o miolo

menu do día na tafona en compostela

Coñecín a Tafona grazas a Manuel Gago no seu Capítulo 0.
Por certo, de xeito totalmente casual, por alí andaba a comer, tamén, o pasado xoves, un 27 de decembro morriñento e sedutor como unicamente se vive en Compostela.


O primeiro que chama a atención deste local é a súa sona: Tafona, e o segundo o apelido, 'casa de xantar', expresión galega popular que, paseniño, vai caendo en desuso.
Malia confusión á que nos pode levar a coñecida Tafona da Herminia, na que, en pleno corazón do barrio xudeo de Ribadavia podemos comprar doces típicos hebreos, a palabra 'tafona' deixáronola os árabes nun dos seus primeiros pasos por Galicia e fai máis referencia ao lugar no que se elabora o pan que aos doces.


O interior da Tafona é fermoso e agradable, conxugando á perfección a frialdade da pedra coas madeiras e o tapizado que, protexendo o respaldo, arrodea practicamente todo o espazo do local.
Tamén polo trato, próximo pero sen perder en ningún momento a profesionalidade.


A Tafona conta con carta, un menú Tafona (menú do día) e un menú Mercado reservado para as noites do sábado. O menú consta de entrante, prato e sobremesa (en cada caso a elixir entre dúas propostas), que, acompañados de pan e copa de viño ou auga, chegan aos 15 euros.
Como adoitamos facer nestes casos, pedimos un de cada e probamos de todo.

Callos con Kokotxa de bakallau

Raviolis de cogumelos e landras de ibérico

Pescada á romana, limón e xenxibre


Arroz meloso de cordeiro e angula de monte

Polvorón quente, iogur e violetas

Creme broulé de café e praliné

Estamos ante un atípico menú do día: diferente, imaxinativo, moi coidado, espectacular... e absolutamente cautivador para un prezo que raia na ofensa ao esmero e dedicación dos propios cociñeiros.
Valorade vós mesmos a través das fotos e dos nomes con que foron bautizados...
Todos e cada un dos pratos, único e especial. Os callos polo contraste da cococha enriba, a pescada polo rebozado, a broulé pola textura, todos e cada un pola elaboración, pola presenza, polo bos que estaban.
Se hai uns anos falaba da importancia e defendía os menús do día nos restaurantes máis destacados (Menú express en Acio), hoxe reafírmome aínda con máis intensidade e apunto esta Tafona como recomendación especialmente destacada en Compostela.

Tafona, casa de xantar
Rúa Virxe da Cerca, 7
(entrada lateral pola rúa da Tafona)
15703 Santiago de Compostela
Tlfno: 981 562 314
E-Electrónico
Web
GPS: 42.880681N 8.539993W

aproveitando a conxuntura

En máis dunha ocasión faleivos do restaurante Segredos do Mar (Segredos do Mar, Cataplana de peixe).

Está na praia de Castelo de Neiva (ver mapa), e nos tempos que corren, e pola súa relación cualidade-prezo, paréceme un lugar inevitable.
Onte fomos con Luis e Luz (outros adictos a estes segredos) e atopámonos coa sorpresa dun menú especial ao que non puidemos resistirnos.

O menú consistía en: crema de marisco, coctel de lagostinos, nécora, camaróns, ameixas, boi recheado, mexillóns, gambas, lumbrigante e arroz de marisco.

Sen máis comentarios. Aí vos deixo unhas fotiñas para ver de tentar ao diaño.

Restaurante Segredos do Mar 1 Restaurante Segredos do Mar 2
Restaurante Segredos do Mar 4 Restaurante Segredos do Mar 3
Restaurante Segredos do Mar 5 Restaurante Segredos do Mar 6
Restaurante Segredos do Mar 7
Restaurante Segredos do Mar 8 Restaurante Segredos do Mar 9

restaurante 17º–hotel dom henrique

Nesta ponte da constitución, como tantos europeos, quedamos na casa.
Un par de excursións do día, e máis nada.
Onte día seis, como moitos galegos --notábase ben-- fomos ao Porto. Día gris, moi feo, chuvia constante, rúas baleiras e espazos pechados a rebentar.

P1090013

A oferta de locais de comida en Porto é inmensa, mesmo diría que para os máis asiduos coma nós, practicamente infinita. A través de diferentes fontes teño moitas alternativas gardadas na recámara. A nosa primeira opción era coñecer Pedro Lemos, pero despois de reservar a través da páxina Web atopámonos coa decepción, e tamén sorpresa, de que unicamente fan ceas.

P1090012

Nesta ocasión, coma noutras anteriores, deixeime enganar polo Sábado. O Sábado é unha revista semanal de temática xeral. No número da semana pasada sacou á venda un especial baixo o título: ‘Guía dos mellores restaurantes 2012’.
Para elaborar a guía, catro prestixiosos chefs portugueses fixeron propostas que logo os lectores votaron. Dalgún xeito, o listado conta co aval de Henrique Sá Pessoa, José Avillez, Vítor Sobral e, na zona norte, Rui Paula (DOC e DOP). Catro pesos pesados.
O listado organízase en sete grupos: restaurantes novos, económicos, saudáveis, petiscos, autor, moda e brunch. En próximos días falareivos máis polo miúdo dos restaurantes da zona norte que entran nos listados.

P1090006   P1090009

Entre os ‘novos’ atopamos o 17º co seguinte comentario de Rui Paula: Quem visita o Porto e nao sobe ao bar do 17º andar do Hotel Dom Henrique perde uma das melhores vistas da cidade… desde maio deixou de ser um bar antigo. A remodelaçao feita polo designer Paulo Lobo… Os pratos tradicionais portugueses misturam-se com a cozinha clásica europeia…

P1080983

O local é amplo, moi luminoso, decorado en tons pastel e sen ningún obxecto que rompa a harmonía.
O servizo impecable, cen por cen Portugal requintado. Distante e exquisito se se trata de selo, e estremadamente próximo e solícito se lle das pé.
As vistas, mailo pésimo día, simplemente sensacionais.

P1080980 P1080992

Carta comedida con especialidades tradicionais portuguesas e pratos da cociña clásica internacional. Contan cun menú executivo con entrante, prato principal a elixir entre peixe e carne, e unha entre dúas sobremesas; co cuberto e o café son 14.50 euros por persoa.
A bebida é á parte e pedimos un auga e viño ao copo, branco para Carmen e tinto para min; os dous Evel, do Douro, máis que dignos para un menú do día.

P1080952P1080949

Cos saúdos do chef traen un bocado de crema de salmón, un pequeno bol con crema de bonito e un pratiño con aceite virxe do Douro.

P1080955

O entrante é un desas cremas quentes nas que os portugueses son auténticos mestres e que en moitos casos nacen dunha interpretación do clásico caldo verde; hoxe toca de espinacas e resulta especialmente suave e saborosa, textura moi fina, moi boa.

P1080958     P1080960

Variado de peixes grelhados. Salmón, pescada, peixe sapo, lagostino e mexillón; de acompañamento unha canastiña de masa filo con grelos salteados dentro, e patacas cocidas cun aire da prebe das braxas. Todo moi bo; como pasa tantas veces en Portugal, mención especial para os acompañamentos.

P1080962

Lombiños con beicon e prebe de nata, sobre pataca e con fíos de verduriñas saleadas.
Poderiamos dicir que estamos ante unha moi boa cociña clásica de corte internacional. Hoxe poden sorprendernos as coccións excesivas, o abuso das salsas grosas ou os sabores pouco definidos, pero son modelos que forman parte da historia da cociña e que, en Portugal, en determinados sectores de corte tradicional, seguen a ter o seu punto de aceptación.

P1080966 P1080970

Bolo de améndoa e pudin. O meu pudin, auténtico bocado dos ceos.
En total, coas bebidas, pagamos sobre os 18 € cada un.

P1080975

O local, as vistas, o requinte, o servizo, e mesmo a comida, sabendo ao que vas, todo metido na cocteleira xunto co prezo, fan deste Dezimosetimo un local a coñecer.

Restaurante 17º
17º andar do Hotel Dom Henrique
Rúa do Bolhao 223
4000-112 Porto
Teléfono: 351 223 401 617
E-Electrónico
Web
GPS: 41.152264 N   08.607191 W
Localización en Mapas de Google

que veinte años no es nada…

  Por: Pepe Fernández

Na nosa familia hai moito “alacrán” e por iso estes días andamos de celebración en celebración, é dicir, de chea en chea. Desta volta tocoulle a vintena do primoxénito (tranquilo Anxo, que “veinte años no es nada” como di o tango de Gardel) e decidimos achegarnos ata Moaña para xantar no restaurante Prado Viejo. Trátase dun hotel-restaurante moderno que na súa publicidade ofrece “una cocina ecológica regional elaborada con productos de su propia huerta, así como postres caseros”.

carta_648x600

O comedor resulta moi acolledor, tranquilo, con poucas mesas, decoración minimalista e con gusto; boa luz grazas ao branco das paredes e a dous amplos ventanais. Recíbenos Tino, o propietario, un “gran” home, de trato excelente e con ganas de agradar. Antes de entregarnos a carta xa nos pide desculpas por non dispor de moito produto, xa que el mesmo se encarga de comprar no mercado e non contaba con moita xente nestas datas. É certo, a carta non é moi ampla. Segundo el nos explica teñen tres ou catro pratos fixos, que hai tempo que lle veñen funcionando ben e logo complementan con produtos do mercado de tempada.

la foto_774x600     la foto6_800x535

Pedimos dúas entradas para compartir, unhas zamburiñas á prancha que estaban deliciosas, no seu punto; e un salteado de cantarelus con xema de ovo que se deixaron comer ben.

año1_484x600  bonito1_448x600  solomillo_650x600

Logo pedimos cadanseu prato, dúas de cabrito ao forno, un solomillo con prebe de pementa branca e un bonito á prancha. Como se ve pratos tradicionais, ben elaborados e con bo produto. Tino presume dos produtos da súa horta, traballada polo seu pai; a min quedoume pena non probar os chícharos con ovo da casa que tiñan unha pinta excelente.

escuma_469x600  sobremesa1_496x600  filloas_482x600

As sobremesas foron quizais o mellor, tomamos unha escuma de iogur, dous doces de chocolate, unhas filloas recheas con sorbete de framboesa e de agasallo tróuxonos unhas “cañitas” recheas. Todos e todas probamos de todo, teño serias dificultades para decantarme por algún deles, estaban todos bos. Na liña do resto dos pratos, elaboración coidada pero sinxela ou sinxela pero coidada, e con resultado final agradable.

caniñas_372x600

Acompañamos a comida cun Somontano, “La miranda de Secastilla” do 2009, saboroso, grato, sedoso, aínda que creo que debería ser decantado xa que gañou despois dun tempo aberto.

Co resto das bebidas e cafés pagamos arredor dos 35 € por barba, prezo que considero correcto, xa que foi unha comida correcta nun ambiente agradable.

Prado Viejo
Ramon Cabanillas, 16,
36950 Moaña
Tfno.: 986 31 16
Web

E-Electrónico
Localización en Mapas de Google
Os 100 de c,le: Posto 24 de toda Galicia
Guía Michelín: Bib Gourmand
TripAdvisor: 6º lugar

Os 100 restaurantes galegos de c,le (II)

A estas alturas xa sobran os preámbulos.
Seguindo o camiño marcado polo cadro de honra en Os 100 mellores restaurantes galegos de Como, logo exito, hoxe, segunda entrega, estamos ante a quenda dos restaurantes situados nos lugares 30 a 60.
Coas matizacións realizadas en Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes, en Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía, e Os mellores restaurante de Galicia. Resultados, aí vai a segunda entrega do listado dos 100 mellores restaurantes galegos segundo Como, logo existo, e nesta especial pretensión (discutible e discutida) de fusionar as guías profesionais cos usuarios de á pé.
100mellores_thumb1
Os 100 mellores restaurantes galegos de Como, logo existo
28
18 p
El Mercadito Santiago Recomendado SI 61
28 18 p Casa Manolo Carnota BGourmand 14
30 17 p Coral A Coruña Recomendado SI 93
30 17 p Ribadomar Cambados SI BGourmand 103
30 17 p O Fragón Fisterra SI 2
33 16 p Soriano Vigo Recomendado SI 196
33 16 p Muíño do Vento Ferrol SI SI 79
35 15 p Playa Club A Coruña SI 8.0
35 15 p A Rexidora Barbadás 1 Sol SI
35 15 p Mesón de Alberto Lugo Recomendado SI 253
35 15 p Esteban Mos SI 8.0
35 15 p El Refugio Oleiros 1 Sol SI
35 15 p La Taberna de Rotilio Sanxenxo Recomendado SI 207
35 15 p Casa Bóveda Vilagarcía 1 Sol SI
35 15 p El Crisol O Grove Recomendado 39
35 15 p Mirador de San Pedro A Coruña SI 8.0
35 15 p Abastos2.0 Santiago SI 20
45 14 p La Casa de las 5 puertas Pontevedra SI SI 158
45 14 p Casa Rosita Cambados SI 25
45 14 p Pedro Roca Santiago SI 30
48 13.5p Tira do cordel Fisterra 127 7.5
49 13 p La Palloza Lugo SI BGourmand
49 13 p Verruga Lugo SI 37
49 13 p Comei-Bebei Oleiros SI BGourmand
49 13 p La Villa Ribadeo SI BGourmand
49 13 p Ana Santiago 1 Sol 294
49 13 p Boa Vista Viveiro SI BGourmand
49 13 p Mar de Esteiro Santiago BGourmand 99
56 12.5p Pandemonium Cambados SI 5.5
57 12 p Nixon A Estrada Recomendado SI
57 12 p Bitadorna A Guarda Recomendado SI
57 12 p O Parrulo Ferrol Recomendado SI
57 12 p O Centolo Fisterra SI 52
57 12 p Chef Rivera Padrón Recomendado SI
57 12 p Casa Ramallo Padrón Recomendado SI
57 12 p O Roupeiro Pereiro de Aguiar Recomendado SI
57 12 p Alameda 10 Pontevedra Recomendado SI
57 12 p Eirado da Leña Pontevedra Recomendado 91
66 11 p Adega do Emilio Ourense SI 69
66 11 p Bierzo Enxebre Santiago BGourmand 214
66 11 p Roberto Vedra Recomendado 117
66 11 p El Mosquito Vigo SI 78


Claves:
1ª Columna: Lugar no listado
2ª Columna: Restaurante
3ª Columna: Concello
4ª Columna: Valoración Guía Repsol (1,2 Soles, Recomendado, Mencionado)
5ª Columna: Valoración Guía Michelín (1 Estrela, BGourmand, Agradable, Mencionado)
6ª Columna: TripAdvisor (posto que ocupa en Galicia)
7ª Columna: Verema (Puntuación media sobre 10)

Os criterios para entrar na lista e para obter a puntuación están nas entradas anteriores:
Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes. Por que estas guías.
Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía. Como se obtén a puntuación.

100mellores