Como dicía (Primeira entrega) tratábase de situar onde pode estar a corrección no trato do servizo de mesa dun restaurante. Máis próximo?, calado?, ausente?, cálido?, invisible?, submiso?…
Con que camareiro da serie se queda cada quen?
100 cousas que nunca deberían facer os camareiros dun restaurante B Buschel (2)
- 21. Nunca sirva nada con aspecto arrepiante ou incorrecto.
- 22. Se o cliente non está seguro coa elección do viño, axúdelle. Isto podería significar a presenza do especialista na mesa, ou a oferta dun par de probas.
- 23. Se o cliente queda satisfeito co viño, despegar ao vapor a etiqueta da botella e dar ao cliente xunto coa factura. Así terá o ano, a adega, importador, etc
- 24. Nunca utilice a mesma copa para una segunda bebida.
- 25. Asegúrese de que as copas están limpas. Revíseas antes de poñelas na mesa.
- 26. Nunca asuma que o cliente quere o viño branco nun cubo de xeo. Pregúntelle.
- 27. Para o viño tinto, pregunte se o cliente desexa servirse pola súa conta ou prefire o servizo do camareiro.
- 28. Non toque coas mans no bico da botella de viño mentres quita a rolla.
- 29. Non faga estoupar o tapón do espumante. Quíteo silenciosamente, con elegancia. Canto menos ruído mellor.
- 30. Nunca apoie a botella de viño na copa cando está a servir. Ninguén quere beber o po ou a sucidade da botella.
- 31. Nunca retire un prato cheo de comida sen preguntar o que saíu mal. Porque, evidentemente, algo saíu mal.
- 32. Xamais toque a un cliente. Non hai escusas. Nunca o faga. Non o cepille, nin o sacuda, nin o limpe, nin lle quite o po.
- 33. Non golpee en cadeiras ou mesas ao pasar xunto a elas.
- 34. Nunca manteña unha conversa persoal con outra persoa do servizo ao alcance do oído dos clientes.
- 35. Non coma nin beba á vista dos clientes.
- 36. Asegúrese de non desprender olor, especialmente a perfume ou tabaco. A xente quere ulir a comida e a bebida.
- 37. Non beba alcohol no traballo, mesmo se o cliente lle invita. Cun simple 'Non, grazas, estou de servizo' será suficiente.
- 38. Nunca lle fale a unha persoa como 'amigo'.
- 39. Non trate a una muller como "señora".
- 40. Nunca diga, "Boa elección", isto implica que hai outras opcións que son malas.