Desde o pasado xoves e ata maña domingo, na Estación marítima de Vigo, estase a celebrar o Mercado de sabores organizado por Mahou.
Catro días de actividades intensas. Desde clases maxistrais de grandes cociñeiros galegos e españois a leccións prácticas de como se debe tirar unha cervexa.
E como motivo central, doce locais de Vigo presentan cadansúa tapa deseñada para a ocasión. Aí van, por rigorosa orde de aparición, os participantes coas súas creacións. (As fotos dos pratos son da web da organización)
Mauro (S Adrián de Cobres). M José Boqueiro. Boca Tin de lura con emulsión de limahou
Manolo Mañanita (Cangas). Anselmo Rodríguez. Xarda cos seus cítricos, esponxas e espaguetis de mar.
A horta do Obradoiro (Santiago). Kike Piñeiro e Eloy Cancela. Ensaladilla de mar.
La ventana indiscreta (Vigo). Antonio Guerra. Ttiradiño de gambón e boniato sobre lima.
El mosquito (Vigo). Santi Bello. Ravioli de lagostino.
Probamos (por orde das que máis nos gustaron á que menos): O boca tin de lura con emulsión de limahou (moi rico e contundente; a diferenza no sutil toque limahou); Nécora e viño (moi rico; sabores variados; boa presenza); Xarda cos seus cítricos, esponxas e espagueti de mar (rico; quería un pouco máis zumenta a xarda); Ensaladilla de mar (aceptable; algo confusa nos sabores). Veremos se nos dá para unha segunda visita.
Boa oportunidade para pasar un rato agradable e, de paso, coñecer unha parte do que se está a cocer en Vigo. Prezos moi razoables. A caña a 1€, cada pincho a 2.5€.
Como o prometido é débeda, aí van algunhas pinceladas sobre os restaurantes que disque son os que máis se moven en Vigo.
Tomando como base as guías gastronómicas ao uso os restaurantes destacados que atopamos son: Maruja Limón. Líder indiscutible dos restaurantes de Vigo. Dous soles da Repsol, Estrela Michelín e presenza destacada nas webs de contido xerado polos usuarios (a día de hoxe, sexto restaurante de Vigo mellor valorado en TripAdvisor. Ademais, está en todos os blogs, redes sociais etc. que falan da gastronomía de Vigo.
Marina Davila. Recomendado pola Repsol e presenza na Michelín. Non entra nos dez primeiros de TripAdvisor (posto 13º) pero si asoma cada vez máis por blogs e redes sociais.
Bitadorna. Está na Repsol e na Michelín. Pouca presenza e apoios en Internet.
Asador Soriano. Está na Repsol e na Michelín. 12º en TripAdvisor.
Casa Marco. BigGourmand da Michelín e número 1 dos restaurantes de Vigo en TripAdvisor.
Restaurantes con posición destacada nas webs de contidos elaborados polos usuarios:
TripAdvisor: 1 Marco; 2 Follas Novas; 3 The Otilio Bar; 4 Tapas Areal; 5 O Portón; 6 Maruja Limón; 7 La Carpintería; 8 El Puerto; 9 Zona Cero; 10 Chilam Balam.
Gastroranking: 1 The Coffee Land; 2 Follas Novas; 3 Marco; 4 Asador Soriano; 5 The Otilio Bar; 6 Chilam Balam; 7 Terrae; 8 La Carpintería; 9 Tapas Areal; 10 El Puerto.
Entre os anteriores hai dous que quizá destacan un pouco sobre os demais pola súa presenza, ademais, en blogs en redes sociais:
Algo que salientar? Pois claro. Alguén que estea minimamente ao tanto do que se coce polos fogóns Vigo adiante botará algúns nomes en falta. (OSushi, Ruxe Ruxe, Lume de Carozo, La trastienda del cuatro, Patouro, Lobo de Mar, DaVid, Alameda XXI, La Contenta, etc.) Ata agora todo ben, lóxico, sen sobresaltos; todos os restaurantes nomeados teñen que estar aí, sen dúbida. Pero… fáltanme moitos. Boto de menos o que realmente se move en Vigo, o que está, digamos, ‘de moda’ (que non é pouco). Vaia como reflexión que ata o momento só temos a referencia dun restaurante da zona, a día de hoxe, con máis efervescencia de Vigo: o Casco Vello. Falamos de El Mosquito que, despois do cambio de xerencia, xa non é o que era e disque vive un pouco de rendas, para turistas, nostálxicos e despistados. Hoxe non das tres pasos polo Casco Vello sen atopar un local para tomar unha cervexa, un viño, unha tapa, un pincho, unha táboa, un bocado orixinal… Rara é a semana na que non nace un novo proxecto. Imposible controlalo todo.
Ocórreseme, como solución (e tal vez, como homenaxe), facer un listado dos locais referenciados por Travi durante o ano 2015 e ata o día de hoxe. Seguirán sen estar todos os que deberían, pero é unha aproximación bastante fidedigna aos que si están.
Ao loro coas tapas de cortesía do Zoom Zoom Café (Rosalía de Castro 19)
Cea de maridaxe no Alameda XXI (Hotel Nagari, Praza de Compostela 19)
Cocido da Reconquista no Bar Primavera (Ronda de don Bosco 17)
Urbanic. Tenda-Degustación alimentación saudable (Ronda de don Bosco 22)
Probando o servizo a domicilio do Taiyo sushi bar (Luís Taboada 12)
Falando cos chicos de La Pepita Burguer da súa expansión (Oporto 15)
E xa para rematar, para os que tivestes a paciencia de chegar ata aquí, unha breve reflexión sobre ‘onde buscar información sobre restaurantes nos que se come ben’? A día de hoxe a resposta pode resultar complexa pero, ao tempo, bastante clara e necesaria. Axuda a comprender todo o escrito ata o momento.
Se falamos de guías gastronómicas, e a pesar dos tópicos, non temos outra que acudir á guía Repsol ou á Michelín. Non hai moito, en Galicia podíamos ler libros como ‘Disfrutar Galicia. Guía de Restaurantes 2012’, de La voz de Galicia, ou ‘Escapadas de cuchara. Guía gastro-turística de Galicia’ da editorial Gaesa. Nun mundo tan cambiante como o dos restaurantes, unha de 2012 e outra de 2013, ambas resultan obsoletas. E o problema e que, a nivel impreso, nin se actualizan as clásicas nin aparecen novidades.
Do que non existe dúbida é de que no século XXI a información está en Internet. O problema: Internet produce tantísima información que resulta literalmente imposible abarcala toda; ademais, case no momento da publicación a maioría xa está caduca. Todo o que hoxe escribín aquí, en apenas un mes haberá que miralo con lupa. No tocante á información gastronómica de Internet, destaco catro fontes:
Páxinas Web clásicas. Con información estática e que acaban sendo máis un listado de restaurantes que unha auténtica guía orientativa. É o caso, por exemplo, da web ‘Galicia, o bo camiño’, oficial de Turismo de Galicia (Xunta). Se buscamos ‘restaurantes Vigo’, asoma un listado de 265 locais.
Blogs de restaurantes. Os blogs tiveron o seu momento. Salvo os máis consolidados (Paparotas&Cia de Manolo Gago ou o Diario del Gourmet de provincias y su perro gastrónomo, de Jorge Guitián), a maioría acaban sen actualizar, cambiando de formato ou mesmo desaparecendo. Ademais, co problema engadido de que son poucos os que se centran nunha localidade concreta; a maioría tentamos abarcar un espazo máis amplo (no meu caso Galicia e norte de Portugal) e as referencias a restaurantes dunha cidade acaban por resultar limitadas.
Redes sociais tipo Facebook ou Twiter. Fonte primaria de cantidade de información. Materialmente imposible coñecelas e moito menos seguilas todas. Neste senso, salientar o momento de paréntese no que nos ten Travi en la cocina. O útlimo día de 2015 pechou o seu Facebook, e estamos á espera de que inaugure a nova páxina Web. Unha mágoa. Un referente único para saber o que se move no mundo das papatorias de Vigo.
Páxinas de contido xerado polos usuarios. Salvando os enormes riscos (publicidade encuberta -e menos encuberta-, subxectividade, falta de control…) e unha vez consolidadas e con suficientes valoracións, é un modelo cada vez máis asentado. Sobre todas as demais destaca TripAdvisor. Nestes días veño de descubrir GastroRanking; comparador de restaurantes despois de analizar e recompilar información de 45 directorios e redes sociais de contidos xerados polos usuarios (TripAdvisor, Foursquare, Google+, Eltenedor, restaurantes.com, Verema, Minube, Groupon, LestBonus, Facebook, Twiter…).
Como continuación de Comer en Porto segundo as guías 2016, e coas consideracións
que alí realizamos, é o momento de pasar aos resultados da análise de como
tratan diferentes guías aos restaurantes de Porto.
Lembro que as guías, por orde de aparición na táboa, son: Repsol (1, 2, 3 soles/Recomendado/Mención), Michelín (Estrela/BigGourmand/Mención), Guía Visual Aguilar Portugal (Mención), Guía
Lonely Planet Portugal (Mención), Mesa Marcada (posto
no ranking anual de mellores restaurantes de Portugal segundo os propios
profesionais), TripAdvisor (lugar entre os 100 restaurantes de Porto mellor
valorados polos usuarios en febreiro de 2016), Guía Boa Cama Boa Mesa do Expresso (Garfo de Ouro/Mención), Time Out Porto
(franxa de prezo no que está enmarcado: -15€, 15-30€, +30€). (En caso de
igualdade na puntuación, ocupan mellor posición os que aparecen en máis
guías).
Localidade
Punt
Restaurante
Repsol
Michelín
Aguilar
LonelyP
MesaM
TripA
BCBM
Time
1
VN Gaia
53
The Yeatman
2S
1E
Si
-
6º
10º
GOu
+30€
2
Foz
45
Pedro Lemos
2S
1E
-
-
7ª
36º
GOu
+30€
3
Areosa
33
O Paparico
R
Si
-
-
54º
5º
Si
+30€
3
Leça de P
33
Boa Nova
2S
Si
-
-
31º
48º
GOu
-
5
Baixa
29
Palco
1S
Si
-
-
23º
-
Si
+30€
6
Foz
28
Cafeína
1S
Si
-
-
163º
31º
Si
+30€
6
Ribeira
28
DOP
1S
Si
-
Si
-
42º
Si
+30€
8
Prelada
27
Essência
R
-
Si
-
-
-
Si
15-30
9
Baixa
23
Cantina 32
1S
-
-
-
130º
64º
Si
15-30
10
Baixa
22
Camafeu
R
-
Si
-
-
8º
Si
-
10
VN Gaia
22
Vinum
1S
-
-
-
60º
-
Si
+30€
12
Ribeira
20
LSD
1S
-
-
-
146º
-
Si
15-30
13
Baixa
18
Cantinho do Avillez
1S
-
-
-
-
80º
Si
+30€
13
Baixa
18
Book
R
-
-
Si
-
-
Si
+30€
13
Foz
18
Casa pasto Palmeira
R
-
-
Si
-
-
Si
15-30
13
Trindade
18
Portucale
R
-
Si
-
-
-
Si
+30€
17
Massarelos
17
Casa Agrícola
R
Si
-
-
-
-
-
15-30
18
Foz
16
Terra
R
Si
-
-
-
74º
Si
-
19
Baixa
16
Astória
1S
-
-
-
-
-
Si
+30€
19
Campanhã
16
Casa Inês
R
-
-
-
58º
-
Si
-
19
Foz
16
Foz Velha
1S
-
Si
-
-
-
Si
-
19
Ribeira
16
Ode Winehouse
-
-
-
Si
146º
6º
-
-
23
Ribeira
14
Adega de São Nicolau
-
-
-
-
130º
87º
Si
15-30
24
Leça de P
14
O Chanquinhas
R
-
Si
-
-
-
Si
-
24
Matosinhos
14
Os Lusiadas
R
Si
-
-
-
-
Si
-
24
Campanhã
14
Casa Aleixo
R
-
Si
-
-
-
Si
-
24
Boavista
14
Casa da Música
R
-
Si
-
-
-
-
15-30
24
Antas
14
Lider
R
Si
-
-
-
-
Si
-
24
Bonfim
14
Rogério do Redondo
R
-
-
-
-
-
Si
15-30
24
Ribeira
14
Vinhas d’Alho
R
-
-
-
-
49º
Si
-
24
Gaia
14
Barão de Fladgate
R
Si
-
-
-
-
Si
-
24
Gaia
14
DeCastro Gaia
R
-
-
-
115º
-
Si
-
33
Foz
13
D’Oliva al Forno
R
-
-
-
-
-
Si
15-30
34
C Alegre
12
Casa d’Oro
-
-
-
Si
-
-
Si
15-30
34
Baixa
12
Clérigos
Si
-
-
Si
-
-
Si
-
34
Cedofeita
12
Frida
-
-
-
-
-
47º
Si
15-30
34
Trindade
12
O Buraco
-
-
-
Si
-
-
Si
-15€
38
Baixa
11
Reitoria
-
-
-
-
-
53º
Si
15-30
39
VN Gaia
10
Dourum
-
-
-
-
146º
90º
Si
-
Así, o cadro de honra queda formado polos seguintes restaurantes (inclúo
comentario extraído da guía Boa Cama Boa Mesa, definición e particularidades da
cociña que aporta a guía Repsol, e prezo do menú -sempre orientativo- da guía
Michelín).
The Yeatman Ricardo Costa
R do Choupelo
Vila Nova de Gaia
351 220 133 100 www.theyeatman.com
GPS: 41.133465N, 8.613223O
Cociña:
Moderna, Internacional, Portuguesa. Menú vexetariano.
Prezo: 65-98€
BCBM: Visión, imaxinación e sensibilidade para o enaltecemento dos
sabores. Comer no Yeatman polo menos unha vez é daquelas experiencias que
debería anotar sen dubidar no libro dos compromisos... As propostas acompañan as
estacións, susténtanse na frescura dos alimentos e procuran dar ao receitario
tradicional portugués un enxoval contemporáneo.
Pedro Lemos Pedro Lemos
R
Padre Luis Cabral 974
351 220 115 986 www.pedrolemos.net
GPS:
41.150173N, 8.672128O Cociña: Moderna, portuguesa. Menú celíacos. Menú
vexetariano.
Prezo: 55-120€
Horario: Pecha domingo e luns.
BCBM:
Pedro Lemos é un artista en constante proceso creativo. Os seus sabores
remítennos sempre a algo familiar, pero coa sensación de non telos probado
xamais na confección e conxugación que el nos propón.
O
Paparico R Costa Cabral 2343
351 225 400 548 www.opaparico.com
GPS:
41.176357N, 8.585667O
Cociña: Tradicional. Portuguesa.
Prezo: 40-56€
Horario: Só noites. Pecha domingo e luns.
BCBM: Aquí cómese ben. As
tradicións portuguesas forman parte da identidade deste clásico da cidade que
aposta todo á cualidade, engadindo aos ingredientes máis tradicionais unha
pincelada contemporánea e moito saber.
Boa Nova Rui Paula
Avda
da Liberdade
Leça de Palmeira
351 229 940 066 www.ruipaula.com
GPS:
41.202930N, 8.715313O
Cociña: Creativa. Autor.
Prezo: 80-120€
Horario: Peche domingo e luns ao mediodía.
BCBM: Rui Paula engade o
temperado perfecto a un escenario -monumento nacional de Siza Vieira- de
singular beleza. Desfile de sabores que impelen a unha viaxe a lugares ora
coñecidos ora distantes nunha reinvención permanente de sabores
familiares.
Palco Arnaldo Azevedo
Hotel Teatro.
R Sa Bandeira 84
351 220 409 620 www.hotelteatro.pt
GPS:
41.146645N, 8.609295O
Cociña: Moderna. Mediterránea. Menú vexetariano. Menú
celíacos.
Prezo: 40-80€
BCBM: Alta cociña para un exuberante escenario.
Varios menús de degustación para a cea, auténtica experiencia para todos os
sentidos, e opcións máis lixeiras para a comidas rápidas e económicas ao
mediodía.
Cafeína Camilo Jana
R do
Padrao 100
351 226 108 059 www.cafeina.pt
GPS: 41.156521N, 8.679755O
Cociña:
Moderna. Internacional. Menú vexetariano.
Prezo: 16-36€
BCBM:
Sofisticación e elegancia intemporais. Sabores internacionais de inspiración
mediterránea.
DOP Rui Paula
Largo de
Sao Domingos, 18
351 222 014 313 www.ruipaula.com
GPS: 41.142757N, 8.614846O
Cociña:
Creativa.
Prezo: 20-56€
BCBM: Gastronomía de base tradicional cun
toque de irreverencia. Mestría do chefe, cualidade dos ingredientes e servizo
impecable encadran unha cociña de memorias, para evocar sabores caseiros e
auténticos.
Essência Vegetariano Ana Novo R de Pedro Hispano 1190
351 228 301 813 www.essenciarestaurantevegetariano.com
GPS: 41.165741N,
8.629156O
Cociña: Vexetariana.
Prezo: 20-30€
Horario: Peche domingos
e festivos.
BCBM: Sofisticado restaurante vexetariano. Conxugación de
sabores en torno a ingredientes non só verdes que aproveitan toda a cor da
natureza. Creatividade gastronómica con opcións non vexetarianas, de peixe e
carne.
Cantina 32 Luis Américo R
das Flores 32
351 222 039 069 www.cantina32.com
GPS: 41.143494N, 8.614301O
Cociña:
Creativa.
Prezo: 20-30€
Hoario: Peche domingo.
BCBM: Carta
orixinal e sorprendente. Sabores coa sinatura do chefe Luis Américo. Cociña de
emocións.
Camafeu Praza Carlos Alberto
83
351 937 493 557 www.facebook/camafeu83
GPS: 41.148525N, 8.615479O
Cociña: Moderna. Portuguesa.
Prezo: 30€
Horario: Só noites. Pecha:
domingo, luns e festivos. Refección descontraída nunha atmosfera que
lembra a casa da avoa e na que se respira modernidade. Cociña baseada na
tradición da gastronomía portuguesa cos ingredientes típicos e na que a sorpresa
chega da man da conxugación e a presentación.
Vinum Guilherme Freire
Caves Graham’s
R do Agro 141
Vila Nova de Gaia
351 220 930 471
www.vinumatgrahams.com
GPS: 41.136856N, 8.625301O
Cociña: Moderna. Portuguesa. Menú celíacos. Menú vexetariano.
Prezo:
25-90€
BCBM: Ten no viño a súa razón de ser, na gastronomía a mellor
compañía e na vista soberbia un bo pretexto para prolongar a refección. Cociña
que aposta por sabores de varias proveniencias con destaque para os
lusos.
LSD (Largo de Sao Domingos) Joao
Lameiras
Largo de Sao Domingos 78
351 223 231 268 www.facebook.com/largodesaodomingos
GPS: 41.143253N,
8.614491O
Cociña: Creativa
Prezo: 30-40€
Horario: Pecha o domingo.
BCBM: Espazo moderno que serve comidas lixeiras ao mediodía, funciona
como cafetería durante o día e aposta pola cociña internacional para a cea.
Carta de raíz tradicional con novas e interesantes abordaxes.
Cantinho do Avillez José
Avilhez
R Mouzinho da Silveira 166
351 223 227 879 www.cantinhodoavillez.pt
GPS: 41.143223N, 8.613374O
Cociña: Moderna. Portuguesa.
Prezo: 30-40€
BCBM: A cociña de
José Avillez é a mellor carta de presentación. Espazo relaxado e informal con
propostas que, se ben nunha primeira análise poderían pasar por tradicionais, o
toque de midas transfórmaas en sabores orixinais e sorprendentes, na confección
e conxunción, que propoñen novas experiencias e texturas.
Book Joao Mendes
R de
Aviz 10
351 917 953 387 www.restaurantebook.pt
GPS: 41.147644N, 8.613237O
Cociña: Internacional
Prezo: 20-25€
BCBM: Vocación cosmopolita.
Local acolledor e sobrio. A carta bebe de influencias tradicionais e
internacionais e cambia con frecuencia.
Casa de pasto da Palmeira Joao
Lameiras
R do Passeio Alegre 450
351 226 168 244 Facebook
GPS: 41.147602N, 8.666414O
Cociña:
Tradicional. Portuguesa. Toques modernos.
Prezo: 20€
Horario: Pecha o
luns
BCBM: A irreverencia é a característica desta casa de Pasto.
Decoración en tons quentes e toques kitsch. Cociña que ten na creatividade a súa
razón de ser. Descontraída e informal, aposta, no sabor e na presentación
divertida, polos petiscos.
Portucale Manuel Silvio Jorge
R da Alegría 598
351 225 370 717 www.miradouro-portucale.com
GPS: 41.155746N, 8.602258O
Cociña: Tradicional. Internacional. Portuguesa.
Prezo: 40€
BCBM:
Despois de 40 anos segue a ollar do alto do seu charme para o Porto
estendido aos seus pés. Espazo requintado e luxoso (cubertería de prata).
Sabores portugueses resaltados por influencias da cociña francesa.
Casa Agrícola R do Bom
Sucesso 241-243
351 226 053 350 www.casa-agricola.com
GPS: 41.154652N, 8.628852O
Cociña: Tradicional. Internacional. Portuguesa.
Prezo: 25€
Horario:
Peche domingo.
BCBM: A casa é un dos últimos exemplares do Porto rural
setecentista. Local espacioso e confotable. Cociña de inspiración portuguesa con
toques de orixinalidade.
Terra Camilo Jana
R do
Padrao 103
351 226 177 339 www.restauranteterra.com
GPS: 41.156857N, 8.679383O
Cociña: Mediterránea. Xaponesa. Menú vexetariano.
Prezo: 16-40€
BCBM: Elegante e sobrio. Completísima carta da viños que serve de
inspiración e punto de partida para escoller a comida. Cociña internacional con
sushi-bar.
G
M
T
Text-to-speech function is limited to 100 characters
Nacho Pérez, da quinta do cincuenta e sete, mestre de profesión e afección, e profesor de lingua Galega no IES Terra de Turonio de Gondomar. Moitas filias e algunhas fobias. A causa saharauí, a tolerancia, a fotografía, a informática, a lectura, Tintín, o futuro do galego... Creo que a tolerancia é a máis fermosa das cualidades que pode ter un ser humano. Gústame a boa vida, viaxar, a boa comida, os bos viños... É para o único que boto de menos non ser rico. Nas fobias, a intolerancia, a guerra, o racismo, outro Prestige, as inxustizas, a inxustiza social, a inxustiza global... Creo que a maioría dos ismos só conducen á intolerancia. Gústame fedellar ante novos retos que, unha vez resoltos, case sempre perden o seu sentido. Será este como logo existo o último destes?