o miolo

Mostrando postagens com marcador pontevedra. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador pontevedra. Mostrar todas as postagens
Na última edición da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), a Deputación Provincial de Pontevedra presentou, como un dos motivos centrais da campaña promocional, a Arquitectura contemporánea nas Rías Baixas: espírito creativo.
DipticoDepuProArquitectura
Unha selección de obras e arquitectos que deixaron pegada e se converten nun motivo máis para atraer a visitantes de fóra (e, por que non? tamén de dentro).
Moitas das obras xa pasaron por estas páxinas:
Museo de Pontevedra
Que vergoña!
Museo de Pontevedra. Sexto edificio.
Jesús Ulargui Agurruza e Eduardo Pesquera González
Pazo da Cultura Pontevedra
Cociñando contos
Pazo da cultura.
Manuel de las Casas

Un tesouro agochado na Illa de Arousa 
Casa consistorial e Multiusos.
Manuel Gallego Jorreto.
Concello de Lalín
Un agarimo na Feria do cocido
Casa do concello de Lalín.
Luis Mansilla e Emilio Tuñón.

A Illa de San Simón
Rehabilitación dos espazos da Illa de San Simón.
César Portela.
Centro de saude de Domaio
Gastronomía e Arquitectura
Centro de saúde de Domaio.
Irisarri e Piñera
Departamentos de pescadores no porto de Cangas
Gastronomía e Arquitectura
Departamentos de pescadores no porto de Cangas.
Irisarri e Piñera.
Equipamento do porto de Beluso
Gastronomía e Arquitectura
Equipamento do porto de Beluso.
Irisarri e Piñera
Onte tocounos visitar un deses locais que temos ao alcance da man e que conxugan a perfección gastronomía e arquitectura.
La Ultramar Web 01
Onte comimos en La Ultramar, o espazo gastronómico de Pepe Vieira no Museo de Pontevedra.
La Ultramar 15
En palabras propias, ‘La Ultramar é ante todo unha taberna, de estética desenfadada e cunha cociña de contraste que pasa do bocadillo de luras a, por exemplo, o steak tartar. Tomando o produto local como punto de partida acompañando sempre dunha excelente bodega’.
Pois iso mesmo. Aí van algunhas das creacións de Pepe Vieira para esta Taberna La Ultramar (fotos da propia web do local).
La Ultramar Web 06 La Ultramar Web 08 La Ultramar Web 09
Verduras asadas na chama, con lascas de parmesán e xema de ovo; tomate plastificado con crema untuosa de tetilla, albahaca e vinagreta de flores. Na foto do centro o Sándwich Katz New York con pan de espeleta, queixo de tetilla, pepinillo encurtido e mostaza. Dourada fritida en fariña de garavanzo pomelo.
La Ultramar 17 La Ultramar 18
Pedimos o Ovo fritido do revés, con pataca puré e trufa de verán para compartir de primeiro. O ovo vén encapotado e con pemento por riba. Sabores da infancia. Na miña casa era habitual botar pemento por riba do ovo fritido e, por riba deste, unhas pingas do aceite de fritir o ovo. Moi rico.
La Ultramar 21 La Ultramar 20
De prato, a sartén de croca asada na grella. No seu punto e deliciosa (non apta para amigos da carne sanguenta, aínda que non poñen reparos en pasala máis).
La Ultramar 25 La Ultramar 24 La Ultramar 26
De sobremesa a Tarta Sacher: puro chocolate con confitura de framboesas, Marabilosa. Unha práctica perfecta da teoría da deconstrución na gastronomía moderna.
La Ultramar 27 La Ultramar 28
Bebemos Carmen caña e eu copa de viño da Ribera do Douro e pagamos 23€ cada un. Gustoume. De principio a fin. O local, encadrado pola austeridade da pedra, das arcadas, dos arcos de media punta…, resulta moderno, divertido, acolledor. Na proposta culinaria nótase a man de Pepe Vieira. E agradécese. Son fanático deste cociñeiro e desde onte teño un motivo máis para mantelo no pedestal: a mestría para converter a cociña do Camiño da Serpe nunha proposta divertida e asequible, sen perder a calidade.
Absolutamente recomendable.
La Ultramar 12 La Ultramar 11
La Ultramar Pepe Vieira
Museo Provincial (Edificio Sarmiento)
R Padre Amoedo Carballo, 1-3
36002, Pontevedra
986 857 266
GPS: 42.433270N,  8.642174O
www.laultramar.es
Facebook
Cociña: De contraste. Actual. Divertida.
Prezo: Entre os 2o e os 35€. Entradas sobre os 7-9€; pratos principais 12-15€; sobremesas desde os 3 aos 6€.
Peche: Domingo noite. Luns.

valores seguros

Disque na sociedade actual un dos poucos valores seguros que permanecen inalterables ao paso do tempo é a familia.

Primos Lacaba en Beluso 2

Na ponte do Pilar, e sendo fieis aos valores da tradición, organizamos en Vigo unha xuntanza de curmáns Lacaba.
A min, que estou de prestado, de consorte, e recoñecendo que non, que non foi masiva,  deume a impresión de que si, de que os que estabamos pasámolo moi ben…
O que si podo garantizar é que o que foi comer, comemos francamente ben.

Tanto para a cea do sábado como para a comida do domingo tiramos por valores seguros. Por dous deses restaurantes que están aí, aos que non vas cada mes e ás veces nin cada ano… pero que sabes que podes botar man deles para un compromiso especial, que non van decepcionar.
Como a familia.

Restaurante BasilioToralla 01

A cea do sábado foi fotocopia da de hai dez anos: en Canido, no Basilio, empanadas (de xoubas e de zamburiñas, por certo, exquisitas, das máis ricas en quilómetros á redonda), unhas luriñas fritidas cun aire de cebola, arroz de lumbrigante e cañas, filloas (nata, mel e chocolate negro fundido) e torta de queixo.

Restaurante BasilioToralla 02 Restaurante BasilioToralla 04Restaurante BasilioToralla 06
Restaurante BasilioToralla 08
Restaurante BasilioToralla 09 Restaurante BasilioToralla 13
Restaurante BasilioToralla 11

Viños (branco albariño e tinto Ribera, un Romántica, crianza de 2011 que me gustou moito), cafés e chupitos: pagamos 38€ por persoa (prezo que, para a calidade do produto, a elaboración, as cantidades  e os tempos que corren, pareceume excelente).
Sen ningún tipo de dúbida respondeu con creces á nosa confianza de ‘valor seguro’

Restaurante A Centoleira 01

O festa do marisco deixámola para o domingo.
E para que fose completa desprazámonos ata a Centoleira, en Beluso.
Tamén un pincho de empanada (neste caso mestura de millo e centeo), unhas tostas de paté de mexillón, uns mexillóns en vinagreta… e sobre todo a enorme cesta de marisco. Camaróns, cigalas, nécoras, lagostinos e caranguexo real.
Todo de primeira, directamente do viveiro á cazola con auga de mar, no seu punto exacto de cocción e sal… Todo un festín.

Restaurante A Centoleira 08 Restaurante A Centoleira 09

A min, perosalmente, isto do caranguexo real non che me acaba de convencer (disque as comparacións son odiosas, pero neste caso hai que facelas, simplemente, por alusións: o caranguexo real queda a medio camiño –en ambos casos coas de perder– entre a centola e o boi; non goza da delicadeza e o sabor daquela, pero tampouco da intensidade e a consistencia deste).
En fin, fóra o caranguexo (a centola está en veda), a cesta de marisco é moi, moi recomendable.

Restaurante A Centoleira 14
Restaurante A Centoleira 11 Restaurante A Centoleira 17 Restaurante A Centoleira 19 Restaurante A Centoleira 15

Logo, quen máis quen menos xa sen forzas, un abadexo á tella que a pesar da saturación dos sentidos pareceume certamente moi rico.

Restaurante A Centoleira 21

Para as sobremesas, un combinado de doces para sacar o himpo a calquera –e facer oco onde non o había–: empanada de mazá, bolo de chocolate, torta de améndoa e torta de queixo ao forno, todo regalado ben con viño do Porto ou ben con viño brano doce de Alicante.

Restaurante A Centoleira 22 Restaurante A Centoleira 23

Co viño (Bouza do Rei), os cafés e os chupitos (cando puidemos poñernos de pé para dar un paseo polo porto de Beluso pasaba ben das 7), dicía que pagamos 55€ por cabeza. De novo seguridade e garantía a un prezo ben apetecible.

Restaurante Basilio-Toralla
Praia de Canido 217
36390 Vigo
986 490 061
902 303 353
web
GPS: 42º11’35,2”N  08º47’51,6W

Restaurante A Centoleira
Praia de Beluso 28
36937 Bueu
986 323 481
639 707 038
web
xulio@acentoleira.com
GPS: 42º19’57,4”N  08º48’00”W

Na liña das ofertas de webs de ‘compras colectivas’, hoxe tocaba revisitar o Eirado da Leña, en Pontevedra.

Pontevedra-EiradoDaLeña

Neste ocasión todo estaba claro, non había lugar ás dúbidas; a páxina da venda (groupon) especificaba cada paso do menú coas bebidas correspondentes no caso de optar pola maridaxe (que foi a que nós escollemos). O menú para dúas persoas (59,90€ ou 79,90€ para a opción maridaxe) constaba de:

  • Vermú gallego (opción con maridaje)
  • Snack del día.
  • Capuchino de boletus edulis, patata de Xinzo y Cantaharellus tubiformi (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Anchoa del Cantábrico San Filippo, crujiente de pan artesano con semillas de amapola y requesón de As Neves con aceite de oliva virgen extra (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Vieiras lañadas y ahumadas con palos de vid albariña, jugo de codium y emulsión de sus corales (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Pescado del día, espuma de zanahoria y jengibre, remolacha y cebolletas glaseadas (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Foie a la plancha, compota de frutas de temporada y pétalos escarchados (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Prepostre, dependerá del que dispongan en el día (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Maracuyá, coco y frambuesa (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Brownie de chocolate amargo, crema de chocolate blanco y haba tonka, helado de café (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Tronco de trufas y chocolates (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Pan.
  • Café.

Todo exacto… e perfecto.

Restaurante Eirado da Leña 02Restaurante Eirado da Leña 04

O local é pequeno pero non resulta agoniante. En xeral mantén os materiais e a atmosfera da vella casa da praza da Leña de Pontevedra na que se sitúa.
A comida, servida a un ritmo apropiado, resulta un éxito desde o primeiro momento.

Restaurante Eirado da Leña 07Restaurante Eirado da Leña 09
Restaurante Eirado da Leña 12Restaurante Eirado da Leña 13
Restaurante Eirado da Leña 15
Restaurante Eirado da Leña 17Restaurante Eirado da Leña 18
Restaurante Eirado da Leña 19
Restaurante Eirado da Leña 21Restaurante Eirado da Leña 24
Restaurante Eirado da Leña 25
Restaurante Eirado da Leña 27Restaurante Eirado da Leña 29

Resulta imposible decidirse por un dos pratos; cada un agochaba a súa pequena perla, o seu toque de graza e orixinalidade, mesmo na presentación, coa traca final dos petits fours servidos nun tronco de videira.

Por concretar. No noso caso, o snack do día –acompañando ao vermú– consistía nunhas saborosísimas olivas, tamén cen por cen galegas, do Xurés (Eiros de Iria ‘Agricultura emocional’). O peixe, robaliza. A pre-sobremesa, gin-tónic.

Os viños: Ribeiro Antonio Montero, Albariño Xion, Moscatel semiseco Botani, Oloroso seco de Xerez Hidalgo.

En resumo, unha comida absolutamente recomendable, dun xeito moi especial se se consegue con bonos.
Algo moi semellante está na páxina do grupo Nove cun menú consistente en 1 Snack, 3 Entradas, 1 Peixe ou Carne, 1 Presobremesa e 2 sobremesas, con Café, té e Petit fours, por 80€, ou 110€ con maridaxe.

Eirado da Leña
Iñaki Bretal

Praza da Leña 3
36002 Pontevedra
986 860 225
web
oeirado@hotmail.es
GPS 42° 25’ 95.8” N   08° 38’ 59.4” W
Localización en Mapas de Google
Guía Repsol: Recomendado 
Michelín: Citada
Verema: 7,8 puntos