o miolo

guía expresso bcbm 2010

guia_boacama
Sabedes por referencias anteriores nas miñas recomendacións de restaurantes de Portugal (Algo sobre as guías gastronómicas de Portugal, Comer no Porto segundo as guías gastronómicas, e sobre todo, pola entrada Cando fiarse das guías gastronómicas portuguesas), que un dos meus referentes neste senso é a Guía Boa Cama Boa Mesa do periódico Expresso. Neste último post pronunciábame abertamente e dicía que, fóra tópicos e sempre segundo a miña opinión, as dúas guías máis fiables de restaurantes portugueses son a da revista Wine e, precisamente, a BCBM.guia_boamesa
O pasado marzo, creo lembrar que xunto coa edición do periódico do sábado 27, o Expresso vendía, ao prezo complementario de 9,95 €, a  edición impresa correspondente a 2010 da súa Guía Boa Cama Boa Mesa (BCBM).
Ata o día de hoxe consultaba a guía na súa edición on line. Cando souben da saída desta versión impresa fixen as xestións, sempre vía correo electrónico, para tentar conseguila, e, con esa amabilidade exquisita que impoñen os irmáns portugueses ás súas relacións (públicas pero tamén ás privadas), hoxe recibín o meu exemplar. A Guía comenta 590 restaurantes e 422 aloxamentos de todo Portugal.
Cada ano selecciona un restaurante ao que lle dá o Garfo de Platina (este ano foi para o Tavares de Lisboa), e destaca 25 restaurantes aos que lle outorga o Garfo de Ouro. No caso dos hoteis, está a Chave de Platina (a nova Pousada do Porto no Palácio do Freixo) e tamén os 25 acreedores á Chave de Ouro. A guía está organizada por rexións e, dentro de cada rexión, primeiro os ‘garfos’ ou ‘chaves’ de ouro e a continuación o resto de locais por orden alfabética. Os locais de ouro ocupan dobre páxina con profusión de fotografías e datos; os demais aparecen catro por páxina cunha mención especial a queles restaurantes que acceden por primeira vez á guía e os que se lle reserva media páxina.
guia_fozvelhaguia_mesa1
Os datos para cada restaurante son: unha pequena entrada que resume un texto posterior no que se destacan as cualidades que levan a cada local a ocupar un lugar na guía; este texto apunta algunha das especialidades da casa e elementos a ter en conta (nalgúns casos a bodega, a decoración, esplanada agradable, localización, etc). Enderezo completo, teléfono, día de descanso, localización XPS, prezo medio e datos sobre se permiten fumadores, se aceptan taxetas, facilidade de aparcamento, etc.
Unha guía moi recomendable para os amantes de Portugal. Recomendable tanto pola rigorosidade na selección de locais (certo punto negro de tendencia ao centralismo lisboeta) como polos datos que aporta e o coidado deseño.