o miolo

restaurante mesa. porto

É à Mesa onde comemos, onde bebemos, onde convivemos e jogamos.
É o lugar onde, por excelência, a nossa sociedade,
tradição e cultura se têm desenvolvido. (Luís Américo, Chefe de Cozinha)

Había un tempo que seguía este novo restaurante de Porto e pensei que esta podía ser unha boa fin de semana para coñecelo.
novas_mesa


Restaurante Mesa Porto 1
Newsletter semanal do Mesa
O Mesa, malia súa xuventude (botou a andar no pasado mes de outubro de 2009), xa está nalgunhas das principais guías de Portugal. Aparece, como novidade, na Guía BCBM impresa; na dixital mete a cabeza nunha selección de sete restaurantes de todo Portugal para comezar ben o 2010. Está na Guía de Restaurantes de Portugal 2010 de José Silva. Aparecía nun discreto 65 posto con 5 puntos (pero aparecía) no listado dos 101 mellores restaurantes de Portugal do Mesa Marcada.
A culpa, en parte, é do xefe de cociña: Luís Américo Teixeira, cociñeiro que se fixo un nome en Portugal cando, ademais doutros premios, representacións por todo o mundo ou colaboracións con outros restaurantes (foi socio-fundador e encargado de sobremesas no Foz Velha), acadou o galardón de Chefe do ano en 2004.
O restaurante Mesa está en Nevogilde, un dos barrios nobres de Porto Restaurante Mesa Porto 4con máis ‘pedegree’. Ocupa  a cuarta planta dun edificio residencial polo que a primeira impresión non resulta moi alentadora (aunque bastante máis extendida en Portugal que aquí en España; sen saír de Porto abonda con mencionar o Portucale, quizá, e despois da desaparición do Dom Manuel, o local máis clásico da cidade). Logo, cando o ascensor abre as súas portas ao restaurante, a situación cambia moi sensiblemente. Atopas un local luminoso, amplo, decorado en tonos pasteis, con mobiliario de época, mínimo, sen recargar, distribuído estratexicamente para configurar diferentes espazos. A sensación global é de confort, de comodidade, de pracidez, de bo gusto, dun certo luxo pero con carencia absoluta de estridencias.
Restaurante Mesa Porto 13Restaurante Mesa Porto 9Restaurante Mesa Porto 11Restaurante Mesa Porto 6
O Mesa, para adaptarse aos tempos de crise, optou polos menús e pola apertura de tarde como salón de té (para eles ‘sala de estar para as fins da tarde’, ou sexa, moito máis que un bar).
As opcións de comida son o menú de degustación (só pola noite, 38€, con selección de viños, máis 25€) o almoço ejecutivo e o menú á carta.
O almorzo executivo varía semanalmente, de xoves a xoves, e é válido tamén durante as fins de semana; nós fomos en sábado ao mediodía e optamos por este menú. O menú consta de catro entradas, catro pratos fortes e catro sobremesas; podes elixir un prato de dous dos grupos (15€) ou un prato de cada un dos tres grupos (18€), prezo pechado, con bebida e café.
A semana do 11 ao 17 de xuño as propostas son:Restaurante Mesa Porto 16
Restaurante Mesa Porto 15Entradas: Salada de bacalhau con pimientos assados, salada de pato fumado con meloa e orégãos, Peixinhos da horta con à Brás de tomate, Creme de alho Francês com estaladiço de bacon.Restaurante Mesa Porto 18
Restaurante Mesa Porto 17Pratos Principais: Tagliatele com tomate seco e coentros, Estaladiço de robalo e cogumelos em cama de açorda, Tripas em massa de pão e arroz basmati, Perna de frango recheada com alheira.
Sobremesas: Pannacotta de caramelo com maça, Tarte de chocolate e chantilly, Gelado de Morango, Fruta laminada.
Restaurante Mesa Porto 19Restaurante Mesa Porto 20
Vinhos: Castelo D’Alba 2009 (branco) e 2008 (tinto), do Douro; Vinha do Monte 2009 (branco Alentejo), Quinta de Cabriz colheita seleccionada 2008 (Tinto, Dã0).
Unha boa comida reforzada polo prezo. As ensaladas (a de bacallao e a de pato afumado) moi ben combinadas, variadas, no seu punto de aderezo e con boa materia prima.  O estaladiço de robado resultou ser minimamente cocido e logo envolto nunha masa china; moi ben a idea da xema do ovo cocido a baixa temperatura sobre a cama de açorda. As tripas son tripas, especialmente no Porto; coa base de pan un pouco embebida no prebe, realmente deliciosas (aínda que en Portugal este calificativo non guste).
Moi recomendable para volver e probar calquera dos menús. En especial haberá que achegarse unha noite e probar o de degustación con viños. Para unha xornada de diario o menú exectivo pareceunme unha aposta segura e perfecta.
Apostaría que a súa evolución nos próximos anos vai ser moi significativa dentro da abondosa oferta gastronómica de Porto.
Restaurante Mesa
Rúa Dom Domingos Pinho Brandão 75, 4º
Nevogilde. 4150 280 Porto.
Teléfono: 226 169 255
E-Electrónico: hospitalidade@amesa.pt
Web: A Mesa
XPS: 08º40’31”W  41º09’41”
Localización en Mapas de Google
Guía BCBM: Mencionado
Guía José Silva: Mencionado
Mesa Marcada: Posto 65