o miolo

osushi, unha sona xustificada

Tras o meu fugaz bautismo xaponés en Góshò, sigo a recoñecer o meu analfabetismo respecto á cociña xaponesa.
Era tempo, pois, dunha segunda lección, e para iso había que procurar un bo mestre, un local realmente significativo.
E, despois de mergullar por Internet, atopo que a elección resulta máis doada do que a priori semellaba: Osushi, en Vigo.

osushi

E, senón, ollade algunhas das perlas que se escriben por aí adiante:
Oh Sushi!: un bo xaponés en Galicia (por fin!) (CapítuloCero, Manuel Gago).
Oh Sushi: probablemente, o mellor xaponés de Galicia (Pantagruel, Supongo; Manoel Foucellas).
Á hora de comer sushi en Galicia teño claro que o meu favorito é Oh Sushi! (Laconada, Xosé Manoel Ramos).
O xaponés máis solvente que ten habido xamais en Galicia (Diario del Gourmet de Provincias y del perro gastrónomo, Jorge Guitián).

Vigo-Osushi

O local, nunha ubicación pésima, case na avenida de Madrid e a carón da estación de autobuses, ten un interior especialmente agradable. É entrar e deixar atrás a calor agoniante destes días de xuño, o cemento, o balbordo, o ruído, a desproporción nas referencias…
Con zona de mesas e a sushi-barra, Osushi é un restaurante sobrio, sinxelo, cálido, moi na liña do que disque é a decoración oriental.
Tamén é de agradecer o trato do servizo. Ante o noso descoñecemento (e, imaxino, do noventa por cento dos clientes que pasamos por aquí), a actitude básica é de orientación e información, nunca, como adoita ocorrer en demasiados casos, de educación, imposición ou adoutrinamento.

Tentando facer un breve percorrido axeitado aos nosos gostos, e sempre guiados polo camareiro, optamos por unhas Gyozas de carne ao curry, un par de Niguiris de atún e outros dous de vieira, un Tiger Roll creo recordar con salmón e filadelfia, e unha tempura mixta –verduras e lagostino–; como sobremesas, un xelado e un cremoso de café. Todo acompañado de cervexa xaponesa e auga.

IMG_0538
Snack: ensalada de algas, cenoura, chícharos…

IMG_0542
Niguiris: vieira e atún.

IMG_0544
Tiger Roll

IMG_0548
Gyozas (masa recheada de carne ao curry e cociñada ao vapor)

IMG_0554
Tempura mixta

IMG_0557IMG_0556
Sobremesas

Disque a comida xaponesa é coma unha especie de droga: cada vez que a comes gostas un chisco máis dela, e un pouco máis, e máis… ata que chega o momento que, sen te decatar, convertécheste nun adicto.
Direi que, talvez pola variedade ou quizá porque o dito ten algo de verdade, direi que si, que nesta ocasión disfrutei un pouco máis da comida xaponesa que no meu bautizo.
E, si, claro, unha boa parte de culpa tamén ten este Osushi, do que non podo dicir que é o mellor xaponés de Galicia –carezo de referencias, e o único que coñezo– pero si que me gustou moitísimo, como para recuncar en calquera momento.
Respecto ao prezo, pagamos 34€ por persoa.
Atrévome a escribir que está no límite para poder falar dun prezo razonable en proporción ao que comimos; non podo dicir que resultase barato, pero tampouco se me antolla caro; non foi moita cantidade pero sempre está a calidade da materia prima, as técnicas de elaboración, o servizo…

Direi que non se trata dun restaurante especialmente recoñecido polas grandes guías gastronómicas pero que si está no boca a boca popular e, sobre todo, na pluma de todos os blogastrónomos galegos. De feito, na miña análise do ano pasado, e a pesar da ausencia de guías, ocupaba un sobresaínte 39 lugar entre todos os restaurantes galegos.

Osushi
Andrés Medici
Martínez Garrido 83
36205 Vigo
986 294 881
contacto@osushi.es
www.osushi.es
https://es-es.facebook.com/osushi.es
GPS: 42º13’ 23.8N 08º42’32.2”W
Localización en Mapas de Google

unha comida no paraíso

Para moitos dos que as coñecen, as illas Cíes pasan por ser o Paraíso.
Non vou dicir que para min o sexan, cuestión de crenzas, pero si é un dos lugares que máis cerca pode estar do paraíso dentro desta nosa terra.

{"focusMode":1,"deviceTilt":-0.01368435472249985,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}{"focusMode":1,"deviceTilt":0.02754157781600952,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}

Como cada ano por fin de curso, o venres celebramos a despedida cun día de relax nas Illas Cíes; arredor dos douscentos alumnos e alumnas e dez profes.
O tempo acompañou e resultou un día perfecto.
Primeiro unha pequena –pequeniña– andaina, e logo praia, moita praia, e moito sol, moitísima auga, xogos, competición de voley-praia, brincadeiras, alegría, risas, moi bo rollo…

{"focusMode":1,"deviceTilt":0.02687363512814045,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}Serafin_illasCies

Nestas fotos –a da dereita do facebook do propio bar– podedes ver que á hora da comida tamén estabamos nun paraíso dentro do paraíso.
Mentres uns compañeiros vixiaban a comida dos rapaces nunha sombra cercana, os demais comimos no restaurante Serafín, no acceso sur da praia de Rodas. Logo houbo algún que outro relevo para que todos os que quixesemos comer de servilleta prendida puidesemos facelo.
E comimos na terraza, con esas árbores, creando unha especie de microclima, como ceo, co mundo en forma de paisaxe aos nosos pés.
Unha gozada.

{"focusMode":1,"deviceTilt":0.06773749738931656,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}

As navallas estaban, simplemente, fantásticas.
Todo un luxo para unha comida, digamos, de traballo.

{"focusMode":1,"deviceTilt":-1.491156371431895,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}{"focusMode":1,"deviceTilt":0.105015441775322,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}
{"focusMode":1,"deviceTilt":0.24052394926548,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}{"focusMode":1,"deviceTilt":0.2156982272863388,"whiteBalanceProgram":0,"macroEnabled":false,"qualityMode":3}

Do resto, aí tendes, uns peixiños tan frescos como ben fritidos: xoubiñas, chinchiños, raia e moita, moita ensalada.
Todo moi bo e espectacularmente preparado e servido.
O día estaba quente e tiraba da fecha: cervexas fresquiñas (con e sen gaseosa, con e sen alcol) e moita auga.  Con xeados e cafés pagamos algo menos dos 17€ cada un.
No tocante á cantidade, eu personalmente quedei perfecto.

Restaurante Serafín Cíes 01

Nas Cíes pódese comer en tres locais: o Serafín, do que veño de falar (679 349 065), o restaurante do Camping –tamén moi recomendable, lembro un ano que comimos un arroz fantástico, 986 687 504–, e o  Rodas, a carón do molle de embarque dos barcos de liña, nunha vella fábrica de salazón (636 659 522); disque o Rodas funciona como bufet, pero non teño referencias directas del. Normalmente imos ao extremo contrario da praia e así queda bastante a desmán.

Un delicioso día de traballo.
Sobre todo porque, como lle comentaba aos meus compañeiros, eu, como na mili, xa conto para atrás: quédanme dúas excursións ás illas Cíes.

Na liña das ofertas de webs de ‘compras colectivas’, hoxe tocaba revisitar o Eirado da Leña, en Pontevedra.

Pontevedra-EiradoDaLeña

Neste ocasión todo estaba claro, non había lugar ás dúbidas; a páxina da venda (groupon) especificaba cada paso do menú coas bebidas correspondentes no caso de optar pola maridaxe (que foi a que nós escollemos). O menú para dúas persoas (59,90€ ou 79,90€ para a opción maridaxe) constaba de:

  • Vermú gallego (opción con maridaje)
  • Snack del día.
  • Capuchino de boletus edulis, patata de Xinzo y Cantaharellus tubiformi (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Anchoa del Cantábrico San Filippo, crujiente de pan artesano con semillas de amapola y requesón de As Neves con aceite de oliva virgen extra (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Vieiras lañadas y ahumadas con palos de vid albariña, jugo de codium y emulsión de sus corales (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Pescado del día, espuma de zanahoria y jengibre, remolacha y cebolletas glaseadas (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Foie a la plancha, compota de frutas de temporada y pétalos escarchados (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Prepostre, dependerá del que dispongan en el día (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Maracuyá, coco y frambuesa (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Brownie de chocolate amargo, crema de chocolate blanco y haba tonka, helado de café (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Tronco de trufas y chocolates (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Pan.
  • Café.

Todo exacto… e perfecto.

Restaurante Eirado da Leña 02Restaurante Eirado da Leña 04

O local é pequeno pero non resulta agoniante. En xeral mantén os materiais e a atmosfera da vella casa da praza da Leña de Pontevedra na que se sitúa.
A comida, servida a un ritmo apropiado, resulta un éxito desde o primeiro momento.

Restaurante Eirado da Leña 07Restaurante Eirado da Leña 09
Restaurante Eirado da Leña 12Restaurante Eirado da Leña 13
Restaurante Eirado da Leña 15
Restaurante Eirado da Leña 17Restaurante Eirado da Leña 18
Restaurante Eirado da Leña 19
Restaurante Eirado da Leña 21Restaurante Eirado da Leña 24
Restaurante Eirado da Leña 25
Restaurante Eirado da Leña 27Restaurante Eirado da Leña 29

Resulta imposible decidirse por un dos pratos; cada un agochaba a súa pequena perla, o seu toque de graza e orixinalidade, mesmo na presentación, coa traca final dos petits fours servidos nun tronco de videira.

Por concretar. No noso caso, o snack do día –acompañando ao vermú– consistía nunhas saborosísimas olivas, tamén cen por cen galegas, do Xurés (Eiros de Iria ‘Agricultura emocional’). O peixe, robaliza. A pre-sobremesa, gin-tónic.

Os viños: Ribeiro Antonio Montero, Albariño Xion, Moscatel semiseco Botani, Oloroso seco de Xerez Hidalgo.

En resumo, unha comida absolutamente recomendable, dun xeito moi especial se se consegue con bonos.
Algo moi semellante está na páxina do grupo Nove cun menú consistente en 1 Snack, 3 Entradas, 1 Peixe ou Carne, 1 Presobremesa e 2 sobremesas, con Café, té e Petit fours, por 80€, ou 110€ con maridaxe.

Eirado da Leña
Iñaki Bretal

Praza da Leña 3
36002 Pontevedra
986 860 225
web
oeirado@hotmail.es
GPS 42° 25’ 95.8” N   08° 38’ 59.4” W
Localización en Mapas de Google
Guía Repsol: Recomendado 
Michelín: Citada
Verema: 7,8 puntos

algo arredor dos bonos para restaurantes

Choveu un anaco desde o día en que, neste mesmo foro, escribía sobre a crise económica e as súas certas consecuencias no sector da restauración.
Non había que ser ningún lince para prever que na maioría dos casos impúñase a necesidade de expremer as neuronas e buscar alternativas.

nove3

Atendendo ao principio económico básico de que para manter beneficios baixando prezos non queda outra que vender máis cantidade, nacen en Internet os sitios chamados de ‘compras colectivas’.

Debo recoñecer que ultimamente, e por necesidade, son adicto á compra de bonos neste tipo de páxinas; e todo, para non perder o pracer de poder comer de cando en vez en restaurantes que, hoxe por hoxe, e doutro xeito, resultarían inalcanzables para un peto de tipo medio.

Yayo Daporta 02Pepe Vieira 06

Ahí están as fantásticas experiencias en Pepe Vieira ou Yayo Daporta, estrelas Michelín que  ofrecen bonos mantendo o altísimo nivel dos seus locais; están, tamén, outros que, sen defraudar, están un par de chanzos por debaixo (Pandemonium) e non están por ningures outras que, por un aquel de malentendido respecto, non fun quen de escribir.
Teño pendente de escribir un novo e rotundo éxito no Eirado da Leña.

O principio básico das ‘compras colectivas’ é o de manter a competitividade coa mesma calidade, baixando prezos e vendendo máis.
Todos os bonos especifican a porcentaxe de rebaixa en relación a un prezo oficial de menú de degustación, tomado como referencia unha determinada data. Hai que especifica o menú ao máximo e quen se limita a resumir as condicións nun número de pratos.

A cuestión clave é que eu compro –e pago– un produto real dese restaurante; un menú concreto (si, claro, entendo e comparto o inevitable retrouso dos cambios por ‘cuestións de mercado’), o menú que está a comer o meu veciño da mesa do lado que non paga con bonos.
Se o ‘contrato’ é un x% de rebaixa por un produto con prezo contrastado, eu pago por ese produto, non por outro. É como se compro con bonos un Mercedes clase tal e cando vou recollelo me entregan un Volswagen, ou un Mercedes de clase inferior, ou un Mercedes da mesma clase que contratei pero cunhas prestacións ou acabados diferentes, máis axustados ao que eu paguei.

gruponove
(Imaxe: Blog de Ovidio Alegunde, fotógrafo)

E todo o anterior vén a conto, precisamente hoxe, porque veño de descubrir que catro cociñeiros do grupo Nove ofrecen menús de degustación a través do modelos ‘bonos’ desde a propia web do grupo.
Trátase de Pandemonium, Eirado da Leña, Casa Solla e Pepe Vieira-Camiño da serpe.

IMG_0030IMG_0049

E, como pretendo non ser dos que tiran a pedra e agochan a man, unha vez aberta a porta da crítica negativa, dicir que a única experiencia negativa (menos positiva?) de menú con bonos en restaurantes de prestixio foi no Silabario.
Nada que dicir do trato, da atención, nada que dicir da cociña. A crítica está no menú, na selección de pratos que nos puxeron; independentemente de que todos eles estaban moi bos, ningún pertencía nin ao menú de degustación da tempada, nin sequera á proposta xeral da carta.
Por poñer dous momentos, o inicial e o final, dicir que o menú saía cunha costeliña de porco e que acababa, antes das sobremesas, como principal de carne, cun prato de polo.

comida nun ambiente moi teatral

No estudo publicado días atrás (Comer en Porto segundo as guías) o restaurante Palco, coma unha pantasma dá ópera, asomaba da nada e saltaba a un destacado sétimo lugar.

portugalnorte

O Palco está no hotel Teatro, na rúa Saa Bandeira, no local que ocupou, desde 1859, o vello teatro Baquet; toda unha institución no Porto.
A transformación foi espectacular e causa, en parte, do éxito deste hotel-restaurante.

hotelteatro3hotelteatro1
 Restaurante Palco 01

Hotel e restaurante son espazos modernos, cosmopolitas, moi na liña do que está a ser o novo Porto; en ouro e broce e cunha iluminación moi tenue, sen excesos, sen perder o norte, sen renunciar ao bo gosto nin ás súas pingas de requinte portugués, deseñan un local que paga a pena visitar por si mesmo.
Logo, cando comprobas que a comida mantén a liña da decoración, certificas os motivos do éxito.

Restaurante Palco 05

Na liña da tradición anglosaxona (a día de hoxe, europea?) da cidade de Porto, a proposta para o almorço está pensada para un refrixerio frugal. A propia carta defínese como ‘lunch menú’ e abre as portas a suxestións como a Salada de salmão fumado, molho funcho e laranja, o Carpaccio de polvo com molho pesto, o Prego de lobo em bolo do cáco, ou a Francesinha com batata frita.
Proposta á maneira de petiscos portugueses tradicionais con evidentes toques internacionais.

Restaurante Palco 06Restaurante Palco 07

Compartimos un primeiro de Ovos mexidos com espargos verdes e presunto, e un segundo de Bacalhau lascado, broa frita e ovo a baixa temperatura.
Sen ser pratos sorprendentes ou de excesiva elaboración, ambos manteñen un bo nivel de técnica cun elegante resultado final; gústame, en especial, o bacallau.

Restaurante Palco 09Restaurante Palco 10

As sobremesas merecen mención á parte.
Por se non quedaches satisfeito, unha selección de queijos nacionais; se es máis tradicional, os gelados ou a selecção de frutas… e se, coma nós, es lambereteiro, o Mil folhas de pastel de natas com gelado de café, e a Fondant de goiaba com gelado de queijo da serra. Calquera das dúas para repetir.
Con café e dous copos de cervexa pagamos 22€ cada un.
Un prezo moito máis que razoable para unha comida moi agradable.
A carta da cea está formada por tres menús diferentes, cada un deles cos prezos especificados para cada prato, de xeito que podes optar por un dos tres, pechado, ou pola libre combinación de pratos.

Restaurante Palco 04

En todo o hotel Teatro, nas referencias, na decoración, na carta, nas citas… percibes a presencia do dramaturgo local, o visconde de Almeida Garret, sen dúbida un dos Grandes da literatura portuguesa de todos os tempos.

Seus olhos – Se eu sei pintar o que os meus ollos cegou…

Restaurante Palco
Hotel Teatro
Rúa Sá Bandeira, 84
4000-427 Porto
351 220 409 620
restaurantepalco@hotelteatro.pt
Web
GPS 41º08’48.0”N  08º36’33,2ºW
Localización en Mapas de Google
Repsol: 1 sol
Michelín
Boa Cama Boa Mesa
Mesa marcada: 34º (6 votantes, 20 puntos)
Time Out Porto