o miolo

confirmación: de novo en misturas

Un día pode ser sorte ou casualidade. Dous xa non.
Volvemos a Misturas (Restaurante Tapería Misturas) esta vez con Luz e Luis.
Restaurante Misturas 3     Restaurante Misturas 5
Nunha comida bastante máis formal que a primeira (con viño e con primeiros e segundos nítidos) confirmamos as moi boas primeiras impresións.
Restaurante Misturas 9     Restaurante Misturas 11
Ensalada morna de vieiras, pan de cristal, linguado recheado de vieira, manitas de porco con puré, cañas de crema. O prezo na liña da primeira vez: algo menos dos 35 euros por comensal.
Restaurante Misturas 12     Restaurante Misturas 13
Por certo, o viño foi un Alcouce, barrica de 2009; un Ribeira Sacra das terras de Trives que me gustou moito. Claramente na liña dos bierzos de gama media e novo cuño polos que teño unha especial predilección.
Restaurante Misturas 14
Restaurante Misturas 6