Houbo un tempo en que o Escondidinho era o noso referente en Valença.
Quen non lembra os seus bacallaus, o polbo na brasa, o arroz de marisco… Aínda hoxe é o día en que Maru segue a falar daquela impactante mousse de abelá.
Agora as autovías e autopistas lévanos lonxe, pasan de largo e fan que esquezamos os valores máis próximos e tradicionais. Así que o outro sábado, e aínda renqueante dos meus problemas físicos, decidimos volver.
De termos feito a visita hai cousa dun mes, teríamos atopado todo coma sempre, conxelado no pasado. Pero a casualidade fixo que fósemos hoxe e que descubrísemos un local totalmente renovado. Sen perder a propia esencia, agora resulta algo máis amplo e coidado, e moi apetecible para cando chegue o bo tempo.
A carta, os camareiros, a familiariedade, as racións familiares… todo segue coma sempre. Agora si, agora xa se nos permite facer reserva previa por teléfono… e, pola contra, continúan sen cobrar con tarxeta.
Quedamos coa manteiga e os queixiños e pedimos, para compartir, dúas medias doses de bacalhau: un deles ‘à chefe’ e a outra ao ‘Escondinho’.
Os dous resultan perfectos e radicalmente diferentes. O primeiro máis clásico, fritido, coa súa pataquiña, a oliva negra, a leituga, cenoura…, e o segundo máis rompedor: esfiañado e mesturado coa pataca –moi próximo a un baclhau à braz–, cunha especie de bechamel e acabado de facer no forno.
Comimos con media botella de viño tinto da casa (maduro, alentejano de 2014: Montaria; moi normaliño) e sen cafés nin sobremesas pagamos 22€ cada un.
Pareceunos un punto caro e, dado que a esencia da comida segue a ser a mesma, pensamos se apurarían un pouco os prezos para axustalos ao novo deseño do local…
Restaurante Escondidinho R de Chamosinhos 511
Valença
Tfno: 351 251 839 256
Web
escondidinho.restaurante@gmail.com
GPS: 41.985718N, 08.674135W
o miolo
Os que me seguides de tempo sabedes que, sempre que me preste a oportunidade, vou romper unha lanza en favor da cultura galega, da nosa lingua.
E isto, simplemente, e como dixo o poeta, porque si, porque me gosta e me peta. Porque me dá a gana.
Porque ser galego non é unha etiqueta máis que engadir ás de loiro, zurdo ou agarimoso. Ser galego tampouco significa ter nacido, sen máis complicación –ou implicación-, neste curruncho do noroeste do norte do sur de Europa.
Porque, daquela, tanto tería ser galego, que alxerino ou neozelandés.
Son galego porque acepto, exerzo e fago o posible por legar ao futuro unha herdanza de séculos. Unha historia, unha cultura, unha lingua, unha tradición, unha idiosincrasia… un xeito de pensar e de ser.
Porque sen historia, sen cultura… sen lingua, Galicia deixa de ser. Transfórmase, unicamente, nun nome vacuo, sen contido máis alá do que ditan catro puntos cardinais. Unha etiqueta máis.
Pero sen negar a vista ao retrovisor, loito por ser un galego do século XXI, un galego, digamos, 3.0. Un galego que sen deixar na cuneta as casiñas o os lares de Rosalía, abre os brazos –é un falar– aos Pinos rapeados polo Puto Coke.
Galegas ata a medula son as xentes que che toman o mandado co seu iphone de última xeración no Fogar de Santiso.
O espazo, a decoración, a feitura, a cociña…, mesmo a lingua que escoitas sabe á Galicia máis rural e ecolóxica. E alí no centro, nun mastro de madeira e a carón dunha roda de carro furada pola traza, o código QR para escanear e engadir o Fogar ao caderno de enderezos do teu teléfono móbil.
Amplo merendeiro exterior (para cando o tempo o permita; hoxe vai un marabilloso sol de inverno que trae un frío do norte que pela), enorme comedor interior con longas mesas comunitarias, e temos a sorte de que nos toque asento nunha pequena brubulla de cristal con estufa de leña na que comes entre as árbores e o azul do ceo.
A carta é ampla, variada e redactada con fundamento. Desde os produtos da ‘Nosas hortas ecolóxicas’ ata ‘As nosas carnes autóctonas’ pasando polos produtos ‘Das nosas rías’.
Tempura mar e horta, Revolto de grelos, Verduriñas do día na brasa… Croca á pedra, Burguer de vaca cachena ecolóxica, Carpaccio de vaca, Zanco de polo ecolóxico á brasa, Año autóctono ecolóxico, Churrasco de porco ibérico da devesa extremeña, Raxo asado a baixa temperatura con castañas e verduriñas…
E todo o anterior sen faltar o polbo, a tortilla ou algunha que outra empanada. Cómpre salientar, tamén, os pratos específicos pensados para persoas con diversas alerxias ou intolerancias e o feito de que, no momento de anotar, o camereiro consulta a súa base de datos no móbil e informa claramente dos ingredientes de todos e cada un dos pratos da carta para así axustar o menú a cada dieta.
Fantástico pan galego acabado de fornear e proposta curta pero moi ben novelada de viños (Lúa garnacha de Pardilla, 16,90€: ‘garnacha de cepas vellas con 15 meses en carballo francés; un viño moi persoal e excepcional; redondo, intenso, aterciopelado… un retrogusto persistente’. A carta recomenda probalo maridado co Lúa garnacha de Moradillo –15,90€– para así apreciar como varía un mesmo viño en función do ‘terroir’: idéntica caste de uvas e un único tratamento para cepas de dúas fincas veciñas –Pardilla e Moradillo–).
Pedimos as filloas de millo ecolóxico –garantía de ausencia de gluten–con ceboliña confitada, requeixo e herbas; a empanada (tamén de millo) de polbo da ría; a tixoliña de moussaka de tenreira con berenxena e queixo do país na brasa e uns callos de tenreira cachena. Malia sofisticación da oferta, vemos como moitos dos nosos veciños tiran pola sinxeleza cuase-furanchil da tortilla e o churrasco e decidimos que volveremos unha tariña de verán para este menú que promete resultar tan redondo como económico.
Sorprendente proposta de sobremesas con variada oferta de doces S.G.
Xeados do Fogar (nata e noces, chocolate, froitas da horta Santiso –amorodo, moras, arando…). Filloa de millo ecolóxico con mousse de queixo e marmelo, Tarta de millo e cacao con xeado de arando, Torta de queixo na brasa, Tulipa de mousse de queixo e amorodo, etc. Pedimos a torta da casa e o requeixo do país con marmelo.
Por todo o anterior –que resultou riquísimo pero algo excesivo– pagamos 18€ por cabeza: uns céntimos máis dos 36 entre os dous.
Gran comida que augura visita en breve cos colegas da Illa.
Vaian, para pechar, tres definicións que fai o Fogar de Santiso do seu estilo e gastronomía:
O gozo de disfrutar na mesa coa clase dos nosos ancestros.
Compromiso coa nosa cultura gastronómica.
Produto autóctono, ecolóxico, local e de tempada.
Fogar do Santiso
Trasellas 13, Luou, Teo
15886 A Coruña
GPS: 42.797311N, 08.584435W
Web
fogar@fogardosantiso.es

A principios deste mes fixemos a nosa última escapada a Madrid.
A nivel cultural a sorpresa estivo no centro cultural Matadero, ao que chegamos grazas á recomendación de Antonio.
No tocante ás cousas do comer, a novidade foi Platea, o macro-espazo gastronómico onde conviven diversas propostas para unha refección informal ou unha copa. Ocupa un vello cine. O protagonista de Platea, en realidade quen obrigou a nosa visita, é o espazo Sinergia, un proxecto de Pepe Solla, Paco Roncero e Marcos Morán para dar de comer, do seu cuño e prezos populares, desde un anaco de empanada a moitos dos pratos de culler da cociña popular.A nivel cultural a sorpresa estivo no centro cultural Matadero, ao que chegamos grazas á recomendación de Antonio.
Postos
a facer memoria, hai uns meses, na penúltima, facíamos unha visita
a unha queixería de deseño, moi de moda na capital (Poncelet,
queixería pero moito máis).
O
certo é que se queres comer uns queixos non hai que percorrer
seiscentos quilómetros nin quedar de papanatas coas marabillas da
capital. Dende hai uns meses temos anotada na axenda a visita a La
Queserí Testing Room, no Grove, disque chega pisando forte.
E,
mentres, o mércores caemos por casualidade en Quesum,
aquí en Vigo, en Camelias, un microespazo para a compra e
degustación de queixo, pero non só: posúe unha concentración de
delicatesen por metro cadrado difícil de igualar.
Ofertan
máis de 90 variedades de queixo, para comer alí ou levar, con
promocións todos os meses, con catas e servizo de catering, con
complementos do máis variado (desde embutidos a latas de conserva
pasando por patés ou marmeladas para complementar algúns dos
queixos).
O
espazo é pequeno, dividido nunha zona de exposición e venda e outra
con catro pequenas mesas; malia o movemento das vendas nestes días
previos ao Nadal, resulta bonito (moi á francesa) e todo o cómodo
que permiten as circunstancias.
Picoteamos
unha táboa de degustación pequena (catro variedades con cantidade
suficiente de cada unha para o que é unha boa proba) acompañada dun
viño (Ébano) e unha sidra galega artesanal en botella individual;
de pincho, unha quiche de cogomelos moi saborosa e de prezo 10,5€.
Quesum
Avenida
das Camelias 121
36211,
Vigo
986
415 315
GPS:
42º 13.458' N, 8º 43.795' W