Este ano as vacacións de Alfonso coincidiron entre o 10 e o 20 de agosto.
Alfonso é o meu irmán maior. Arquitecto, residente en Gainesville (Florida), profesor de proxectos na universidade... Fóra estes detalles sen importancia, compartimos moitas afeccións, en especial o gusto polo bo comer e o mellor beber.
Alfonso regresa todos os anos a Vigo, unhas veces polo Nadal e outras en verán. Nos poucos días que temos hei de poñelo ao día do que se coce por aquí en gastronomía e arquitectura.
No tocante á gastronomía, resultou unha desfeita. Algunhas pistas para que non caiades nos mesmos erros que nós.
Compostela invadida; probamos un par de sitios de tapas, deses que están de moda, e non acabaron de convencernos. Ateigados de xente, demoras, pratos moi salgados, oferta limitada, demasiadas concesións ao turista ávido de tópicos…
Para seguir: o restaurante As Arcadas (Hotel Quinta das Lágrimas, Coimbra) só traballa na noite; ao mediodía funciona o outro restaurante do hotel, o Aqua, italiano, conducido polo mesmo chef… pero sen saír do guión clásico das masas e pastas. Moi caro para tratarse dun segundo prato.
Os de sona en Ponferrada aos que tiñamos o ollo botado (Menta y Canela, Sofra) pechados. Houbemos de conformarnos co trámite dun prato do día recomendado polos empregados dun banco que daquelas horas saían de traballar. Mágoa. Coñeciamos dunha escapada anterior ás Médulas o Menta y Canela e ben vale a malleira do desprazamento. O restaurante S João, do hotel Forte de São João, Vila do Conde, ao mediodía serve, unicamente, menú do día.
E así, cada día.
Xa non tentamos máis ao diabo.
Pola contra, moitas e agradables novidades (ou menos novidades) arquitectónicas.
Aí van algunhas.
Santiago-Conxo | Santiago-A Trisca | Íhavo-Aveiro | Aveiro |
Centro Novas Tecnoloxías | Centro Social | Museo Marítimo | Casa da Cultura |
Francisco Mangado | John Hejduk | Nuno e José Mateus | Fernando Távora |
Cangas | Domaio-Moaña | Vila do Conde | Sta Luzia-Viana |
Departamentos Pescadores | Centro de Saúde | Oficina Banco | Cent. Interpretación Citania |
Irisarri e Piñera | Irisarri e Piñera | Siza Vieira | Paula Santos |
Universidade-Aveiro | Universidade-Aveiro | Ourense | Ponferrada |
Biblioteca | Facultade Geociencias | Piscina Universitaria | Igrexa Buen Pastor |
Siza Vieira | Souto de Moura | Francisco Mangado | Vicens e Ramos |