



Malia o horroroso do día e as fealdades do contorno máis próximo, a primeira impresión que recibo é a dun local fermoso, coidado, cálido, de estilo minimalista e acertados toques zen. Desde o comedor, a traves das enormes cristaleiras, e se somos quen de saltar os enormes depósitos de coches da Citroen, a comida sobre as vistas da ría de Vigo xustifican por si soas a visita.
A carta é ampla e variada, de cociña internacional con claras influencias mediterráneas e, ademais dos mariscos, algúns guiños á cociña galega; as referencias de viños algo limitadas, pero suficientes, e con propostas para todos os petos. Nós eramos seis e compartirmo




O precio pareceume axustado pero, en xeral, o local non me convenceu ao cen por cen; a miña valoración sería aquela da que tanto gustan os americanos: OK, ou sexa, e como traduciríamos por aquí, ben, pero non dá para moito foguete… Boa calificación para o local e os detalles, tamén para as materias e a presentación en mesa; o máis que podo dicir das elaboracións é que non sorprenden, (quen a estas alturas pode sorprender cun rulo de queixo de cabra?), con bastantes altibaixos e, globalmente, só aceptable. A pesar de que pon interese e tenta amosarse amable, non podo pasar do regularciño para o servizo.
Paga a pena coñecelo pero á hora de repitir teño outras preferencias.

Restaurante Davila Restauración
Enderezo: Peirao de Reparacións s/n
Localidade: Vigo (36208)
Teléfono: 986114446
E-e: reservas@davilabyebano.com
Web: www.davilabyebano.com
Tipo: Mercado
XPS: 42º 52' 53.69" N 8º 32' 56.55" W
Localización en Mapas de Google
Enderezo: Peirao de Reparacións s/n
Localidade: Vigo (36208)
Teléfono: 986114446
E-e: reservas@davilabyebano.com
Web: www.davilabyebano.com
Tipo: Mercado
XPS: 42º 52' 53.69" N 8º 32' 56.55" W
Localización en Mapas de Google