Pois por todo.
Podería acollerme á historia e chorar de envexa (sa envexa) polo 25 de abril, ou tirar aínda máis atrás e achar que non hai que ir tanto máis atrás para saber que somos os mesmos.
E polo idioma, pola paisaxe, polos costumes, polo fado, por Siza Vieira, polo Douro, pola gastronomía, por Lisboa, polos viños, por Saramago, polo xeito de ser, por Pessoa, pola gastronomía, pola fortaleza…
Pero non. Hoxe veño cun novo motivo que engadir ao encanto.
Imaxinade a situación.
Escapada de fin de semana a Lisboa. Sábado. Arredor da unha do mediodía. Na procura do Mercado do Campo de Ourique para comer.
(Por certo, modelo que está a poñerse de moda en Lisboa –Campo de Ourique e Mercado da Ribeira– e en Porto –Mercado do Bom Sucesso, en Boavista–, e que consiste en reformar os vellos mercados para incluír, ademais dos postos de froita, peixe, queixo… orixinais, outros de delicatessen portuguesas e unha zona de balcóns de restaurantes da cidade que ofertan variedade de pratos a moi bo prezo para comer nun enorme espazo común. Unha boa alternativa para diario en Lisboa ou Porto).
Pero sigamos. Non teño moi claro por onde estamos e o coche de atrás (un Mercedes SLK) que me fai sinais coas luces; paro; unha muller loira bastante nova, fermosa, cun fillo de catro ou cinco anos que nos mira con ollos de estranxeiro vén canda min e dime que levo unha das rodas de atrás no chão.
Nervios, preocupación, deseperación. ¡E agora que facemos!?
A muller ofrécese amablemente a levarnos a un taller de confianza y ademais próximo; deixo que pase e a seguimos. Non máis de cinco minutos e chegamos a un local destartalado… pechado (xa pasa da unha). Não há problema. A muller condúcenos a unha segunda oficina… que resulta estar, tamén, pechada. Pregunta a un taxista que lle dá explicacións para achegármonos á sucursal dunha desas cadenas internacionais… que tamén fica pechada. Sempre ao rabo do Mercedes deportivo visitamos, inutilmente, aínda outros dous talleres.
E xa por fin, contra as dúas e ao sexto intento, un sitio de rodas, como todos pechado, pero co persoal aínda na porta; dentro xa dos seus coches para empezar a fin de semana, pero na porta. A nosa valedora pregunta polo xefe e tarda cinco minutos en convecelo; descoñezo o ton e os argumentos pero seica non resultou doado; as maneiras, así de primeiras, non son moi amigables… pero abren o taller e, alá para as dúas e media pasadas, terminan de solucionar o noso problema.
Non sei que dicir. Grazas, muller. Muito, muito obrigado.
Ademais de dúas comidas nos mercados lisboetas, a cea máis gratificante foi no 100 maneiras, un local de moda no barrio de moda (o bairro Alto) altamente recomendable. Imprescindible reservar.
Menú de dez pratos (55€) coa posibilidade de dúas seleccións de viños de maridaxe, unha ‘normal’ de 35€ persoa e outra especial que andaría polos cincuenta.
Local pequeno e abigarrado pero sen risco de mesturarte nas conversas dos demais ou de que entren nas túas; nunha liña de cosmopolitismo de altura, as palabras son en mil e un idiomas diferentes.
De esquerda a dereita, de arriba abaixo e despois do aceite cunhas pingas de módena:
Estendal do Bairro: Bacalhau desidratado con molho ioli de coentros e pementos.
O Brejo Largo: Ostra carabineiro e ouriço-do-mar em espuma de ostra e clorofila de coentros e rúcula.
Nem tanto ao Mar Nem tanto à terra: Batata recheada com queijo e cavala fumados, bolinhas de bacalhau e ostra recheada com presa de porco preto e batata rate.
Madame Butterfly: Rosbife recheao de foie-gras e funcho com molho dashi.
Santa Sardinha: Sardinha com queijo fumado, areia de broa, chalota em balsâmico e coentros fritos.
Bacalhau à Eusebio: Bacalhau braseado com puré de tremoço e creme béarnaise.
Jack Sparrow: Caviar de pêra bêbeda com sorbet de funcho.
Ultimo Acto: Lombo de borrego com pistáchio, puré de alho e legumes confitados.
Final Tropical: Cheesecake de piña-colada.
Final Feliz: Esfarelado de brownie com gelado de iogurte.
Restaurante 100 Maneiras
Ljubomir Stanisic
r/ Teixeira 35
1200-459 Lisboa
Telefone: +351. 910 307 575
info@restaurante100maneiras.com
Web
Localización en Mapas de Google
GPS: 38º42’52,8”N 9º08’41,4W
Repsol
BCBM
Lo mejor de la gastronomía
TripAdvisor
Michelín