
12 Ribeira 20 LSD 1S - - - 146º - Si 15-30
13 Baixa 18 Cantinho do Avillez 1S - - - - 80º Si +30€
13 Baixa 18 Book R - - Si - - Si +30€
13 Foz 18 Casa pasto Palmeira R - - Si - - Si 15-30
13 Trindade 18 Portucale R - Si - - - Si +30€
17 Massarelos 17 Casa Agrícola R Si - - - - - 15-30
18 Foz 16 Terra R Si - - - 74º Si -
19 Baixa 16 Astória 1S - - - - - Si +30€
19 Campanhã 16 Casa Inês R - - - 58º - Si -
19 Foz 16 Foz Velha 1S - Si - - - Si -
19 Ribeira 16 Ode Winehouse - - - Si 146º - -
23 Ribeira 14 Adega de São Nicolau - - - - 130º 87º Si 15-30
24 Leça de P 14 O Chanquinhas R - Si - - - Si -
24 Matosinhos 14 Os Lusiadas R Si - - - - Si -
24 Campanhã 14 Casa Aleixo R - Si - - - Si -
24 Boavista 14 Casa da Música R - Si - - - - 15-30
24 Antas 14 Lider R Si - - - - Si -
24 Bonfim 14 Rogério do Redondo R - - - - - Si 15-30
24 Ribeira 14 Vinhas d’Alho R - - - - 49º Si -
24 Gaia 14 Barão de Fladgate R Si - - - - Si -
24 Gaia 14 DeCastro Gaia R - - - 115º - Si -
33 Foz 13 D’Oliva al Forno R - - - - - Si 15-30
34 C Alegre 12 Casa d’Oro - - - Si - - Si 15-30
34 Baixa 12 Clérigos Si - - Si - - Si -
34 Cedofeita 12 Frida - - - - - 47º Si 15-30
34 Trindade 12 O Buraco - - - Si - - Si -15€
38 Baixa 11 Reitoria - - - - - 53º Si 15-30
39 VN Gaia 10 Dourum - - - - 146º 90º Si -


Así, o cadro de honra queda formado polos seguintes restaurantes (inclúo comentario extraído da guía Boa Cama Boa Mesa, definición e particularidades da cociña que aporta a guía Repsol, e prezo do menú -sempre orientativo- da guía Michelín).

The Yeatman
Ricardo Costa
R do Choupelo
Vila Nova de Gaia
351 220 133 100
www.theyeatman.com
GPS: 41.133465N,  8.613223O
Cociña: Moderna, Internacional, Portuguesa. Menú vexetariano.
Prezo: 65-98€ 
BCBM: Visión, imaxinación e sensibilidade para o enaltecemento dos sabores. Comer no Yeatman polo menos unha vez é daquelas experiencias que debería anotar sen dubidar no libro dos compromisos... As propostas acompañan as estacións, susténtanse na frescura dos alimentos e procuran dar ao receitario tradicional portugués un enxoval contemporáneo.

Pedro Lemos
Pedro Lemos

R Padre Luis Cabral 974
351 220 115 986
www.pedrolemos.net
GPS: 41.150173N,  8.672128O
Cociña: Moderna, portuguesa. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo: 55-120€
Horario: Pecha domingo e luns.
BCBM: Pedro Lemos é un artista en constante proceso creativo. Os seus sabores remítennos sempre a algo familiar, pero coa sensación de non telos probado xamais na confección e conxugación que el nos propón.

O Paparico
R Costa Cabral 2343
351 225 400 548
www.opaparico.com
GPS: 41.176357N,  8.585667O
Cociña: Tradicional. Portuguesa.
Prezo: 40-56€
Horario: Só noites. Pecha domingo e luns.
BCBM: Aquí cómese ben. As tradicións portuguesas forman parte da identidade deste clásico da cidade que aposta todo á cualidade, engadindo aos ingredientes máis tradicionais unha pincelada contemporánea e moito saber.

Boa Nova
Rui Paula

Avda da Liberdade
Leça de Palmeira
351 229 940 066
www.ruipaula.com
GPS: 41.202930N,  8.715313O
Cociña: Creativa. Autor.
Prezo: 80-120€
Horario: Peche domingo e luns ao mediodía.
BCBM: Rui Paula engade o temperado perfecto a un escenario -monumento nacional de Siza Vieira- de singular beleza. Desfile de sabores que impelen a unha viaxe a lugares ora coñecidos ora distantes nunha reinvención permanente de sabores familiares.

Palco
Arnaldo Azevedo

Hotel Teatro.
R Sa Bandeira 84
351 220 409 620
www.hotelteatro.pt
GPS: 41.146645N,  8.609295O
Cociña: Moderna. Mediterránea. Menú vexetariano. Menú celíacos.
Prezo: 40-80€ 
BCBM: Alta cociña para un exuberante escenario. Varios menús de degustación para a cea, auténtica experiencia para todos os sentidos, e opcións máis lixeiras para a comidas rápidas e económicas ao mediodía.

Cafeína
Camilo Jana

R do Padrao 100
351 226 108 059
www.cafeina.pt
GPS: 41.156521N,  8.679755O
Cociña: Moderna. Internacional. Menú vexetariano.
Prezo: 16-36€
BCBM: Sofisticación e elegancia intemporais. Sabores internacionais de inspiración mediterránea.

DOP
Rui Paula

Largo de Sao Domingos, 18
351 222 014 313
www.ruipaula.com
GPS: 41.142757N,  8.614846O
Cociña: Creativa.
Prezo: 20-56€
BCBM: Gastronomía de base tradicional cun toque de irreverencia. Mestría do chefe, cualidade dos ingredientes e servizo impecable encadran unha cociña de memorias, para evocar sabores caseiros e auténticos.

Essência Vegetariano
Ana Novo

R de Pedro Hispano 1190
351 228 301 813
www.essenciarestaurantevegetariano.com
GPS: 41.165741N, 8.629156O
Cociña: Vexetariana.
Prezo: 20-30€
Horario: Peche domingos e festivos.
BCBM: Sofisticado restaurante vexetariano. Conxugación de sabores en torno a ingredientes non só verdes que aproveitan toda a cor da natureza. Creatividade gastronómica con opcións non vexetarianas, de peixe e carne.

Cantina 32
Luis Américo

R das Flores 32
351 222 039 069
www.cantina32.com
GPS: 41.143494N,  8.614301O
Cociña: Creativa.
Prezo: 20-30€
Hoario: Peche domingo.
BCBM: Carta orixinal e sorprendente. Sabores coa sinatura do chefe Luis Américo. Cociña de emocións.

Camafeu
Praza Carlos Alberto 83
351 937 493 557
www.facebook/camafeu83
GPS: 41.148525N,  8.615479O
Cociña: Moderna. Portuguesa.
Prezo: 30€
Horario: Só noites.  Pecha: domingo, luns e festivos.
Refección descontraída nunha atmosfera que lembra a casa da avoa e na que se respira modernidade. Cociña baseada na tradición da gastronomía portuguesa cos ingredientes típicos e na que a sorpresa chega da man da conxugación e a presentación.

Vinum 
Guilherme Freire
 
Caves Graham’s
R do Agro 141
Vila Nova de Gaia
351 220 930 471
www.vinumatgrahams.com
GPS: 41.136856N,  8.625301O
Cociña: Moderna. Portuguesa. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo: 25-90€
BCBM: Ten no viño a súa razón de ser, na gastronomía a mellor compañía e na vista soberbia un bo pretexto para prolongar a refección. Cociña que aposta por sabores de varias proveniencias con destaque para os lusos.

LSD (Largo de Sao Domingos)
Joao Lameiras

Largo de Sao Domingos 78
351 223 231 268
www.facebook.com/largodesaodomingos
GPS: 41.143253N, 8.614491O
Cociña: Creativa
Prezo: 30-40€
Horario: Pecha o domingo.
BCBM: Espazo moderno que serve comidas lixeiras ao mediodía, funciona como cafetería durante o día e aposta pola cociña internacional para a cea. Carta de raíz tradicional con novas e interesantes abordaxes.

Cantinho do Avillez
José Avilhez

R Mouzinho da Silveira 166
351 223 227 879
www.cantinhodoavillez.pt
GPS: 41.143223N,  8.613374O
Cociña: Moderna. Portuguesa.
Prezo: 30-40€
BCBM: A cociña de José Avillez é a mellor carta de presentación. Espazo relaxado e informal con propostas que, se ben nunha primeira análise poderían pasar por tradicionais, o toque de midas transfórmaas en sabores orixinais e sorprendentes, na confección e conxunción, que propoñen novas experiencias e texturas.

Book
Joao Mendes

R de Aviz 10
351 917 953 387
www.restaurantebook.pt
GPS: 41.147644N,  8.613237O
Cociña: Internacional
Prezo: 20-25€
BCBM: Vocación cosmopolita. Local acolledor e sobrio. A carta bebe de influencias tradicionais e internacionais e cambia con frecuencia.

Casa de pasto da Palmeira
Joao Lameiras

R do Passeio Alegre 450
351 226 168 244
Facebook
GPS: 41.147602N,  8.666414O
Cociña: Tradicional. Portuguesa. Toques modernos.
Prezo: 20€
Horario: Pecha o luns
BCBM: A irreverencia é a característica desta casa de Pasto. Decoración en tons quentes e toques kitsch. Cociña que ten na creatividade a súa razón de ser. Descontraída e informal, aposta, no sabor e na presentación divertida, polos petiscos.

Portucale
Manuel Silvio Jorge

R da Alegría 598
351 225 370 717
www.miradouro-portucale.com
GPS: 41.155746N,  8.602258O
Cociña: Tradicional. Internacional. Portuguesa.
Prezo: 40€
BCBM: Despois de 40 anos segue a ollar do alto do seu charme para o Porto estendido aos seus pés. Espazo requintado e luxoso (cubertería de prata). Sabores portugueses resaltados por influencias da cociña francesa.

Casa Agrícola
R do Bom Sucesso 241-243
351 226 053 350
www.casa-agricola.com
GPS: 41.154652N,  8.628852O
Cociña: Tradicional. Internacional. Portuguesa.
Prezo: 25€
Horario: Peche domingo.
BCBM: A casa é un dos últimos exemplares do Porto rural setecentista. Local espacioso e confotable. Cociña de inspiración portuguesa con toques de orixinalidade.

Terra
Camilo Jana

R do Padrao 103
351 226 177 339
www.restauranteterra.com
GPS: 41.156857N,  8.679383O
Cociña: Mediterránea. Xaponesa. Menú vexetariano.
Prezo: 16-40€
BCBM: Elegante e sobrio. Completísima carta da viños que serve de inspiración e punto de partida para escoller a comida. Cociña internacional con sushi-bar.

comer en porto segundo as guías. 2016

Máis alá de preferencias ou gustos persoais, trátase de analizar os restaurantes da cidade de Porto que recomendan diferentes guías.
Antes de resultados concretos, que irán nunha segunda entrada, ocórrenseme algunhas xeneralidades que poden definir tendencia na resposta ao título xenérico do que, segundo as guías, se coce no mundo gastronómico de Porto.

aguilarvisuallonelyplanetmesamarcadamichelinBCBMrepsoltimeouttripadvisor

Para empezar, as propias guías.
As de arriba, son as oito que utilicei para o traballo. Apenas cambian das manexadas na revisión de hai un ano (Comer en Porto segundo as guías), e moi pouco con respecto á de 2010 (Comer en Porto seguindo as guías gastronómicas).
No tocante ao tipo de guías, catro conclusións básicas:

  • As guías gastronómicas impresas puras e duras perden espazo inevitablemente.
  • Manteñen o tipo as referencias a restaurantes en guías turísticas.
  • Caia quen caia, o presente é Internet.
  • En Internet gañan peso as guías colaborativas nas que a opinión recae nos usuarios de a pé.

Aclarado o anterior, e o motivo polo que consultar unhas guías e non outras, centrémonos, xa, na cidade de Porto. Aquí son tres as consideracións previas:

  • Máis alá da miña debilidade por todo Portugal, recoñezo que son incondicional da cidade de Porto.
  • E máis alá das miñas preferencias particulares, Porto é unha cidade que duns anos para acá está a acadar un protagonismo espectacular como destino turístico internacional (NYT xaneiro 2016, 36 Hours in Porto, Portugal).
  • En pouco máis dunha década, Porto converteuse nunha cidade cosmopolita, moderna, activa, efervescente, de modas…, modas que van en veñen. Sen dúbida a capital da cultura urbana do Atlántico ibérico.

the-yeatmanpedrolemosopaparicopalcocafeina

E no referido ao obxecto da análise, os restaurantes recomendados polas guías, as conclusións xenéricas resúmense nos seguintes puntos:

  • Comparada con 2015, os cambios son importantes… pero non tanto. Con respecto a 2010 si hai unha revolución absoluta.
  • Hai unha serie de restaurantes que xa podemos considerar ‘clásicos’ e que se afianzan na elite. Falamos dos Yeatman, Pedro Lemos, Cafeína, etc.
  • Entre os auténticos clásicos da cidade de Porto son poucos que conseguen manter o tipo despois dos anos. Destacan locais como O Paparico, Portucale ou Casa Inês.
  • Observamos unha efervescencia de restaurantes que podemos asociar á movida que inunda Porto duns anos a esta parte.
  • Son bastantes os proxectos gastronómicos que acaban facéndose un oco no mapa da cidade (Camafeu, LSD, Book, Casa de pasto de Palmeira…), pero moitos máis os que tiveron os seus sábados de gloria e quedaron polo camiño.

Algúns aspectos relacionados coa análise comparativa da evolución dos resultados nos cinco últimos anos podemos salientar:

  • Dos restaurantes que ocupan os 10 primeiros lugares, soamente dous repiten pertenza a este grupo de elite con respecto a 2010: Pedro Lemos (que ascende ao segundo lugar desde o 32 de hai dez anos), e Cafeina (ao 5 desde o 11).
  • Hai tres restaurantes (Boa Nova, Cantina 32 e Camafeu) que, sen referencias previas, entran directamente no podio. A cuestión do Boa Nova é para analizar á parte (xestión de Rui Paula), pero tanto Cantina 32 como Camafeu son restaurantes que poderíamos enmarcar no contexto da movida.
  • Ben por desaparición no seu modelo clásico (Bull&Bear, 2º en 2010) ou por outros motivos, restaurantes como Shis (6º), Dom Juan (7º), Casa Branca (8º) ou Buhle (13º) desaparecen practicamente dos lugares destacados (caen por debaixo do lugar 50).
  • O caso máis sorprendente (e desde o meu punto de vista inxusto), é o de Foz Velha; mellor restaurante de 2010 segundo as guías e terceiro en 2015, este ano dilúse arredor do posto número 20.

Despois deste aperitivo, empezo a preparar a entrada, exhaustiva, dos resultados concretos da análise.

un grande do norte de portugal

Pillounos por sorpresa. E as sorpresas, cando son agradables, valen o dobre.
Andabamos polos arredores de Vila do Conde cando se nos fixo a hora de comer. Botei man das miñas notas e atopei que, tirando para o norte pola estrada vella, hai un nome que ano tras ano asoma a cabeza polo Top da Mesa Marcada. Certo que na edición de 2016 se trata do Romando Sushi Café, pero o restaurante Romando xa se colara nalgunha edición anterior.

Restaurante Romando 01

O Romando está ao sur de Vila do Conde, segundo chegamos de Valença, despois de pasar a ponte do río Ave, nunha zona rural.

Restaurante Romando 03 Restaurante Romando 04Restaurante Romando 05 Restaurante Romando 07

Primeiro aspecto a destacar. Algo afogado pola contorna, o edificio é un auténtico oasis de modernidade no medio da nada.
De ter que mollarme, e sen contar con dato ningún, diría que está na liña da Casa do Cinema ou do edificio de oficinas e tendas na avenida de Boavista de Porto (Aston Martin), os dous de Souto de Moura.
En todo caso, espectacular e merecedor dunha visita por si mesmo. Dignísimo respresentate desa escola de Porto que irradia arquitectura por todo o norte de Portugal (e boa parte do estranxeiro).

Restaurante Romando 09 Restaurante Romando 14
Restaurante Romando 11 Restaurante Romando 16
Restaurante Romando 12

En segundo lugar está a decoración interior. Co selo profesional ás leguas, a ver se aprendemos, é unha axustada mestura de requinte, conforto, beleza e equilibrio.
Cores neutras en tons cálidos, materiais brillantes e reflectantes, bastantes elementos decorativos pero sen estridencias nin excesos, numerosos e variados puntos de luz… O resultado final resulta especialmente agradable para apoiar unha comida no que todo suma.
Comedor moi amplo, con bastantes mesas familiares (redondas) e un espazo acristalado especialmente atractivo.

Restaurante Romando 22 Restaurante Romando 20

E todo, claro está, para unha cociña que, pese ao anterior, resulta ser a protagonista.
Mestura de tradición portuguesa con bastantes elementos de fusión tanto coa gastronomía máis mediterránea como con toques orientais.
Táboas de embutidos selectos, risottos, pastas, tempuras…, sen faltar un par de bacalhaus, a cataplana de peixe e marisco ou unha reducida pero esmerada selección de carnes. E, claro, os peixes de rocha para facer grelhados.

Restaurante Romando 24

Máis que interesante selección de viños que nalgún momento mereceu a distinción de ser a mellor do país no Concurso Nacional de Cartas de Vinhos promocionado pola Revista de Vinhos.
Pedimos unha botella pequena de Quinta do Crasto, Douro, tinto, 2014 (destacada relación calidade-prezo) e un auga.

Restaurante Romando 25 Restaurante Romando 27

Despois das olivas aliñadas, a manteiga e unha crema de atum deliciosa, e non sen serias dúbidas, decidímonos por compartir un risotto de camaron tigre de primeiro e, tamén compartida, unha ración de bacalhau.
O risotto, magnífico. De equilibrio de sabores, de textura, de melosidade, de punto de cocción do arroz… Coincidimos en que se achega moitísimo aos mellores que tomamos en Vicenza.
O bacallao, unha actualización do bacalhau com todos. Cocido pero coa costra crocante; moi branco; perfecta separación en lascas. Ovo, brécol, cebola crúa, torreznos de broa e xenerosa ración dun bo aceite de oliva por riba.

Restaurante Romando 34 Restaurante Romando 32
Restaurante Romando 30

Ampla e tentadora carta de sobremesas. Carmen, o bolo cremoso de chocolate con amorodo e xelado de vainilla, e eu, a torta de merengue con base de limón.
Calquera dos dous, riquísimos, na liña clásica da doçaria portuguesa.

Co café, pagamos 35€ cada un.
Valorando a cualidade da materia prima e a cociña, o servizo –impecable–, o comedor con todos os seus detalles, e o propio edificio, parécenos un prezo moi comedido, na liña de milleiros de locais que hai por aí e que apenas destacan nunha das catro patas do taburete.
Segundo o noso particular baremos, volveremos, seguro.

Resturante Romando
Rúa da Fonte, 222
Areia-Árvore.
4480-088 Vila do Conde
351252641075
info@romando.pt
www.romando.pt
GPS: 41.333321N,  8.722340W