A orixe estaba nun acertado post non me quedou moi claro se do Gourmet de Provincias ou do seu Can Gastrónomo (Ese post incómodo).
Na súa entrada, o Gourmet daba na diana ao reflexionar e sobre todo decantarse arredor dunha cuestión que, antes ou despois, entra a formar parte da esencia cotiá de moitos de nós; o tema é tan sinxelo como decidirnos entre se escribir ou non a referencia a ese restaurante que, dun xeito ou doutro, podería saír danado polas opinións que aquí quedan escritas. Ou, o que é o mesmo aínda que tamén suavizado, que facer cando un local non responde totalmente ás expectativas creadas en nós. A balanza, partindo dunha certa dose, no meu caso, de infundada vaidade (hai alguén aí, do outro lado?), oscila entre manter a lealdade cara aos nosos seguidores e os posibles prexuízos que poderiamos crear a un local que, sen máis, puido ter un mal día.
Hai tres semanas fomos celebrar os aniversarios de Pepe e Merce a Solla. Había xa un par de anos que non nos deixabamos caer por alí e xa o botabamos de menos. A primeira impresión é que todo sigue no seu lugar, sinxelamente espectacular. Despois de pedir o Menú de Degustación, a novidade da xornada estivo en que foi o propio Pepe Solla quen nos ofreceu o novo concepto de ‘Menú de viños’: diferentes opcións pechadas de viños seleccionados para acompañar os menús. Unha boa idea, un paso máis no camiño de converter unha comida en toda unha experiencia global e sen fisuras.

(…)
Mentres estou a cocer este post, Michelín, moi oportunamente pois a campaña de Nadal está aí, á volta dun par de comidas especiais, presenta a súa guía 2011.
Hai novidades, algunha que outra sorpresa e motivos suficientes para un comentario máis polo miúdo. Pero esta non é a ocasión.
O que realmente me interesa a día de hoxe é ler o ruxe-ruxe de que Casa Solla está a piques de se converter no primeiro dúas estrelas galego.

Unha vez que leo isto síntome como se debía sentir o fillo daquela muller que na súa xura de bandeira presumía do parvos que eran todos os soldados do cuartel, todos sen excepción… agás o seu fillo. Tan burros eran que todos, todiños, menos o seu, claro, desfilaban co paso cambiado…
Non vou facer a descrición ao uso estendéndome nas bondades ou eivas de cada prato; este comentario xa me queima nas mans e quero rematalo canto antes tentando deixar o pouso de que efectivamente se tratou dun mal día.
Desde o meu particular punto de vista, todos os pratos quentes estaban fóra de temperatura, excesivamente mornos; Pepe tiña todas as súas esperanzas postas na laureada costela de porco e queda un chisco decepcionado, está boa, pero simplemente iso, boa…; a sobremesa, o histórico suflé, é un bocado que nos traslada ao Edén… pero resulta desequilibrado para o menú, excesivo, demasiado contundente, deixa unha sensación de fartura descoñecida neste modelo de comida…

E, xa para rematar, a gota que colmou a experiencia e que posiblemente arrastra con ela ao resto da valoración é de tipo estético.
Entre os pratos salgados e a sobremesa, Solla trae unha caixiña con queixo galego e uns dados de marmelo e doce de froita e nos ofrece a proba…
Cando imos pagar os tres centos euros por catro menús de degustación resulta feo, de pouco gusto, un tanto rácano, que inclúan na factura catro euros por cada proba de queixo galego…