o miolo

breve guía de restaurantes de vigo

Entre o aprendido estes días atrás, Comer en Vigo, as aportacións de Alba -experta familiar sobre o que se move por aquí-, algo que me conta xente de confianza, e un pouco máis de buceo por Internet, aí vai a nosa particular guía gastronómica de 30 resturantes destacados en Vigo.
Todos son… algún pode non estar.
Orde alfabética sen ningunha pretensións de clasificación.

amordiscos
A Mordiscos
(Taberna)
R Real 22
986 910 644
GPS: 42.238853N,  8.727794O
www.amordiscosvigo.es 
Facebook
Cociña: Creativa, pinchos.
Prezo: Pinchos-tapas entre os 2 e os 4,5€. Pratos sobre os 9-10€. Menú semanal 12€ (entrante e prato a elixir entre 4, sobremesa entre dúas opcións, bebida e café)   
Peche: Domingo noite. Luns. 
Aprendiz de chef: Delicias en pequeno formato. Espazo luminoso, diáfano, moderno. Coidadas tapas e pratos creativos. Delicioso picoteo de calidade a prezos moderados.

alamedaxxi
Alameda XXI 
(Restaurante) 
Carlos Barreira 
Gran Hotel Nagari
Praza de Compostela 21
986 211 140
GPS: 42.239616N,  8.721431O
www.granhotelnagari.com
Facebook
Cociña:  Internacional. Actual.
Prezo: Menú degustación (3 entrantes, prato e sobremesa) 45€. Gran menú degustación (2 entrantes, 2 pratos, sobremesa): 65€. Menú executivo sobre 25€. Entrantes entre 9 e 19€. Arroces e pastas entre 15 e 24€. Pratos entre 15 e 25€.
Gastrópata: Cando a gastronomía se volve arte. Hoxe foi un deses días fantásticos á hora de sentarse nunha mesa e gozar de variedade de pratos nun ambiente inmellorable. Servizo moi amable, atento e agradable. Cociña orquestrada por un chef que merece todo o recoñecemento por un traballo exquisito.

AsadorSoriano
Asador Soriano
(Asador restaurante) 
Jesús Magaz

R de Chans 23
986 481 373
GPS: 42.199120N,  8.680620O
www.asadorsoriano.com
Facebook
Cociña: Tradicional. Carnes. Asados.
Prezo: 25-50€
Peche: Domingo noite.
Michelín: Ofrece varias salas neorrústicas e unha carta tradicional que destaca polas súas carnes na brasa. Excelente bodega e fermosas vistas sobre a ría de Vigo. Ten un club do fumador.

puerto
Bar Puerto
(Restaurante)
R República Argentina 15
986 222 044
GPS: 42.238464N,  8.717908O
Cociña: Tradicional. Galega. Mar. 
Prezo: 25€
Peche: Domingo
Miss Galician Pie: Típica taberna de pescadores (agora novo local) na que se mesturan todo tipo de xentes, desde familias a executivos. Produto de calidade e ben elaborado; peixes e mariscos frescos. Prezo nada desorbitado. Para os non iniciados, saltou aos medios por ser un dos locais de comida do inspector Caldas (personaxe creado por Domingo Villar: Ollos de auga e A praia dos afogados).

bitadornaC
Bitadorna

(Restaurante)
Chus Castro

R Ecuador 56
986 136 951
GPS: 42.233131N,  8.718970O
www.bitadorna.com
Facebook
Cociña: Mercado. Mariñeira. Creativa. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo: 18-45
Peche: Domingo noite.
Repsol: Decoración moderna a tono coa creatividade culinaria de Chus Castro. Como valor engadido bos aceites de oliva extra e bos queixos.

casamarcoc
Casa Marco
(Restaurante)

Avda García Barbón 123
986 225 110
GPS: 42.238102N,  8.710421O 
Cociña: Tradicional.
Prezo: 28-40
Michelín: Goza de gran aceptación. Salas de liña elegante clásica-actual. Cociña de tinte tradicional ben elaborada e racións xenerosas. Arroces, peixes frescos e especialidades de tempada. Ten o seu alter ego en Follas Novas.

 chilambalam
Chilam-Balam / Pénjamo
(Restaurante. Bar de tapas)
R Oporto 7 / R da Laxe 11
886 131 274 / 986 632 242
GPS: 42.238297N,  8.716451O /  42.239986N,  8.725110O
www.chilambalam.es / www.penjamo.com.es 
Facebook
Cociña:  Restaurante Mexicano. Bar de tapas mexicanas e cócteles.
Prezo: 20-25€
Peche: Domingo / Luns. De martes a xoves pecha ao mediodía.
Pantagruel supongo: Experiencia mexicana en Vigo. Chilam Balam, local de Padre don Rúa; apenas media ducia de mesas, paredes de pedra e trato moi próximo. Suxírennos, con moito acerto, menú degustación. Resultado moi bo. Comida diversa, enriquecedora e, sobre todo, riquísima. O prezo bastante razoable. Un lugar claramente a recomendar.

DaVID
DaVid
(Restaurante, miscelánea gastronómica)
R Urzaiz 72
886 137 750
GPS: 42.233608N,  8.714539O
www.da-vid.es
Facebook
Cociña: Tradicional. Moderna.
Prezo: Menú do día: 12.90. Prezo medio: 30€
Peche: Domingo
Aprendiz de chef: Alta cociña ao alcance de todos os públicos. Ambiente cálido e servizo e trato impecables. Excelente materia prima e elaboración unidas a unos prezos máis que aceptables. Produto tradicional de calidade preparado con toques de innomvación.
A nosa visita: Miscelánea gastronómica.

detapaencepa
De tapa en cepa
(Vinoteca, tapas, restaurante)
R Ecuador 18
986 473 757
GPS: 42.234364N,  8.722368O
www.detapaencepa.com
Facebook
Cociña: Tradicional actualizada. Carta para celíacos.
Prezo: Menú detapa (1 aperitivo, 4 tapas): 15.5€ Menú Gastronómico (2 entrantes, prato, pan e café): 17.5€. Menú do día: (primeiro, segundo, pan, bebida e café): 14€ 
Peche: Domingo
Nos gusta el vino: Viño e gastronomía xúntase neste restaurante para dar unha festa aos sentidos. Servizo e amabilidade excepcionais. Carta de viños como poucas. Dous espazos: inferior, tapas e superior, máis elegante, tranquilo e íntimo. Produtos de primeirísima calidade, cociña espectacular e prezos nada caros.

duran
Durán
(Restaurante) 
Praia de Canido 129 
986 490 837
GPS: 42.195282N,  8.795457O
www.restauranteduran.com 
Facebook
Cociña: Peixes e mariscos. 
Prezo: 25-60€
Peche: Domingo noite. Luns. 
Michelín: Bo restaurante de organización familiar. Ofrece dúas salas de estilo clásico-actual, unha pequena terraza e unha cociña tradicional especializada en peixes e mariscos.

ltaliana
L’Italiana
(Pizzeria. Restaurante italiano)
R Teixugueiras 12
886 124 892
GPS: 42.213520N,  8.755704O
www.litaliana.es
Facebook
Cociña: Restaurante italiano. Pizzería.
Prezo: 15-25€
Peche: Luns. Martes.
Laconada: Fun ao clásico máis sinxelo: a pizza con mozzarela, tomate e albahaca. A masa estaba perfecta, o queixo impecable, o tomate non sei moi ben se me gustou ou non (e non tomedes a mal este comentario)… e a albahaca realmente fresca. É a mellor pizza que tomei en Vigo: feita no forno tradicional, moi finiña e cos ingredientes exactos e de boa calidade. Ambiente moi desenfadado e xove. Ademais de pasta e pizza, de segundo hai pratos italianos de todo tipo. Carta de viños italianos que parece saírse do tópico lambrusquino.

La Carpinteria Web
La Carpintería

(Gastrobar, restaurante)
Rafa Pérez
 
R Alfolíes 19, Bouzas.
986 123 103
GPS: 42.226074N,  8.753396O 
www.lacarpinteriarestaurante.com
Facebook
Cociña: Fusión vasco-galega con toques de autor.
Prezos: Menú do día (entrante, prato, sobremesa e bebida) 12,5€. Carta: 15-40€
Peche: Domingo noite. Luns.
Aprendiz de chef: No local dunha vella carpintería de ribeira en Bouzas. Fantástico menú de degustación marcado pola cociña de mercado e a tradición e a vangarda unidos. Fantásticos sabores, magnífico produto, perfecta elaboración. Sobremesas (alta repostería vasco-francesa) a cargo de Elena Garmendia.
A nosa visita: Bouzas está que se sae.

laCentral
La Central
(Restaurante, bar de tapas) 
Praza da Constitución 8 
986 436 466
GPS: 42.238750N,  8.726059O
www.lacentralvigo.com
Facebook
Cociña: Tapas. Fusión. Actual.
Prezo: Menú do día (primeiro, prato, café ou sobremesa) 12,5€. Entrantes-Tapas entre 9 e 14€; pratos principais 12-17€. Sobremesas sobre 5€. 
Las historias de María: Non tardou nada en poñerse de moda. Local amplo en tres niveis. Decoración chama a atención: cada recuncho ten algún elemento decorativo que consegue sorprender; diferente a todo o que poidamos atopar en Vigo. Cociña de picoteo moi rica. Croquetas de queixo azul DO Prestes e mollo tamarindo, Ovo 63º con migas, panceta e trufa, Cecina de León con foie e trufa. 
A nosa visita: Profeta na túa terra: comer en Vigo.

lacontentac
La Contenta
(Bar de tapas) 
R Joaquín Yáñez 1 
609 528 962 
GPS: 42.238739N,  8.725623O
Facebook
Cociña: Tapas con pinceladas actuais.
Prezo: Menú do día (primeiro, segundo, sobremesa, bebida e café) 10€ 
Revista BenBo: Dentro da ebullición do centro histórico de Vigo como lugar perfecto para a retomada tradición de ‘ir de viños’ ou ‘picar algo’. Gastrobar decorado ao máis puro estilo vintage con exquisitos mini pratos ou pequenas racións de centro de mesa. Cociña nada pretenciosa, sinxela e ben elaborada nunha carta dinámica baseada no produto galego de estación. Ten unha barra especializada en batidos, smothies, gin tónics e cócteles.

lapepita
La Pepita Burger Bar
(Hamburguesería, bar)
R Oporto 15
986 118 156
GPS: 42.237469N,  8.716343O 
www.lapepitaburgerbar.com
Facebook
Cociña:  Hamburguesas… e algo máis.
Prezo: Hamburguesas arredor dos 8€. Entrantes sobre 7€. Sobremesas 4€. 
Peche: Luns
Fuego de mortero: Cadena (nace no local da rúa Oporto de Vigo) que partindo de boas hamburguesas converteuse nun dos lugares máis atractivos de Vigo. Máis alá da comida-lixo, unha boa hamburguesa é un auténtico manxar e na Pepita encárganse de facer múltiples combinacións moi atractivas e de gran calidade.
Ademais do de Vigo, ten locais en A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Madrid
.
A nosa visita (Vilagarcía): Exportación made in Galicia.

lapulperiademaruja
La pulpería de Maruja
(Taberna)
R Laxe 9
986 128 888
GPS: 42.239948N,  8.725101O
www.lapulperiademaruja.es 
Facebook
Cociña: Tradicional con toque innovador. 
Prezo: Menú do día 12€
Peche: Domingo noite. Luns.
Rico de carallo: Para comer en Vigo, disfrutando e por poucos cartos. Servizo atentísimo e esperto, sobre unha decoración semi-industrial con barra.

latrastiendadelcuatro
La trastienda del cuatro
(Restaurante)
R Pablo Morillo 4
986 115 881
GPS: 42.239754N,  8.721928O
www.latrastiendadelcuatro.com
Facebook
Cociña: Contemporánea.
Prezo: Menú do día (entrante, prato, sobremesa, pan, bebida e café) 13,5€. Carta: tostas 3,75€; entrantes entre 9 e 21€; ensaladas 10-15€; arroces e pastas arredor dos 17€; pratos entre 16 e 21€. Sobremesas entre 3 e 6€.
Peche: Luns.
De lima a limón: Menú rico e con fundamento. Do mellor do local, a decoración no seu estilo Cuqui. Carta vai cambiando e os prezos con ela. Reinan os carpaccios e tempuras xunto aos tatakis, sashimis, makisushis, carnes, peixes… Non son baratos, pero nos consta que todo lles sae rico. Boa presentación, racións axeitadas e opcións orixinais no menú do día. Local perfecto para quedar ben cun compromiso sen arruinar o mes, aínda que un chisco cariño para o día a día…

lobodemar
Lobo do mar
(Bar, taberna)
R Anguía 2
986 220 027
GPS: 42.238194N,  8.727943O
Cociña: Tradicional. Galega. Mar.
Prezo: Racións e medias racións entre 4,5 e 7,5€.  
De lima a limón: Un clásico do Casco vello, rehabilitado; local acolledor que aínda destila certa soleira e que soubo resistir e adaptarse aos tempos sen traizoar as súas orixes. Carta en función do mercado do día con racións e medias racións entre 4,5 e 7,5€. Produtos fresquísimos e da terra; perfecta comida caseira sen florituras.

lumedecarozo
Lume de carozo
(Tapería)
R Joaquín Yáñez 5
986 228 346
GPS: 42.238903N,  8.725478O
www.lumedecarozo.com
Facebook
Cociña: Tradicional con toques modernos e creativos (fusión).
Prezo: Menú do día (con pan, bebida, sobremesa e café) 10€. Picoteo sobre 15€
Peche: Domingo.
De lima a limón: Un punto diferente no Casco vello. Local rehabilitado mantendo as paredes de pedra. Comida mestura entre tradicional (raxo) e creativa de fusión. Sitio perfecto para compartir picoteo.

marinadavila
Marina Davila
(Restaurante)
David Couñago

Peirao de reparacións de Bouzas s/n
986 114 446
GPS: 42.232521N,  8.744800W
www.restaurantedavila.com
Facebook
Cociña: Mercado. Tempada. Galega. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo: 35-60€
Peche: Domingo noite. Luns. Noites de martes e mércores entre outubro e marzo.
Repsol: Restaurante especializado en peixe; dada a estacionalidade do produto, normalmente anuncian fóra de carta. Calidade incontestable.
A nosa visita: Davila Resturación.

marujalimon
Maruja Limón

(Restaurante)
Rafael Centeno

R Montero Ríos 4
986 473 406
GPS: 42.240366N,  8.723811O
www.marujalimon.es
Facebook
Cociña: Actualizada. Galega. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo: 45-60€
Peche: Domingo noite. Luns.
Michelín: Atopará un bar de tapeo á entrada, un moderno comedor, coas paredes en pedra e madeira, así como unha atractiva sala deseñada para que o chef poida cociñar diante de vostede. Propón elaboracións actuais que sempre toman como base os produtos galegos e de tempada.
A nosa visita: Unha supercomida en Maruja Limón.

osushi
Osushi-MiZakaya
(Restaurante xaponés; taberna xaponesa)
R Montero Ríos 18
986 294 881
GPS: 42.240471N,  8.722776O
www.osushi.es 
Facebook
Cociña: Xaponesa.
Prezo: 4 menús diferentes desde 21 a 54€
Peche: Domingo noite. Luns
Diario del Gourmet de Provincias:   Coñezo a Ivana e Andrés con tempo como para saber que coñecen o que teñen entre mans, que se preocupan por reciclarse e por seguir mellorando o produto co que traballan. Unha cociña que podería resultar reiterativa vai gañando aquí matices e complexidade ao despoxarse de artificios, ao pulir detalles no esencial e prescindir do resto. Máis que un restaurante de sushi é un dos grandes restaurantes de produto de Galicia e que todo aficionado á gastronomía debería visitar no seu paso por Galicia.
A nosa visita: Unha sona xustificada.

patouro
Patouro

(Taberna)
Beny Couso
Praza M Diego Santos 3
Bouzas
886 113 042 
GPS: 42.224831N,  8.754548O
www.patouro.es 
Facebook
Cociña: Taberna moderna; peixes frescos e produto de mercado. Brasa.
Prezo: 20-30€. Menú degustación (6 racións pequenas): 57€ dúas persoas.
Peche: Martes. Domingo noite.
Las historias de María: Desde que o descubrín por casualidade é o meu local preferido para tapear en Vigo. Encántame a decoración e o ambiente. Non teñen carta impresa; a lista de tapas é unha sorpresa: elabórase diariamente con produtos de época (peixe, setas, caza…). Ao non haber carta impresa, nunca sabes o que vas pagar. Non é económico pero si ten unha boa relación calidade-prezo.

picadillo
Picadillo
(Restaurante)
R Fermín Penzol 10
986 223 729
GPS: 42.238411N,  8.725023O 
www.picadillo.eu
Facebook
Cociña: Caseira divertida 
Prezo: 15-20€. Menú do día (primeiro, segundo, sobremesa ou café) 9,5€. 5 menús para compartir-grupos entre 23-35€.
Peche: Domingo. Luns noite. 
Las historias de María: Ambiente moi tranquilo e agradable. Nas pizarras podemos ver os pratos a degustar: non son tapas típicas; todas as racións e pratos son orixinais, moi ben presentados e teñen un sabor espectacular.

roomkitchen
Room Kitchen and bar
(Bar, restaurante)
R García Barbón 18
986 433 093
GPS: 42.237251N,  8.718893O
www.roomvigo.com
Facebook
Cociña:  Creativa e de fusión.
Prezo: Menú do día (tamén ‘noite’, entrante, prato, bebida, sobremesa e café) 15€; un so prato 12€. 
Peche: Domingo.
Aprendiz de chef: Xornadas italianas en Room Loung: produto e sabor. Estupendo produto, esmerada cociña e grato ambiente.

ruxeruxe
Ruxe, Ruxe
(Espazo gastronómico. Restaurante de boa cociña)
Carlos Barreira, Gerson Iglesias
R México 10
886 490 969
GPS: 42.233479N,  8.715219O
www.ruxeruxe.es
Facebook
Cociña: Tempada. Creativa.
Prezo; Menú do día (primeiro, segundo, bebida, sobremesa ou café): 11,5€. Carta entre 15-40€.
Peche: Domingo. Luns e martes noite.
Nos gusta el vino: Espectacular cociña de mercado creativa en Vigo. Está dando moito que falar. Espazo, moderno e elegante, para a maxia gastronómica onde os amantes á boa cociña creativa poderán gozar… Local grande con dous espazos: para tapear e comedor interior con vistas á cociña. Prezos para todos os petos. Visita, máis que recomendable, indispensable.
A nosa visita: De cando as cousas están ben feitas.

tapasareal
Tapas Areal
(Tapas)
R México 36
986 418 643
GPS: 42.232384N,  8.715991O
www.tapasareal.com
Facebook
Cociña: Tapas. Tradicional.
Prezo: 15€
Peche: Domingo.
Fuego de mortero: Local de decoración moderna. Servizo simpático. Comida informal, de picoteo. Tapas cantadas polo camareiro. Todo o probado era de moi boa calidade e moi rico.

terrae
Terrae Orgánica
(Tenda e degustación comida saudable)
R Venezuela 76
986 115 550
GPS: 42.231087N,  8.715863O
www.terraeorganica.com
Facebook
Cociña: Ecolóxica, de tempada e de proximidade.
Prezo: 10-20€
Peche: Sábado noite. Domingo. Pecha ás 21 h. 
Terrae Orgánica: Terrae é unha tenda e espazo de degustación de alimentos ecolóxicos. Atoparás alimentos de tempada e de proximidade, sans e saborosos e elaborados sen químicos nin aditivos. Ofrecemos os mellores produtos naturais e moita paixón para que goces dunha cociña saudable.

Othilio
The Othilio Bar
Carlos Rodal

R Luis Taboada 9
986 190 017
GPS: 42.239986N,  8.722994O 
www.theotilio.es
Facebook
Cociña: Entrantes fríos e quentes; ensaladas; risottos; peixes e carnes. Tacos de salmón mariñado, enzo, ovas de troita e redución de soia; Polbo, crema de pataca e alioli vermello; Risotto de verduras con ovo de curral; Tataki crocante de atún vermello e wasabi; Bocata de costela de porco ibérico con parmesán galego.
Prezos: Entrantes entre 7 e 13€; Risottos 10€; o tataki 15, o bocata 9.50.
Peche: Domingo. Luns noite.
Travi en la cocina: Un deses sitios a recomendar en Vigo sen perigo de defraudar a ninguén. Repito visita e os seus pratos seguen a resultarme igual de perfectos en presentación e técnica.

timonplaya
Timón Playa

Consuelo Delgado

Canido 8
986 490 815
GPS: 42.202599N,  8.780680O
www.restaurantetimonplaya.com
Facebook
Cociña: Tradicional. Galega. Menú vexetariano.
Prezo: 45€
Peche: Domingo
Repsol: Veterana casa especializada en mariscos e peixes da ría con privilexiadas vistas á bocana da ría de Vigo.