o miolo

porque sen galego non hai galegos…

Neste 17 de maio pouco máis hai que dicir.
A cultura, no seu sentido máis amplo, é o elemento aglutinante e ao mesmo tempo diferenciador dun pobo.
Cultura é tradición. E tamén literatura, e gastonomía, e música, e danza, pintura, escultura, xogo, oficios, … E por riba de todo é lingua.
O día que desapareza a nosa lingua, o galego, deixaremos de existir os galegos; todos, sen execpción, os que así o queren e prentenden con teimosía, pero tamén nós, os que nos resistimos, pasaremos a ser gallegos.
Claro que a afirmación podería ser en versión reversible: sen galegos (e, ollo, máis que por nós estou a falar para eles, os gallegos), o galego está condenado á desaparición.
Para dar color a este 17 de maio traio as fotografías dos traballos-murais que elaboraron os centros de ensino do concello de Cambados arredor de Lois Pereiro.
Lois Pereiro CEIP de Castrelo     Lois Pereiro EEI A Pastora
Lois Pereiro CEIP Corvillon Lois Pereiro CEIP E Pinheiro Lois Pereiro CEIP S Tome Lois Pereiro CEP A Magarinhos
Lois Pereiro IES Asorey    Lois Pereiro IES R Cabanillas     Lois Pereiro Salesianos A Merce