Por tradición e seriedade, e dentro das limitacións de toda guía de restaurantes, a editada polo Expresso é un dos referentes do que está de moda na cociña portuguesa.
Anualmente a guía BCBM concede un ‘garfo de platina’ e 25 ‘garfos de ouro’ para destacar os que consideran 26 mellores restaurantes portugueses do momento.
Na edición de 2012 outorga o garfo de platina ao restaurante do Yeatman Hotel de Gaia. Deste xeito o Yeatman incorpórase a unha lista de privilexiados onde xa están clásicos como The Ocean, Faro (2011), Tavares, Lisboa (2010), Porto de Santa María, Guincho (2009) ou Vila Joya, Albufeira (2008).
Os ‘garfos de ouro 2012’ da zona norte son: Cozinha da Terra (Paredes), DOC (Armamar), Egoísta (Póvoa de Varzim), Flor de Sal (Mirandela), Largo do Paço (Amarante), Sao Giao (Guimaraes), e Foz Velha e Pedro Lemos en Porto.
Non podo respaldar ao cen por cen a clasificación.
E non porque non considere o Yeatman o mellor restaurante de Portugal do momento, non!, o caso é que non coñezo moitos dos competidores; dos sur, do Algarve, nada de nada, e da zona de Lisboa e costa apenas media ducia.
Agora si, no seu momento xa outorguei ao Yeatman a miña particular distinción de mellor restaurante dos que que coñecín ao longo de$ 2011. Ten todo. Espazo, atención, vistas, acollemento, bodega, cociña, doces…
Para celebralo baixamos a comer no Yeatman o día das Letras Galegas.
De novo o menú express de 38 euros: saúdos do Chef, entrante, prato, sobremesa, copo de viño e café con minhardeses.




Ravioli de crustáceos com tinta de chocos e molho de caril
Creme aveludado de sardinhas com orégaos, ragout de tomate e vivalves, crostini de broa e azeite de limmao
Arroz caldoso de peixes e mariscos com pimentos tricolores e infusao de coentros e brandy
Lombinho (de porco preto) com pao tramezzini panado com pimentas, ervilhas, gnocchi e molho de ameijoas e tutano
Sen dúbida, un dos mellores restaurantes portugueses do momento.