Como o prometido é débeda, aquí vai unha primeira entrega sobre os lugares onde comer na cidade do Porto.
A desculpa para baixar, esta vez, era a inauguración da nova temporada artistica no quarteirão de Bombarda (localización). Bombarda é un lugar especial, mírese por onde se mire. Utilizando as referencias, turísticas pero fermosas e inevitables, da torre dos Clérigos e da librería Lelho e Irmão, acabamos de subir a encosta e alí, á dereita, están os azulexos da igrexa do Carmo; do Carmo sae a rúa de Cedofeita, peatonal, e límite este de Bombarda. Tamén podemos acceder por unha ruela que, fronte por fronte e un pouco á dereita da entrada principal dos xardíns do Palacio de Cristal, loce un oportuno letreiro que anuncia as ‘galerías de arte’.
Bombarda é un espazo que aos españois pode parecernos inaudito pola inusual concentración de tendas de deseño de interiores, deseño fashion, industrial, de mobles, de moda… e sobre todo polas galerías de arte, e todo nun contorno físico bastante degradado, pero cunha vida, cunha efervescencia e bulicio, de diversión e bohemia, de creatividade e cosmopolitismo que non pode deixar indiferente a ningunha sensibilidade. Por Bombarda hai que pasear á tardiña, con todos os sentidos e, en especial aquel encargado de regular a capacidade de asombro, abertos a todo, a deixarse guiar polos grafittis, a entrar en cada local, a non mirar de esguello as pintas dos outros, a non permitir que os prexuízos poidan con nós. Tamén, e antes de cear, a animarnos a entrar en calquera dos locais que logo funcionaran como restaurantes pero agora son apracibles salóns de té.
Os principais restaurantes de Bombarda responden aos modelos dun contorno que pretende fuxir dos modelos, locais acolledores, persoais, distintos, moi coidados, desde a decoración, cun forte protagonismo para o deseño e a iluminación, ata a carta, pasando polo servizo, que responde máis aos ditados da propia estética que ás normas da etiqueta. Xa dentro poden sorprendernos por completarse cunha selecta galería de arte, algún, ou cun balcão para a venda de delicatesen, outros, tamén pola actuación musical en vivo, o té da mediatarde ou a zona de copas para a hora nocturna… Posto a destacar en primeiro lugar os que coñezo en primeira persoa, o Artemisia e o Guernica; tamén, e para un unha refeizón máis rápida, informal ou tamén barata, algún dos pequenos locais da Galería da rúa Bombarda.
Artemisia está na rúa Adolfo Casais Monteiro, no número 135. É un local pequeno, bonito, moi cálido, quizá un pouco escuro para as persoas con problemas de visión. Ofrece cociña internacional baseada en produtos naturais, herbas aromáticas e especias a prezos razoables. Non se trata dunha cociña rompedora nin tampouco de alta cualidade pero, unida aos valores do contorno, interno e externo, termina por compensar e pagar a pena. Artemisia, durante a semana, ofrece un menú que para o diario resulta tentador.
O Guernica podemos atopalo na propia rúa Miguel Bombarda ao final (ou principio), no número 598. A decoración, acolledora, informal, está dominada por unha versión do cadro de Picaso que dá nome ao local. Ofrece unha cociña de fusión entre a mediterránea e a oriental cun resultado máis que decente (Salada verde com queijo de cabra gratinado, Caril de gambas com arroz basmati). Destacar que o chef, Ricardo Teixeira, e despois de traballar no estranxeiro, pasou polo Bull&Bear. É dos que, chegada a hora, se transforma en local de música e copas.
O 110 Restaurante Bar Galería suma a de galería de arte ás típicas utilizacións dos restaurantes-bar da zona. Ofrece un bocado desde o almorzo á cea; a comida e cea a base de petiscos a moi bo prezo.
O Clube da Gula, na rúa do profesor Jaime Rios de Sousa 19, mestura a envoltura, casarón palaciego do século XIX, cunha decoración interior minimalista especialmente agradable; o local conta, ademais, cunha pequena e coqueta tenda de produtos gastronómicos de calidade. A cociña pretende ser creativa, ‘pratos reinventados a partir dos sabores orixinais’,
O Nakité, rúa do Breiner 396, é un restaurante vexetariano con moi boas referencias nos ambientes ,
O Itamae, na rúa de Miguel Bombarda 216, foi o primeiro restaurante xaponés de Porto; hoxe, en novas mans, sigue en primeira liña. Local moi agradable.
Artemisia
Rúa Adolfo Casais Monteiro 135
351 226 062 286
correo-e
web
XPS:
Localización en Google Maps
O Artemisia no blog PortoCool
Michelín: Mencionado
Wine: 3,6/5
Guernica
Rúa Miguel Bombarda 598
Porto
351 226 062 179
XPS:
Localización en Google Maps
Wine: 3,3/5
110 – Restaurante-Bar-Galería
Rúa do Rosario 110
351 916 762 139
correo-e
XPS:
Localización en Google Maps
O 110 no blog PortoCool
O Clube da Gula
Rúa do Prof. Jaime Rios de Sousa 19
Porto
220 934 229
correo-e
web
XPS: 41º 08’ 92” N / 8º 37’ 22” W
Localización en Google Maps
Itamae
Rúa Miguel Bombarda 216
Porto
351 222 011 926
XPS:
blog
Localización en Google Maps
O Itamae no blog PortoCool
NetMenú: 4/5
Nakité
Rúa do Breiner 396
Porto
351 226 002 536
correo-e
XPS: 41º 09’ 01” N / 8º 37’ 32” W
web
blog
Localización en Google Maps