o miolo

Se no capítulo anterior (Unha experiencia memorable) facía unha especie de homenaxe aos grandes momentos do meu devir polas cociñas deste país, para acabar resaltando a comida do sábado en Alborada, hoxe vou contarvos un pouco máis polo miúdo en que consistiu esta experiencia que alcanzou o título de ‘memorable’. Prometo tentar, cando menos tentar, non extenderme demasiado.
Restaurante Alborada. Tarxeta Restaurante Alborada. Vista exterior. Restaurante Alborada. Vista exterior. Restaurante Alborada. Tarxeta
Para comezar, a situación.
Alborada está na Avenida Paco Vázquez, un deses eixos de desenvolvemento que están a conseguir que A Coruña pase de ser unha capital provinciana para se converter nunha cidade do século XXI, moi agradable de pasear e de vivir.
Restaurante Alborada. Barra. Restaurante Alborada. Local Restaurante Alborada. Mesa
O local é bonito, acolledor, dominado pola luz das cristaleiras que o abren ao mar a través dun dos laterais completo. Moita luz e moita madeira que dá unha agradable sensación de calidez. Arredor de cincuenta prazas que, en sábado ao mediodía, estaban practicamente cubertas.
Restaurante Alborada 17
Servizo atento e correcto, á altura do resto de prestacións do local. Pode perfectamente co restaurante practicamente cheo e o ritmo de varias mesas co menú gastronómico.
Restaurante Alborada. Detalle da decoración   Restaurante Alborada. Menú gastronómico  Restaurante Alborada. Detalle da decoración
Os snacks son un dos momentos estelares da comida. Sorbete de laranxa sanguina arrefriada na mesa con nitróxeno líquido, tosta de manteiga caseira trufada, filo-pizza, burbullas de aceituna, conos recheados foie, patatillas con sabores…
Restaurante Alborada. Snacks. Restaurante Alborada. Snacks.
Restaurante Alborada. Esferas de aceituna. Restaurante Alborada. Tosta de manteiga caseira trufada.
Unha obertura espectacular que coloca o listón moi alto. Exhibición de técnica, incluídas varias novidades de cociña molecular, que dan pé a un estoupido de sensacións con guiños aos cinco sentidos.
Bocados globais absolutamente fantásticos.
Restaurante Alborada. Carpaccio de gambón e ourizos con sorbete de lichis
Os catro que estamos á mesa coincidimos en que o Carpaccio de gambón e ourizos con sorbete de lichis é un deses bocados máxicos que deixan todo un ronsel de sensacións na memoria; conxunción perfecta de sabores, temperaturas e texturas. Un prato xenial, dos que non chegas a coñecer moitos.
Restaurante Alborada. Ostras a -20ºC + mazá + ácido
Algo moi semellante ocorre coa Ostra a -20ºC + mazá + ácido. O sabor do xeado de ostra é demoledor, moi, moi intenso, e o contrapunto da xelatina de mazá e a evidente acidez, dá como resultado un equilibrio moi interesante.
Restaurante Alborada. Polbo á galega en carpaccio.
Polbo á galega en carpaccio (acompañado de queixo san Simón e chalotas). Quiza o momento menos sorprendente da comida. Prato que en xeral opinamos como O.K.
Restaurante Alborada. Verduras asadas no seu mollo.  Restaurante Alborada. Verduras asadas no seu mollo.
Coas Verduriñas asadas no seu mollo recuperamos o pulso do extraordinario; moi saborosas, mesmo diría que de sabor intensísimo e que algo ten que ver cos tropezóns de cigaliña que descubrimos entre as verduras sabiamente asadas en papillot.
Restaurante Alborada. Foie en ravioli de leituga con prebe do cocido  Restaurante Alborada. Foie en ravioli de leituga con prebe do cocido
De novo un bocado imposible, unha mestura inimaxinable que acaba harmonizando á perfección: Foie en ravioli de leituga con prebe do cocido. Prato sobresaliente.
Restaurante Alborada. O noso guiso de chícharos ‘sen guisar’
Para min, outro dos momentos estelares foi O noso guiso de chícharos ‘sen guisar’. Quizá por que son incondicional dos chícharos, do bacallao, do pil pil e das texturas xelatinosas. Delicioso.
Restaurante Alborada. A cigala que comeu ao ovo con pan, patacas e trufa  Restaurante Alborada. A cigala que comeu ao ovo con pan, patacas e trufa
A cigala que comeu ao ovo con pan, patacas e trufa. Outro bocado exquisito. Desde o meu punto de vista a xema do ovo está un chisco pasada, practicamente sólida, e non se derrama sobre o resto do prato como penso que debería. Malia este defectiño, gustoume moito.
Restaurante Alborada. Salmonete ao pil pil e arroz
Volvemos a outro momento álxido da comida. Salmonete ao pil pil e arroz. De novo coincidimos os catro en que o sabor deste salmonete é único e intensísimo ao que ten que saber, a salmonete; o bocado no que toca a costra da pel (torrada, triscante, sumamente agradable) xa é o máximo.
Execución cunha técnica impecable.
Restaurante Alborada. Bacoriño a 65º coa súa ensalada  Restaurante Alborada. Bacoriño a 65º coa súa ensalada
Ultimamente téñome queixado bastante de chegar ás carnes dos menús xa sobrepasado de sensacións e cantidades. Hoxe pasoume un pouco o de sempre; non disfrutei ao cen por cen do Bacoriño a 65º coa súa ensalada. Así todo dicir que o prato era delicado, que a nivel sabor houbo outros moitísimo máis potentes, e que o fondo de trigo con salsa foi otra das sorpresas interesantes.
  Restaurante Alborada. Paixón con froita de tempada e vainilla Restaurante Alborada. Bóla de ouro Restaurante Alborada. Conguitos
Chegados ás sobremesas, apenas me quedan calificativos para explicar –sen repetirme- o que estamos a experimentar. Paixón con froita de tempada e vainilla, Bóla de ouro e Conguitos. A cada cal un bocado máis especial e exquisito.
Restaurante Alborada. Petit fours Restaurante Alborada. Petit fours Restaurante Alborada. Petit fours
Cos cafés e os Petit fours pechamos unha festa gastronómica que resultou ser de 10.
Acompañamos con un Reserva de 2007 de Agustí Torello e cun Silvanus Crianza de 2007. En total, algo máis dos 80 euros por cabeza que pagamos –que pagou Pepe- sen rechistar e convencidos de ter feito un bo negocio.
Súmome á propia propaganda do restaurante: ‘Unha cociña que sabe ben e senta ben, natural, sinxela e actual’.
Restaurante Alborada
Luis Veira
Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez 25
15002 A Coruña
981 929 201
Fax: 981 929 352
GPS: 43º37’60”N 8º39’40”W
Localización en Mapas de Google
Enderezo-E
Web
Michelín: 1 estrela
Repsol: Recomendado
Gourmetour: Mencionado
Verema: 8,1