o miolo

cincuenta

O de hoxe é día de aniversario. Día de torta e velas, de viño e rosas, de cumprimentos e happybirthdays, de foguetes, de bombas de palenque, de balances.
Estou a escribir a entrada número cincuenta de Como, logo existo.

cabeceiradefi

Hoxe é día de poñernos diante do espello.
Foron oito meses, innumerables probas, cambios máis ou menos radicais, infinitos experimentos, miles de dúbidas, centos de decisións.
E todo para corenta e nove entradas…
E todo para un único seguidor habitual…

cabeceira

Despois dalgúns tombos, a liña estética ficou perfectamente definida alá polo mes de abril: a base branca (limpeza, claridade, pureza, calma…) adozada cunha picadela de cor, laranxa (activo, expansivo, enerxético, acolledor, cálido, estimulante).
Fonte, Georgia: atractiva, elegante, con riscos pero sen esaxeracións, moi diáfana e lexible. Simple. Fermosa.

cabe_sidebar

Os contidos tamén se centraron aos poucos arredor dese comer para existir pero tamén para chegar un chisco máis lonxe que xa se anunciaba desde o primeiro e titubeante paso
Era un comer caro (Davila Restauración) pero tamén máis barato (Bar restaurante O Tropezón), un comer de deseño (Eirado da Leña) e outro popular (As empandillas de casa Germán), comer simple sopa de letras (Por catro perras),  omnipotente porco (Lacón with grelos), unha boa dose de lingua (Day of the galician letters) ou o que o chef mande cada día (Menú Express). Foi un comer coa imaxinación (Comer e falar), coa memoria (Que tempos aqueles!), coa razón (Algo arredor dos furanchos), e mesmo cun combinado de todas elas (Cociña, cociñas, cantas, cales, unha, todas…).
Case sempre comer a través da obxectividade da miña cámara Lumix (Retratos antigos), a subxectividade do meu corazón (Breve historia da restauración galega) e sen perder nunca de vista a vaidade do propio embigo (Día 7 de decembro de 1980).
En fin, foi comer e beber na Galiza (A Gabeira, El Mosquito, Culler de Pau…) pero, e, como elemento diferenciador e característico, tamén comer no norte de Portugal (Comer no norte de Portugal segundo as guías, Comer no Porto…, O Foz Velha, Cozinha de Sé, Mesa…).

copacubertos

O cincuenta aniversario paréceme a ocasión perfecta para saír do armario e dar un pouco de publicidade ao proxecto, de dar o salto ao baleiro, de espirme diante de vosoutros, de poñerme plasta con coñecidas e descoñecidos para animarvos a todos a que participedes e así tentemos facer disto, entre todas, un proxecto cada vez máis atractivo.

InvitacionInvitacion2

Disque agora só é cuestión de insistir e armarse de paciencia…

Non se trata dun reflexión de hoxe nin de onte senón que sempre estivo, está e estará aí, presente desde que naceu a restauranción pública e semella que xamais atoparemos unha solución a gusto de todos os comensais.
Así, cada vez que chego a este punto, pregúntome se pagará a pena empeñar as neuronas en disquisicións lingüísticas máis propias dun dicionario.
Hai tempo, un dos máximos representantes da vangarda da utilización do nitróxeno líquido en España, o cociñeiro Dani García (Restaurante Calima, Marbella), afirmaba nunhas declaracións que só existen dous tipos de cociña: a mal feita e a ben feita. Confirmaba unha opinión de Ferrán Adriá escrita algún tempo atrás.
Por certo, e xa que o mencionamos, Daniel García vén de unir ao seu elenco de distincións a de Cociñeiro do Ano de Gourmetour.
As grandes mentes, ás veces coinciden e nalgunhas ocasións tamén teñen razón.

percha copia

A cuestión inical, hai uns meses, (Apuntes para a aproximación á historia da cociña) era delimitar os calificativos a utilizar cando se trata de definir o tipo de cociña que caracteriza a un restaurante. Ou, o que é o mesmo, de como orientar ao noso lector sobre o que vai atopar no seu prato cando sente á mesa en determinado local.

En agosto de 2004, nos seus artigos de verán para El País, (Silentim Genius is meditating) Ferrán Adriá elaboraba unha especie de dicionario gastronómico tomando como referente o estilo do Dicionario de Cine de Fernando Trueba. Alí, na letra c, lemos, primeiro, a definición de cociña que realiza Adrià e, logo, e despois de deixar sentado que só debería separarse a boa cociña da mala, pasa a definir os tipos de cociña que disque existen.
Reproduzo tal cal para evitar medias tintas e interpretacións sesgadas.

Cociña: Arte ou xeito especial de guisar de cada país e de cada cociñeiro. A única separación debería ser entre boa e mala cociña, pero hai outras. Cando menos iso din.
Vexámolo por partes:

Cociña Clásica B_caravaggio

Cociña correspondente ao período da alta cociña que vai desde finais do século XVIII ata a década de 1960. Ben, esta é a miña definición, non a definición.
(Caravaggio)

Cociña Contemporánea, Moderna, Nova
b_goya 

Propia do momento actual; é dicir, de agora, como é lóxico. Ten existido en todas as épocas.
(Goya)

Cociña de Autor b_ralph-goings

Caracterizada pola interpretación personal da tradición culinaria. Non ten que  confundirse coa tradicional, xa que esta se caracteriza polo estilo propio dun cociñeiro.
(Ralph Goings)

Cociña de Investigación
bodegon_vangogh 

Estilo baseado no estudo dos fenómenos científicos, dos feitos culturais relacionados coa gastronomía, na aplicación de coñecementos doutros campos e nunha metodoloxía de traballo obxectiva.
(Van Gogh) 

Cociña de Vangarda bodegon_dali

Nome que se aplica ao estilo máis innovador do momento, aquel que abre camiños novos. O seu autor é aquel que todos din tolo.
(Dalí)

Cociña Técnico-Conceptual
bodegon_picasso 
Cociña creativa na que o cociñeiro non tenta só elaborar unha nova receita senón crear un novo concepto ou idear unha técnica que permita novas vías para o seu propio estilo e para a cociña en xeral.
(Picasso)

Alta cociña 
bodegon_botero
Para a súa elaboración requírese gran oficio e domino das técnicas, nas que se usan sempre produtos de gran calidade, en ocasións de elevado prezo. Orixinouse nas clases nobres anteriores á Revolución Francesa e posteriormente atopou acubillo entre os restaurantes. Ah! Non hai que esquecer que é a máis difícil a nivel técnico, polo que o mellor é comela en restaurantes. Como en todas haina boa e mala. (Botero)

Cociña Creativa
bodegon_cezanne
Cociña caracterizada pola capacidade de innovación e investigación. Ben, iso din. É coma se todo o mundo que pinta fose artista.
(Cezanne)

Cociña de Mercadob_sanchez-cotan

Cociña baseada nos produtos autóctonos e de temporada; é dicir, os que se poden atopar no mercado no seu mellor momento. É un adxectivo ambiguo e confuso, posto que toda boa cociña debería esixir a compra de prouctos do día.
(Sánchez Cotán)

Cociña de Producto
b_seoane Estilo de cociña baseado na utilización dos produtos ao natural ou lixeiramente pasados polo lume. É dicir, a natureza acariñada polo home. Baséase na calidade de ditos produtos e non na sofisticación da súa elaboración.
(Seoane)

Cociña Popular b_tom_wesselmann


Cociña que elabora a maior parte da xente no campo doméstico. A actual cociña popular raramente coincide co que chamamos cociña tradicional; abonda ver as compras do súper; xa adianto que non son produtos para facer un cocido ou un fricandó.
(Tom Wesselmann)

Cociña Tradicional
b_van-beyeren 
Cociña nacida nos fogares e que foi a cociña popular ata hai ben pouco. (Agora resulta difícil delimitar que é a cociña popular). Esta existe en todos os sitios do mundo, aínda que en cada un coa súa propia personalidade. Está baseada en produtos que son da zona ou que teñen sido traídos doutros lugares (a maioría) para elaborar receitas típicas de cada rexión transmitidas de xeneración en xeneración.
(Van Beyeren)

 

Nota: para ser fiel a Adrià véxome na obriga de facer unha matización. Por cociña ‘nova’ ou contemporánea, o mestre de mestres entende aquela cociña que se fai nun momento determinado. O termo ‘nouvelle cuisine’ debe entenderse como substantivo, ten a súa propia entrada no dicionario e queda reservada para un tipo de cociña que nace despois de maio do 68 cunhas características propias no tocante aos produtos e á elaboración (nouvelle por oposición á traditional). Se non interpreto mal, o de ‘nova’ sería un concepto, un adxectivo, relacionado co tempo, mentres que a ‘nouvelle’ sería intemporal e tería máis que ver cos produtos e o xeito de tratalos. Por así dicilo, a nouvelle cuisine foi cociña nova ou contemporánea a finais dos sesenta, nos setenta, oitenta… A cociña nova a día de hoxe sería a do propio Adrià, creativa, con toques técnico-conceptuais, molecular, etc. Aínda que alguén podería interpretar que en 2010 a nouvelle cuisine segue a ser actual, nova, e o que fai Adrià é cociña de vangarda.

 bodegon_zurbaran (Zurbarán)

En fin, unha lea, e despois de todo, para qué seguir...

wineexpressoguia_repsolguia--michelin-mesamarcadanetmenu

Despois da introdución cualitativa na que amosaba o resultado do estudo da presenza de restaurantes do norte de Portugal nas guías gastronómicas (Comer no Norte de Portugal segundo as guías), hoxe toca presentar o cadro completo de restaurantes destacados, ou sexa, os que aparecen en, cando menos, tres guías.
Figuran ordenados, primeiro polo número de presenzas, dentro destas, polo número de presenzas destacadas e, xa por último, por orde alfabética.


Claves:
1ª Columna: Nome do Restaurante
2ª Columna: Concelho
3ª Columna: Guía José Silva. En vermelho os destacados pola guía.
4ª Columna: Revista Wine. Puntúa sobre 5. En vermello os destacados por superar os 4,5 puntos
5ª Columna: Guía Michelín. Estrela, BigGourmand (Bg) ou simplemente presentes (S)
6ª Columna: Guía Repsol. Sol ou simplemente presentes (S).
7ª Columna: Guía BCBM do Expresso. Garfo de ouro (GO) ou simplemente presente (S)
8ª Columna: Guía BCBM do Expresso: valoración dos usuarios; entre paréntese número de votos.
9ª Columna: Os 101 mellores restaurantes de Portugal do Mesa Marcada. Posto e puntuación.

Columna 1 Columna 2

3

4

5

6

7

8

9

1. Largo do Paço Amarante

S

4,5

Est

Sol

GO

4/15

8/61
2. São Gião Guimarães

S

 

Bg

Sol

GO

3/19

18/25

D.O.C. Armamar

S

4,7

S

 

GO

3/9

15/30
Inácio Braga

S

2

S

S

S

4/5

3. Ferrugem VN de Famalição

S

4,6 

 

 

S

5/2

39/10
Camelo Viana do C.

S

 

Bg

R

S

3/8

Carvalho Chaves

S

 

Bg

S

S

3/7

Flôr de Sal Mirandela

S

 

S

 

GO

3/11

84/3

Pedra Furada Barcelos

S

3,1

BG

S

 

 

 

Panorama Melgaço

S

4,2

 

S

S

4/10

Bagoeira Barcelos

S

 

S

S

S

3/7

 
Duque de Caminha Caminha

S

 

S

S

S

3/10

4. O Conselheiro Paredes de Coura

S

 

 

R

S

3/8

Solar Bragançano Bragança

S

 

 

R

S

3/11

 
Bocados Ponte de Lima

S

3,6

 

 

S

4/5

 
A Talha Chaves

S

 

BG

S

S

4/1

Adega do Faustino Chaves

S

 

 

S

S

3/9

Camelo Esposende

S

 

BG

 

S

3/7

 
Costa do Vez Arcos de Valdevez

S

2,4

BG

 

 

 

 
Cozinha das Malheiras Viana do Castelo

S

 

 

R

S

4/2

 
Cruz Sobral Braga

S

 

S

 

S

3/5

 
Machado Maia

S

 

BG

 

S

4/3

 
Pedra Cavalgada Braga

S

 

 

S

S

4/7

O Víctor Póvoa de Lanhoso

S

 

 

S

S

4/7

 
O Alexandre Braga

S

 

S

 

S

 

Casa D’Armas Viana do Castelo

S

3,7

 

 

S

4/2

Casa Maria da Perre Viana do Castelo

S

 

 

S

S

 

Douro Inn Peso da Régua

S

2,8

 

 

S

4/4

Encanada Ponte de Lima

S

2,2

 

 

S

 

Gabriela Miranda do Douro

S

 

 

S

S

3/7

O Grês Mirandela

S

 

S

 

S

3/4

O Montanhês Macedo de Cavaleiros

S

 

S

 

S

3/1

Os tres potes Viana do Castelo

S

 

S

S

 

 

Como ocorría co Foz Velha en Porto, calquera día destes fareivos un comentario persoal do Largo do Paço, restaurante avantaxado do norte de Portugal segundo as guías gastronómicas.