o miolo

o foz velha

FozVelha_anagrama
No traballo sobre os mellores restaurantes de Porto segundo as guías gastronómicas, o máis destacado resultou ser, sen dúbida, o Foz Velha.
Tamén eu, aínda que sen caer na obriga de categorizar entre primeiros, segundos  ou derradeiros, apunt0 o Foz Velha como unha das mellores ofertas na gastronomía actual da cidade de Porto.
foz velha Ocupa o lugar 23 (o máis alto dos de Porto) na relación dos 101 mellores restaurantes de Portugal elaborada pola Mesa Marcada cos votos dos propios restauradores, críticos, afeccionados de sona, etc.
Garfo de Ouro 2010 (e de edicións anteriores) da Guía do Expresso BCBM.
Restaurante destacado por José Silva na súa guía impresa.
Presente tanto na Michelín como na Repsol.
3,8 puntos sobre 5 na selección da revista dixital Winne.
Recomendado polo blog do Porto máis Cool
Pero, que ofrece este Foz Velha para ocupar un lugar tan destacado en guías tan variopintas como distantes entre si?
Para empezar, a localización. Atopamos o Foz Velha na Foz do Douro, na Esplanada do Castelo, no número 141, en zonaRestaurante Foz Velha 01 privilexiada, clásica, apetecible para os de dentro e máis para os de fóra, a cabalo entre a praia dos Ingleses, o castelo e o faro. No mesmo centro dunha das millas de ouro da nova gastronomía portuense.
A continuación, e desde o meu punto de vista como elemento destacado, a decoración. O Foz Velha ocupa o primeiro andar dunha vella casa da Foz. De feito pode pasar inadvertido pois unicamente se promociona grazas ao dourado dunha mínima placa. Restaurante Foz Velha 17O portal dá paso a unhas escaleiras de madeira impecablemente restauradas, e, destas, accedes a un  local que harmoniza á perfección o clasicismo da envoltura externa (as madeiras, os estucos, as molduras) cunha decoración cálida pero sobria, con obxectos clásicos pero seguindo a estética do menos é máis. Madeira combinada con pinceladas dun vermello e dun azulón que envolven a atmosfera dun ambiente especialmente rico e acolledor.
O servizo é perfecto, serio, profesional, ‘ausente’, pero con esa sabedoría do que sabe ser cálido e próximo se ti lle dás pé.
Claro que todo o anterior cobra auténtico valor na cociña de Marco Gómez. No Foz Velha descubrimos unha cociña sustentada en tres piares: a tradición da gastronomía portuguesa, o produto fresco e de cualidade, e o toque persoal e creativo do cociñeiro. Deste xeito, algúns dos pratos que poderemos degustar de achegármonos ao Foz Velha son o Crocante de alheira de Trás-os-Montes com maçã e molho de cogumelos, o Cachaço de porco preto em açorda aromatizada com poejo e grabanços ou o Queque morno de noz con espuma de ovos-moles e gelado de vinho do Porto
Coidada selección de viños acompañada de sinxelos comentarios de proba de João Paulo Martíns, un dos críticos de viños máis mediáticos de Portugal.
Menu na Foz Velha Bombom de FoieMenu na Foz Velha Ninho de Bacalhau Restaurante Foz Velha Porto 04
As fotos corresponden a algúns dos pratos do último menú de degustación que puidemos gozar no Foz Velha: un bombón de foie, un niño de bacalhau (taco de bacalhau com feijão fradinho, ovo e tomate en emulsão de salsa) e as clásicas texturas de chocolate. Naquela ocasión eramos 5 e o prezo do menú era de euros.
FozVelha1 Un dos aspectos máis salientables do Foz Velha é que se trata dun restaurante especialmente vivo. Periodicamente organiza atractivos eventos gastronómicos. A bote pronto lembro recibir novas dun menú temático arredor da Cozinha  Trasmontana e os seus azeites, dunha cea especial FozVelha2dos namorados, dunha comida na que, partindo dunha selección de viños do Esporão, a imaxinación do chef elaboraba un completo menú de degustación con especial atención ás maridaxes, outra comida na que, arredor de Marco Gómez se reunían catro ou  cinco dos mellores cociñeiros do norte de Portugal para elaborar cada un algunha das súas especialidades, as sesións de Cocido à Portuguesa visto por cociñeiros invitados, etc. Para o seguimento destes eventos a subscrición ás novidades do Foz Velha é de gran axuda.
A día de hoxe, e adaptado aos tempos de crise que corren, o Foz Velha ofrece dos menús de degustación longos, un Almoço Gourmet (especie de menú do día sorpresa composto de entrada, prato, sobremesa, água, e copo de vinho ou café), e o menú á carta, na que o propio comensal, e a prezo fixo, elixe unha entrada, un prato e unha sobremesa da carta.
Restaurante Foz Velha
Esplanada do Castelo 141
Foz. 4150-196 Porto.
Teléfono: (351) 226 154 178 
E-Electrónico: mail@fozvelha.net
Web: Foz Velha
XPS: 08º40’33”W  41º09’00”
Localización en Mapas de Google
Guía BCBM: Garfo de Ouro 
Guía José Silva: Mención destacada 
Mesa Marcada: Posto 23
Guía Repsol: Recomendado
Guía Michelín: Recomendado
Revista Wine: 3,8 puntos