o miolo

26nov2012

que veinte años no es nada…

  Por: Pepe Fernández

Na nosa familia hai moito “alacrán” e por iso estes días andamos de celebración en celebración, é dicir, de chea en chea. Desta volta tocoulle a vintena do primoxénito (tranquilo Anxo, que “veinte años no es nada” como di o tango de Gardel) e decidimos achegarnos ata Moaña para xantar no restaurante Prado Viejo. Trátase dun hotel-restaurante moderno que na súa publicidade ofrece “una cocina ecológica regional elaborada con productos de su propia huerta, así como postres caseros”.

carta_648x600

O comedor resulta moi acolledor, tranquilo, con poucas mesas, decoración minimalista e con gusto; boa luz grazas ao branco das paredes e a dous amplos ventanais. Recíbenos Tino, o propietario, un “gran” home, de trato excelente e con ganas de agradar. Antes de entregarnos a carta xa nos pide desculpas por non dispor de moito produto, xa que el mesmo se encarga de comprar no mercado e non contaba con moita xente nestas datas. É certo, a carta non é moi ampla. Segundo el nos explica teñen tres ou catro pratos fixos, que hai tempo que lle veñen funcionando ben e logo complementan con produtos do mercado de tempada.

la foto_774x600     la foto6_800x535

Pedimos dúas entradas para compartir, unhas zamburiñas á prancha que estaban deliciosas, no seu punto; e un salteado de cantarelus con xema de ovo que se deixaron comer ben.

año1_484x600  bonito1_448x600  solomillo_650x600

Logo pedimos cadanseu prato, dúas de cabrito ao forno, un solomillo con prebe de pementa branca e un bonito á prancha. Como se ve pratos tradicionais, ben elaborados e con bo produto. Tino presume dos produtos da súa horta, traballada polo seu pai; a min quedoume pena non probar os chícharos con ovo da casa que tiñan unha pinta excelente.

escuma_469x600  sobremesa1_496x600  filloas_482x600

As sobremesas foron quizais o mellor, tomamos unha escuma de iogur, dous doces de chocolate, unhas filloas recheas con sorbete de framboesa e de agasallo tróuxonos unhas “cañitas” recheas. Todos e todas probamos de todo, teño serias dificultades para decantarme por algún deles, estaban todos bos. Na liña do resto dos pratos, elaboración coidada pero sinxela ou sinxela pero coidada, e con resultado final agradable.

caniñas_372x600

Acompañamos a comida cun Somontano, “La miranda de Secastilla” do 2009, saboroso, grato, sedoso, aínda que creo que debería ser decantado xa que gañou despois dun tempo aberto.

Co resto das bebidas e cafés pagamos arredor dos 35 € por barba, prezo que considero correcto, xa que foi unha comida correcta nun ambiente agradable.

Prado Viejo
Ramon Cabanillas, 16,
36950 Moaña
Tfno.: 986 31 16
Web

E-Electrónico
Localización en Mapas de Google
Os 100 de c,le: Posto 24 de toda Galicia
Guía Michelín: Bib Gourmand
TripAdvisor: 6º lugar

18nov2012

Os 100 restaurantes galegos de c,le (II)

A estas alturas xa sobran os preámbulos.
Seguindo o camiño marcado polo cadro de honra en Os 100 mellores restaurantes galegos de Como, logo exito, hoxe, segunda entrega, estamos ante a quenda dos restaurantes situados nos lugares 30 a 60.
Coas matizacións realizadas en Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes, en Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía, e Os mellores restaurante de Galicia. Resultados, aí vai a segunda entrega do listado dos 100 mellores restaurantes galegos segundo Como, logo existo, e nesta especial pretensión (discutible e discutida) de fusionar as guías profesionais cos usuarios de á pé.
100mellores_thumb1
Os 100 mellores restaurantes galegos de Como, logo existo
28
18 p
El Mercadito Santiago Recomendado SI 61
28 18 p Casa Manolo Carnota BGourmand 14
30 17 p Coral A Coruña Recomendado SI 93
30 17 p Ribadomar Cambados SI BGourmand 103
30 17 p O Fragón Fisterra SI 2
33 16 p Soriano Vigo Recomendado SI 196
33 16 p Muíño do Vento Ferrol SI SI 79
35 15 p Playa Club A Coruña SI 8.0
35 15 p A Rexidora Barbadás 1 Sol SI
35 15 p Mesón de Alberto Lugo Recomendado SI 253
35 15 p Esteban Mos SI 8.0
35 15 p El Refugio Oleiros 1 Sol SI
35 15 p La Taberna de Rotilio Sanxenxo Recomendado SI 207
35 15 p Casa Bóveda Vilagarcía 1 Sol SI
35 15 p El Crisol O Grove Recomendado 39
35 15 p Mirador de San Pedro A Coruña SI 8.0
35 15 p Abastos2.0 Santiago SI 20
45 14 p La Casa de las 5 puertas Pontevedra SI SI 158
45 14 p Casa Rosita Cambados SI 25
45 14 p Pedro Roca Santiago SI 30
48 13.5p Tira do cordel Fisterra 127 7.5
49 13 p La Palloza Lugo SI BGourmand
49 13 p Verruga Lugo SI 37
49 13 p Comei-Bebei Oleiros SI BGourmand
49 13 p La Villa Ribadeo SI BGourmand
49 13 p Ana Santiago 1 Sol 294
49 13 p Boa Vista Viveiro SI BGourmand
49 13 p Mar de Esteiro Santiago BGourmand 99
56 12.5p Pandemonium Cambados SI 5.5
57 12 p Nixon A Estrada Recomendado SI
57 12 p Bitadorna A Guarda Recomendado SI
57 12 p O Parrulo Ferrol Recomendado SI
57 12 p O Centolo Fisterra SI 52
57 12 p Chef Rivera Padrón Recomendado SI
57 12 p Casa Ramallo Padrón Recomendado SI
57 12 p O Roupeiro Pereiro de Aguiar Recomendado SI
57 12 p Alameda 10 Pontevedra Recomendado SI
57 12 p Eirado da Leña Pontevedra Recomendado 91
66 11 p Adega do Emilio Ourense SI 69
66 11 p Bierzo Enxebre Santiago BGourmand 214
66 11 p Roberto Vedra Recomendado 117
66 11 p El Mosquito Vigo SI 78


Claves:
1ª Columna: Lugar no listado
2ª Columna: Restaurante
3ª Columna: Concello
4ª Columna: Valoración Guía Repsol (1,2 Soles, Recomendado, Mencionado)
5ª Columna: Valoración Guía Michelín (1 Estrela, BGourmand, Agradable, Mencionado)
6ª Columna: TripAdvisor (posto que ocupa en Galicia)
7ª Columna: Verema (Puntuación media sobre 10)

Os criterios para entrar na lista e para obter a puntuación están nas entradas anteriores:
Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes. Por que estas guías.
Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía. Como se obtén a puntuación.

100mellores
9nov2012

amigos da cociña galega

Recupero aquel ‘A cociña e a bodega, mellor galegas’, bandeira que foi, noutrora, dos Amigos da cociña galega.

amicoga

Dalgún xeito habemos de recuperalos todos e colocalos no lugar que realmente merecen dentro da historia da restauración pública galega (e, por que non?, tamén da privada; non esquezamos todas aquelas receitas que algúns tantas veces usamos como inspiración de cabeceira; as primeiras ‘ensaladas’ máis alá da simple ensalada, os que daquela aínda eran ‘fideos con ameixas’, ou as fabas, os guisiños mariñeiros, os bocados máis galegos de carne, o xarrete, as carrilleiras, o chuletón de Lugo…).

Sotomayor - Bodabergantinhos

Vén isto a conto de que cae nas miñas mans a publicación de 2012 dos Amigos. Utilizan, para a portada, un fragmento de ‘Comida de boda en Bergantiños’, de Álvarez de Sotomayor (1917, colección privada da familia Borrell). Dentro, a actualización de socios: algúns, clásicos (Alberto ou La Barra, de Lugo), e outros máis ou menos novos na familia (Galileo ou Durán), e, coma sempre, unha selección de receitas, unha por cada un dos restaurantes socios (poñamos por caso o Sanmartiño ao Forno da Taberna del Náutico de Sanxenxo ou a Pescada ao albariño do Mesón Gallego de san Xoan de Porto Rico).

Restaurante D'Berto01  Restaurante D'Berto00

D’Berto, en O Grove, é membro de pleno dereito dos Amigos da cociña galega.
Nalgún momento da comida tiven a difusa sensación de estar no final dos oitenta, en Casa Vilas, con aquel concepto, con aquela filosofía trasladada ao mínimo detalle, con aquel clásico que foi e segue a ser a pescada con grelos.
Se existe o tópico da cociña baseada no produto, se segue vivo nun mundo tan amplo, tan diversificado como o da gastronomía deste principio de século, é en Berto. A publicidade tira a dar; e acerta de pleno: ‘Especialidade en Peixes e Mariscos de Gran Tamaño’.

Restaurante D'Berto03

O local é de tamaño medio, con dous espazos diferentes. Decoración comedida, xusta, clásica sen excesos, moi agradable. Servizo correcto con especial atención para Berto coa súa dedicación ás relacións públicas, a destacar o mellor do día sen reservarse o prezo, ollo avizor a que todo estea perfecto, preocupado porque cada cliente sexa único e estea a gusto na súa casa.

Restaurante D'Berto04     Restaurante D'Berto05

Estamos a venres ao mediodía, en medio da ponte de Santos, e, sen reserva, tivemos bastante sorte cando conseguimos que nos atopasen acomodo.
Carta ampla e sen sorpresas. Marisco, peixe e algunha que outra carne. Produto. Produto. E produto.

Restaurante D'Berto06  Restaurante D'Berto07
Restaurante D'Berto08       Restaurante D'Berto09

Un preparado de legumes e produtos do mar en vinagre (oferta da casa); para os amigos do vinagre, coma min, simplemente sensacional.
A empanada do día resulta ser, tamén, dun riquísimo variado de froitos do mar; a masa, incriblemente fina, delicada, crocante; o compango, sen comparación.
Ameixas á tixola. Un aire de sartén e un lixeiro prebe con alliño moi picado e perexil. Uf! Hai que estar na ría de Arousa para comer estas ameixas… Enormes, case vivas, carnosas, sabendo a mar.

Restaurante D'Berto10     Restaurante D'Berto11

Carmen vaise por un peixe sapo rebozado (acompañado de pataca cocida e unha presa de grelos) e eu tiro polo guiso de rodaballo.
Sen menosprezar o rodaballo, sorpréndeme moi gratamente o peixe sapo. Así como Carmen é moi amiga do pixín, eu son de sabores máis intensos. Creo que poucas veces (nunca?) probei un peixe sapo tan saboroso como este; o rebozado non só non resta senón que suma sabor á proposta principal. Único. Riquísimo.

Restaurante D'Berto13

Piña ao forno con xelado de nata. Xa quedaba pouco espazo e compartimos esta sobremesa melosa, refrescante, equilibrio perfecto de contrastes, de acidez e dozura, de frío e quente, de textura fibrosa e cremosa.

Restaurante D'Berto02

Non imos enganarnos. Comer en D’Berto é un luxo, reservado para un día especial. Coa botella de viño pequena e un café, andamos polos 55 € cada un. E iso que xa vedes, sen excesos, sen eses camaróns do tamaño de lagostinos que vemos pasar, sen as cigalas iguais ao meu antebrazo, sen Pingus…
Estamos ante a eterna discusión. Son moitos cartos, en especial para os tempos que corren. Pero, acaso a comida non o vale? Que recibimos a cambio deses 55 euros? Pois xa vedes: produto de máxima calidade reforzado con preparacións impecables que, aínda que pareza mentira, logran mellorar o inmellorable.
’Cociña e Bodega, galegas’.

Restaurante D’Berto
Avenida Teniente Domínguez, 84
36980. O Grove
Tlfno: 986 733 447
Web
Enderezo-E
Localización en Mapas de Google
mellor restaurante galego de c,le
Repsol: 1 Sol
Michelín: Mencionado
TripAdvisor: Lugar 22 de Galicia, 2º en O Grove
Verema:  7.5 puntos

4nov2012

os 100 restaurantes galegos de c,le

Pois si, chegou o momento.
Coas matizacións realizadas en Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes, en Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía, e Os mellores restaurante de Galicia. Resultados, aí vai o listado completo dos 100 mellores restaurantes galegos segundo Como, logo existo, e nesta especial unión de guías profesionais e usuarios de á pé.
Hoxe toca o Cadro de Honra, os 25 restaurantes mellor clasificados.

100mellores

Os 100 mellores restaurantes galegos de Como, logo existo

1 44 p Marcelo Santiago 2Soles 1Estrela 7,0
2 41.5 Yayo Daporta Cambados 1Sol 1Estrela 11º 7.5
3 41 p Casa Solla Poio 2Soles 1Estrela 60º 8.0
4 34.5 Artabria A Coruña SI Bgourmand 7.5
5 33.5 D’Berto O Grove 1Sol SI 22º 7.5
5 33.5 Pepe Vieira Poio 2Soles 1Estrela   7.5
5 33.5 Acio Santiago Recomendado BGourmand 29º 7.5
8 29 p Fogón Retiro da Costiña Santa Comba 1Sol 1 Estrela 41º  
9 28 p A Mundiña A Coruña Recomendado SI 71 8.0
9 28 p Maruja Limón Vigo 1Sol 1Estrela 80º  
11 27 p Culler de Pau O Grove 1Sol SI  
12 26 p A Estación Cambre Recomendado 1Estrela 45º  
12 26 p Los Abetos Nigrán Recomendado   18º 7.0
14 24 p Nito Viveiro 1Sol SI 21º  
15 23 p Alborada A Coruña Recomendado 1Estrela 150º  
15 23 p Adega O Bebedeiro A Coruña   SI 34º 8.0
15 23 p As Garzas Malpica Recomendado 1Estrela 120º  
18 22 p Galileo Pereiro de Aguiar 2Soles Agradable 142º  
18 22 p La Oca Vigo 1Sol BGourmand 110º  
20 21 p A casa dos Martínez Padrón SI BGourmand 35º  
21 20 p Casa Pardo A Coruña 1Sol SI 86º  
21 20 p Paco Durán Baiona SI BGourmand 57º  
21 20 p España Lugo Recomendado SI 40º  
24 19 p Domus A Coruña Recomendado SI 46º  
24 19 p La Penela A Coruña Recomendado   132º 6.0
24 19 p Silabario Tui Recomendado 1Estrela    
24 19 p Prado Viejo Moaña   BGourmand  

Claves:
1ª Columna: Lugar no listado
2ª Columna: Restaurante
3ª Columna: Concello
4ª Columna: Valoración Guía Repsol (1,2 Soles, Recomendado, Mencionado)
5ª Columna: Valoración Guía Michelín (1 Estrela, BGourmand, Agradable, Mencionado)
6ª Columna: TripAdvisor (posto que ocupa en Galicia)
7ª Columna: Verema (Puntuación media sobre 10)
Os criterios para entrar na lista e para obter a puntuación están nas entradas anteriores:
Os mellores restaurantes de Galicia. Fontes. Por que estas guías.
Os mellores restaurantes de Galicia. Metodoloxía. Como se obtén a puntuación.